Amosando publicacións coa etiqueta anormalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anormalización. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de xuño de 2024

O horror lingüístico dos exames de Matemáticas na Selectividade

Hai uns días aparecía  por aquí unha entrevista a Ramón Lorenzo feita por Yolanda Castaño na que relataba como cando foi coordinador de COU (Curso de Orientación Universitaria) durante os cursos 1983-84 e 1984-85 tivo que enfrontarse ao rector e ao profesorado de secundaria que se opoñían á introdución do galego nos exames da selectividade. Por certo, a Consellaría parecía que nesa altura non tiña nada que ver co asunto pois só accedeu a permitir o uso do galego baixo presión. Sabémolo porque o relatou así Ramón Lorenzo. Este capítulo merecía estar incluído no Libro negro da lingua galega, de Carlos Callón

Xa que logo, o proceso de normalización das Probas de Acceso á Universidade estivo cargado de dificultades. Nos últimos tempos, baixo a héxira do decreto de prohibición e exclusión da lingua galega do ensino (decreto 79/2010), as circunstancias son propicias a cometer todo tipo de abusos coa lingua de noso. Chegou o momento de dar pasos cara atrás, a ver se ao ir a recú caemos no abismo da aniquilación da lingua. Tal parece ser o obxectivo.

Os exames da selectividade son obxecto de comentario público, os xornais están cheos de ttitulares comentando os feitos máis destacables. Que eu saiba, ningún dixo nada sobre a restra de barbaridades lingüísticas que aparecen, un ano tras outro, nos exames de Matemáticas. Céntrome nesta materia porque é a que coñezo ben, non revisei os exames doutras materias. Velaquí unha escolma do desleixo e desprezo ao galego cometido desde as Comisións de Matemáticas. Comezamos mesmo polo exame de Matemáticas aplicadas ás CCSS da convocatoria extraordinaria do ano pasado.exame de Matemáticas aplicadas ás CCSS da convocatoria extraordinaria do ano pasado. Xa aviso, custa traballo ler estes enunciados (os asteriscos son meus)

(Extraordinaria 2023) Nunha furna A hai 8 bolas verdes e 6 vermellas e noutra furna B hai 4 verdes e 5 vermellas. Lánzase un dado e se sae un número menor que 3 sácase unha bola da urna A e se sae un número maior ou igual a 3 sácase a bola da furna B. Extraese unha bola o chou,

a) Calcule a probabilidade de que a bola extraída sexa vermella. b) Sabendo que se extraeu unha bola verde, cal é a probabilidade de que saíra da furna A? c) Son independentes os sucesos “extraer bola vermella” e “a bola procede da furna A “?

Poño foto do horror porque é difícil de crer


 Se aínda non che sangran os ollos, non te preocupes, hai máis casos irritantes:  

(Extraordinaria 2021) O 40% das persoas que visitan o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago son españolas. Sábese ademais que 4 de cada 5 españoles están satisfeitos coa visita, mentres que, entre os non españois, non están satisfeitos coa visita o 10%.

a) Calcule a porcentaxe de persoas satisfeitas coa visita.b) Cal é a probabilidade de que unha persoa este satisfeita coa visita e non sexa española? c) ¿Son independentes os sucesos “non ser español” y “estar satisfeito ca visita”? Razoe a resposta.

(Xuño 2019) . Logo de anos de utilizalo sábese que a puntuación dun test de uso habitual en certa rama industrial segue unha distribución normal de media 74 e desviación típica 16. Nunha empresa decídese realizalo a 100 dos seus empregados. 

a) Cal é a probabilidade de que se obteña unha media muestral superior a 78 puntos, de seguirse a pauta xeral? b) E a probabilidade de que a media muestral sexa inferior a 74 puntos?

Podemos continuar coa materia de Matemáticas:

(Extraordinaria 2021) Despois de t horas de funcionamento o rendemento de unha máquina (en unha escala de 0 a 100) ven dado por a función $r\left ( t \right )=\frac{kt}{t^{2}+4}$
a) Calcule K sabendo que o rendemento as 4 horas e de 76.
b) Calcule os intervalos de crecemento e decrecemento do rendemento durante las 7 primeiras horas de funcionamento.
c) ¿En que momento se consigue o rendemento máximo?, ¿Cal e o seu valor?

