Hai un momento especialmente dramático na vida dun estudante. Sucede cando está ás portas de acceder á universidade e ten que escoller a carreira que quer facer. Cando tivera que pasar eu por ese trance non había departamentos de orientación nos institutos e tampouco había internet. O único ao meu alcance era un libriño coas titulacións da Universidade de Santiago, a única que había daquela, que como información exclusiva tiña os nomes das materias que se impartían no primeiro curso. Para a licenciatura de matemáticas eran as seguintes:
- Física
- Álxebra I
- Análise Matemáica I
- Topoloxía I
Das tres primeiras tiña certa idea de que trataban, pero a cuarta, Topoloxía, era un completo misterio. Pronto se convertería na miña materia favorita. Que é a topoloxía? Non é fácil de explicar.
Da Galipedia |
Para crear un marco de referencia podemos botar man doutro tipo de xeometría que se estuda na secundaria, a das figuras semellantes. Diremos que dúas figuras son semellantes se teñen a mesma forma aínda que os seus tamaños sexan distintos. Aquí normalmente recorremos a exemplos de mapas a distintas escalas, fotos ou fotocopias ampliadas ou reducidas, planos,...Debemos confrontar esta xeometría con outra máis estrita na que se define a congruencia entre figuras xeométricas cando teñen exactamente as mesas medidas.
Polo pouco comentado ata aquí ben se enxerga que a álxebra, a ciencia que acubilla os polinomios, aparenta estar moi afastada da topoloxía, a ciencia que trata con obxectos de goma deformables. A álxebra aséntase directamente sobre a aritmética. Un dos principais obxectos de estudo desta última son os números primos. Por iso non deixa de ser sorprendente que poidamos realizar unha demostración da existencia dunha candidade infinita dos mesmos mediante o uso da topoloxía. Quizais aínda máis sorprendente sexa que o autor desta fazaña fose un estudante de 20 anos, Hillel Fustenberg (1935-). En entradas anteriores xa abordamos demostracións deste resultado (Grazas Poniachik! coa demostración euclidiana, e A serie harmónica e a das inversas dos primos cunha proba referenciada no 1979), intentaremos ofrecer tamén a de Fustenberg, pero antes unha digresión máis ou menos longa para garantir as bases da anunciada proba.
Topoloxías e espazos topolóxicos
Imos facer unha pequena paréntese para relatar uns poucos aspectos dalgúns principios de topoloxía. Podémonos achegar á idea do concepto "topoloxía" estudando os conxuntos básicos euclidianos, as bólas abertas. Na recta son os intervalos abertos:
$B_{1}\left ( x,r \right )=\left ( x-r,x+r \right )=\left \{ y\epsilon \mathbb{R}/d(x,y)< r \right \}onde\; d \; representa \; a \;distancia$
A representación gráfica dun intervalo aberto indícase con puntos ocos no interior ou con parénteseses: (a,b). A característica máis destacable dos intervalos abertos (a,b) é que, dado calquera punto do intervalo, como c, haberá un intervalo aberto en (a,b) que conteña a c.
- X pertence a τ
- Φ, o conxunto baleiro, pertence a τ
- A unión arbitraria de elementos de τ tamén están en τ :$U_{\lambda }\,\epsilon \,\tau , con\; \lambda\,\epsilon \,\Lambda \; \Rightarrow \bigcup_{\lambda\epsilon \Lambda}U_{\lambda }\,\epsilon \,\tau$
- Se U e V pertencen a τ , $U\cap V$ tamén pertence a τ
Proposición. Sexa β base dunha topoloxía en X. As seguintes condicións son equivalentes:1. $U\subset X $ é aberto2. Para cada punto x de U existe un aberto básico B tal que $x\,\epsilon\, B\subset U$3. O conxunto U escríbese como unión de abertos básicos
Teorema. Dado un conxunto X e unha familia de subconxuntos β, β é base dalgunha topoloxía en X se e soamente se cumpren as dúas condicións seguintes:1. $\bigcup _{B\epsilon \,\beta}B=X$2. se $x \,\epsilon \,B_{1}\cap B_{2} $, sendo B1 e B2 elementos de β existe un $B_{3}\,\epsilon\, \beta $ con $x\,\epsilon B_{3}\subset B_{1}\cap B_{2}$
- $F_{1}\, \, \epsilon \,\mathfrak{F}\, eF_{2}\, \epsilon\, \mathfrak{F}\Rightarrow F_{1}\cap F_{2}\epsilon \,\mathfrak{F}\\$
- $se\, G\subset X e\ existe\ F\epsilon \mathfrak{F}\,tal\, que F\subset G \Rightarrow G\,\epsilon \,\mathfrak{F}$
Adopetemos agora a seguinte extensión. No canto de considerar só os múltiplos positivos de d, collamos tamén os negativos:
..., a-3d, a-2d, a-d, a, a+d, a+2d, a+3d, ...
Denotemos este conxunto de números enteiros como $S\left ( a,d \right )=\left \{ a+nd /n \,\epsilon\,\mathbb{Z} \right \}$
S(a,d) ten a peculiaridade de que se pode deifinir tomando no canto de a calquera representante da sucesión aritmética extendida xa que do que se trata é de que, unha vez que escollemos un enteiro, coller tamén a saltos de distancia d todos os demais elementos, tanto cara a esquerda como cara a dereita. Isto é, se $S\left ( a,d \right )=\left \{ a+nd /n \,\epsilon\,\mathbb{Z} \right \}$
Veremos agora que a colección de todas as posibles sucesións aritméticas extendidas forman unha base topolóxica.
$$S(0,1)=\mathbb{Z} \Longrightarrow \bigcup _{a,d\epsilon\mathbb{Z}}S(a,d)=\mathbb{Z}$$
$$x\,\epsilon\, S(a,d)\cap S(a',b') \Longrightarrow x\,\epsilon\,S(x,d)\cap S(x,d') \Longrightarrow x\,\epsilon\,S(x,dd')\subset S(x,d)\cap S(x,d')$$
Ademais todo aberto non baleiro ten cardinal infinito xa que conterá un aberto básico S(a,d).
Outra característica desta topoloxía consiste en que os abertos básicos S(a,d) son tamén pechados:
$$x\,\epsilon\, S(a,d) \Longrightarrow x\not\equiv a (mod\,d)\Longrightarrow x\,\epsilon S(x,d)\subset X-S(a,d)$$
Como todos os enteiros teñen un divisor primo, agás o 1 e o -1
$$\bigcup _{p\,primo}S(0,p)=\mathbb{Z}-\left \{ -1,1 \right \}\quad [1]$$
Pasemos a rematar a demostración da existencia dunha infinidade de primos. Farémolo por redución ao absurdo. Efectivamente, se houbese unha cantidade finita de primos, [1] sería unha unión finita de pechados polo que sería tamén un conxunto pechado, entón {-1,1} sería aberto. Pero sabemos que calquera aberto non baleiro debe ter infinitos elementos. Chegamos á contradición desexada $\square$.