Andaba pola arañeira da rede buscando recursos de matemáticas que me poideran ser de utilidade e fun dar cunha impresionante perla.
Menos mal que existe unha plataforma catalá, Creamat, que si mantén unha ligazón aos contidos aos que me estou a referir: a páxina de Paulo Porta, xa que estrañamente (?), este portal non está ligado desde o proxecto Abalar, a pesar de que algúns recursos do web foron premiados pola Xunta dentro do programa SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega). Un dos apartados, que levou un premio SIEGA no 2003 trata sobre tanxencias. O outro traballo premiado é un impresionante percorrido polos poliedros e as súas propiedades. Ademais dunha presentación dos poliedros regulares, semiregulares e estrelas, o web ofrécenos arquivos pdf co desenvolvemento plano dunha enorme colección de poliedros e un apartado sobre a teselación do espazo.
Isto non é todo. No web de Paulo Porta tamén temos acceso a 18 demostracións visuais do teorema de Pitágoras.
E aínda hai máis. Case 30 métodos xeométricos para obter a cuadratura do cículo. Trátase, como se pode supoñer, de métodos que aproximan a área do círculo. Entre outras marabillas podemos ver un par de cuadraturas do padre Sarmiento, unha delas cunha aproximación excepcional, que nos daría un valor para =3,1415926628 (as súas primeiras cifras son =3,141592653589). O método de Sarmiento ofrécenos un método para a obtención da área do cículo equivalente unha precisión de con 7 cifras decimais correctas!
Ademais de todo isto a páxina contén outros recursos relacionados co debuxo ou coa obra artística do autor.