(Extraordinaria 2021)Unha empresa pode vender x unidades ao mes de un determinado produto ao prezo de $518-x^{2}$ euros por unidade. Por outra parte, o fabricante ten gastos mensuais: unhos fixos de 225 euros e outros de $275x$ euros que dependen del número x de unidades.
a) Determine as funcións I(x) e B(x) que expresan os ingresos e beneficios obtidos pola produción e venda de x unidades, respectivamente. Que beneficio se obtén se se producen e se venden 10 unidades? 
b) Calcule o número de unidades que hai que producir para obter o máximo beneficio. ¿A canto ascenderían os ditos beneficios? ¿Cal sería o prezo de venda de unha unidade nese caso?

Anotación final

Se alguén tivo o valor de ler estes enunciados comprobaría que marquei como erro a expresión "desviación típica". Nalgunha ocasión xa me dixeron que era eu que era o único que usaba a forma recollida pola RAG, a saber, "desvío padrón".  Pois non estaría mal, que como desagravio, as Comisións de Matemáticas fixeran caso e comezasen a estender a expresión "desvío padrón"

xoves, 25 de maio de 2023

A Consellaría de Educación elimina 169 unidades didácticas de Matemáticas en galego

Hai pouco recordabamos unha funesta efeméride, o 20/05/2023 o decreto de prohibición do galego no ensino non universitario cumpría 13 anos. A pesar de todo moitos profesores continuamos a traballar na docencia en galego. A punta do iceberg desta resistencia podíase ver no repositorio de contidos educativos da Consellaría de Educación.  Facéndolle fronte ás prohibicións supremacistas moitos profesores continuaron elaborando materiais en galego de materias sobre as que, increíblemente, pesa a prohibición de traballalas en lingua galega, non así en inglés. Estámonos a referir ás materias científicas no ensino non universitario, e máis especificamente ás Matemáticas.

A Consellaría de Educación non debía estar moi contenta con esta mostra de resistencia, así que, aproveitando unha reestruturación do repositorio de materiais didácticos, dá un paso máis na súa aniquilación da lingua galega. Así, silandeiramente, eliminou do seu portal todas as unidades didácticas de ciencias en galego que se compartían no citado repositorio. No caso das Matemáticas só deixou unha en pé que contén material para a materia de Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II:



Aínda bo é que, por depender dun organismo non gubernamental, podemos usar e consultar as 60 unidades didácticas do Proxecto EDAD para as Matemáticas da ESO. É unha vergoña que o pobo galego teña que recurrir a organismos externos á Administración para poder acceder a material educativo en galego. 

Como mostra da desfeita operada pola Consellaría de Educación vou dar a lista das 169 unidades didácticas de Matemáticas eliminadas das que eu tivera coñecemento (pode haber máis). Comezo polas que acabo de nomear, as do Proxecto EDAD, ás que anteriormente si se podía acceder desde o repositorio da Consellaría de Educación. Continúo co seguinte listado que é un recoñecemento a todas estas persoas que se nomean e traballaron por mellorar a educación galega mais tamén é unha lista da vergoña que bate nos fuciños deses inimigos da lingua galega que para oprobio da sociedade que gobernan aínda sentan nas caderias da Xunta.

Infantil

Xogamos cos números de Vanesa Sobrino Busto Eliminado pola Consellaría


1º de Primaria

Xogo matemático para o 1º Ciclo de EP de Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente Eliminado pola Consellaría


2º de Primaria

As táboas de multiplicar de Xosé Antón Vicente Rodríguez (coa aplicación Fórmula20 de Fran Macías) Eliminado pola Consellaría

Xogo matemático para o 1º Ciclo da ESO de Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente Eliminado pola Consellaría


3º de Primaria

Problemáticos  realizada por Xosé Antón Vicente Rodríguez   Eliminado pola Consellaría

De luns a domingo  de Ana Isabel Álvarez Vázquez Eliminado pola Consellaría

Produto cartesiano de Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente Eliminado pola Consellaría


4º de Primaria

Os números romanos realizada por José Carlos Sever Valverde  Eliminado pola Consellaría

Webquest: Unha tarde divertida  de Mª del Mar Lorenzo Núñez  Eliminado pola Consellaría

Os euros  de Olimpia Alcaraz Ladrero  Eliminado pola Consellaría

Eurobingo de Toni Miquel Moyá  Eliminado pola Consellaría

A cultura maia aplicada na aula na área de matemáticas, Patricia del Río Iglesias e Natalia González Varela, Lulu 2009  Eliminado pola Consellaría


