Inverso multiplicativo modular
Resolver o inverso multiplicativo módulo $b$ é unha tarefa común na teoría de números. Aparece a miúdo na solución de sistemas de congruencias.A forma estándar de atopar un inverso multiplicativo módulo $b$ é usar o algoritmo de Euclides estendido. Nun artigo de 1999, Glasby compara os dous métodos máis usados actualmente para o algoritmo euclidiano estendido: recorrencia cara atrás e recorrencia cara adiante. O método aquí presentado é máis curto en ambos os casos.
O problema que temos que resolver é atopar o $x$ da ecuación $ a x \equiv{1} \pmod{b}, \ a \lt b$. Se temos $a \gt b$ o xeito máis sinxelo é substituír $a$ por $a \bmod b$. O noso algoritmo usa as propiedades das fraccións continuas mixtas, que traducido ao algoritmo de Euclides sería usar a función teito ou a función chan dependendo do menor residuo.
Necesitamos que os dous números implicados sexan coprimos, e aquí podemos ver un exempliño que se saca a ollo:
Dado que $\gcd(3, 10) = 1$, a congruencia linear $3x \equiv{1} \pmod{10} $ terá solucións, é dicir, existirán inversos multiplicativos modulares de $3$ módulo $10$. De feito, o $7$ satisfai esta congruencia (é dicir, $21 - 1 =20$). Por tanto $7$ é un inverso modular de $3$ módulo $10$.
Outros números enteiros tamén satisfán a congruencia, por exemplo $17$ e $-3$ (é dicir, $3(17) - 1 = 50$ e $3(-3) - 1 = -10$). En particular, cada número enteiro en $\overline{7}$ satisfará a congruencia xa que estes enteiros teñen a forma $7 + 10r$ para algún enteiro $r$ e
$$3(7 + 10 r) - 1 = 21 + 30 r -1 = 20 + 30 r = 10(2 + 3r), $$
é divisíbel por $10$.
$91 x \equiv{1} \pmod{254}$ $\textbf{Mediante o algoritmo de Euclides estendido.}$
i $q_{i+1}$
$\lfloor r_{i}/r_{i+1} \rfloor$ $r_i$ Os $s_i$ e os $t_i$ obtéñense coa mesma recorrencia que nas fraccións continuas, isto é $s_{i+1} = q_{i+1}s_{i}+s_{i-1}$ e $t_{i+1} = q_{i+1}t_{i}+t_{i-1}$, $s_i$ comezando por $(1, 0)$ e $t_i$ por $(0, 1)$. Maxicamente o inverso multiplicativo modular aparece na columna das $t_i$.
Efectivamente $x=67$ e temos $91 \cdot 67 = 6097 \equiv{1} \pmod{254}$ pois $254 \cdot 24 = 6096$.
Completamente máxico non o é, pois existen varias probas e está tamén relacionado coa identidade de Bézout.
Sexa $a x \equiv{1} \pmod{b}, \quad a \lt b$, a congruencia para a que procuramos o inverso multiplicativo.
1. Bucle principal.
$\quad$ 1.1.Comezando con $a_0=a, \ b_0=b$, aplicamos $\Big\lceil \dfrac{b_i}{a_i} \Big\rfloor =(k_i, \pm) $ ata obtermos $b_n = k_n a_n \pm 1$. Isto quere dicir que en cada división ficamos co divisor $k_i$ que teña menor resto ao aplicar a función chan ou a función teito e no caso de ser chan anotamos ese coeficiente cun signo $\textbf{"+"}$ e se a función usada foi a teito marcamos o coeficiente cun signo $\textbf{"-"}$.
$\quad$ 1.2. Ao mesmo tempo, obtemos $a^{-1} \pmod{b}$.
$x_{-1}=1, \ x_{0}=k_0; \ x_i: k_i \cdot x_{i-1} \pm x_{i-2}$.
(Note que o signo da recurrencia $i$ é o signo da operación previa $\lceil k_{i-i} \rfloor, \pm$).
2. Paso final.
Se o número das operacións de truncado (función chan, símbolo $+$) é par daquela $a^{-1} \pmod{b} =x_n$ noutro caso $a^{-1} \pmod{b} = b - x_n$.
$61 x \equiv{1} \pmod{2114}$.
Comprobamos $x=1109$, temos $61 \cdot 1109 = 67649 \equiv{1} \pmod{2114}$ pois $32 \cdot 2114 = 67648$.
Nota: no exemplo de enriba non chegamos a utilizar a recorrencia positiva pois só temos función chan no último coeficiente que non chegamos a usar pois o signo da recorrencia vai dependendo do coeficiente anterior.
$91 x \equiv{1} \pmod{254}$. Este é o mesmo exemplo que fixemos enriba.
E efectivamente temos outra vez $91 \cdot 67 = 6097 $ e $254 \cdot 24 = 6096$, só con 3 divisións en vez de 6.
Exemplo máis elaborado: Inverso multiplicativo modular
índice Cociente resto $s_i$ $t_i$
0 $254$ 1 0
1 $91$ 0 1
2 2 72 1 2
3 1 19 1 3
4 3 15 4 11
5 1 4 5 14
6 3 3 19 53
7 1 1 24 x=67
8 3 0 91 254
Algoritmo mixto para obter o inverso multiplicativo modular
Exemplos co algoritmo mixto
Nunha notación compacta podemos escribir tres filas. A fila superior contén os coeficientes da división enteira mixta, a segunda fila contén os residuos da operación e a terceira a recorrencia coa que obtemos a inversa multiplicativa modular. A recorrencia no algoritmo mixto pode ser sumando $t_{i+1} = q_{i+1}t_{i}+t_{i-1}$ ou restando $t_{i+1} = q_{i+1}t_{i}-t_{i-1}$ dependendo de se o coeficiente anterior se obtivo con función chan (+) ou teito (-).
$q_i$ $35^{-}$ $3^{-}$ $10^{+}$
$r_{i-1}$ 2114 $61$ $21$ $2$ $1$
$t_{i}$ 1 $35$ $104$ $1005$ $x=2114-1005=1109$
$q_i$ $3^{-}$ $5^{-}$ $5^{-}$
$r_{i-1}$ 254 91 19 4 1
$t_{i}$ 1 3 14 67 $x=67$
Bibliografia
Ningún comentario:
Publicar un comentario