5º de Primaria

Medidas de capacidade realizada por Concepción Arias Neira  Eliminado pola Consellaría

A brisca realizada por Xosé Antón Vicente Rodríguez   Eliminado pola Consellaría

A criba de Eratóstenes ou como atopar números primos. de Javier Rodríguez Fernández, Tradución: Xosé Antón Vicente Rodríguez  Eliminado pola Consellaría

A oca matemática de Toni Miquel Mollà, Tradución: Xosé Antón Vicente Rodríguez  Eliminado pola Consellaría

Encrucillados de cálculo mental de Toni Miquel Mollà, Tradución: Xosé Antón Vicente  Eliminado pola Consellaría

O algoritmo da división de Ferran Estruch Mascarell, Tradución: Xosé Antón Vicente Rodríguez  Eliminado pola Consellaría

Pesa Pensando de Toni Miquel Mollà, Tradución:Xosé Antón Vicente Rodríguez  Eliminado pola Consellaría

Aventuras matemáticas de Xosé Antón Vicente Rodríguez  Eliminado pola Consellaría

Actividades de matemáticas para a PDI  de Manuel Rico Taboada  Eliminado pola Consellaría

Entrenamento mental  de Xosé Antón Vicente Rodríguez (coa aplicación Brincaletras de Fran Macías)  Eliminado pola Consellaría

Xerador de operacións matemáticas online (números naturais) de Fran Macías Puente  Eliminado pola Consellaría

Bingo matemático de Toni Miquel Moyá  Eliminado pola Consellaría

Xeroglíficos matemáticos de Toni Miquel Mollà  Eliminado pola Consellaría

Tipos de sucesos aleatorios: moi probable, igual de probable ou pouco probable Eliminado pola Consellaría

Xogos de azar Eliminado pola Consellaría

Tobor Eliminado pola Consellaría

XeoClic de Jaume Bartrolí Brugués, Tradución: Benedicto García Villar Eliminado pola Consellaría

Loga de Francisco Javier Macías Puente Eliminado pola Consellaría

U. D. realizadas por Francisco Sánchez Sánchez e Nuria Garabal González 


6º de Primaria

Xerador de operacións matemáticas online (números decimais)  de Fran Macías Puente Eliminado pola Consellaría


1º da ESO

6 U.D. para 1º da ESO sobre xeometría elaboradas por Pila García Agra

1 U.D. de X. Paulo Rendo Martínez e M. Sonia Fernández Casal


2º da ESO

Aula virtual para a resolución de problemas, elaborada por Avelino Igleisas Fernández

6 U.D. de Teresa Otero Suárez e Alicia Pedreiro Mengotti 

Un portal para a xeometría de 2º de José Ramón Navares Rodríguez e Miguel Ángel Álvarez García

1 U.D. de Milagros Diéguez Taboada

1 U.D. de X. Paulo Rendo Martínez e M. Sonia Fernández Casal


3º da ESO

2 U.D. de X. Paulo Rendo Martínez e M. Sonia Fernández Casal mediante applets do Geogebra 

4º da ESO

Non teño constancia de ningunha, agás as noemadas do Proxecto EDAD


1º de Bacharelato. Matemáticas I

Matemáticas-1º bacharelato Aula Moodle do IES San Clemente  Eliminado pola Consellaría

U. D. do IES San Clemente:


1º de Bacharelato. Matemáticas Aplicadas ás CCSS I

Matemáticas Aplicadas ás CCSS- 1º bacharelato Aula virtual Moodle do IES San Clemente  Eliminado pola Consellaría

U. D. do IES San Clemente


2º de Bacharelato. Matemáticas II

Matemáticas- 2º bacharelato Aula virtual Moodle do IES San Clemente

U. D. do IES San Clemente:  Eliminado pola Consellaría


2º de Bacharelato. Matemáticas Aplicadas ás CCSSII

Matemáticas Aplicadas ás CCSS Aula virtual de Moodle do IES San Clemente  Eliminado pola Consellaría

U. D. do IES San Clemente



Na prensa
Teño que agradecer que a CIG-ensino recollera esta denuncia (06/06/2023). Isto fixo que o asunto aparecese en varios medios (e clamorosamente,  noutros non)