martes, 24 de xaneiro de 2012

I will derive

Estes días estamos a repasar o concepto de derivada, como se foi xestando esta idea no transcurso de todo o século XVII, os problemas que resolvía e as principais regras de cálculo diferencial. Como me parece que na aula non hai ninguén moi emocionado co tema, a ver se esta versión do tema alguén se anima máis.

mércores, 11 de xaneiro de 2012

¡Non ás matemáticas na escola pública!

Veño de ver un recorte dun xornal no blogue Matemáticas na Rúa, no que aparece o seguinte titular: 'Nós odiamos as matemáticas', din 4 de cada 10, unha maioría de americanos. (!) De seguido chégame este vídeo, que explica de onde saeu o periodista, e 4 de cada 10 americanos

luns, 9 de xaneiro de 2012

Liberando incógnitas

A Revista Escolar da Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas (REOIM) é unha publicación dixital para alumnos e profesores de matemáticas de ensino medio. Está centrada na proposta de problemas olímpicos e o seu estudo e resolución.
No seu último número presentan no apartado 'Divertimentos matemáticos', unha narración da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, directora do IES Mugardos, d´A Coruña. Este relato é un dos gañadores do certame de Matmonólogos organizado pola revista Tetractis e o IES Monelos, da mesma cidade.
Aínda que meten algo a pata e escriben *La Coruña, se o destaco aquí non é so polos valores positivos cos que o relato nos achega ás matemáticas, senón tamén polo respecto que desde a Revista Iberoamericana de OlimpiadasMatemáticas demostran pola nosa lingua. Introducen así o conto da profesora Covadonga:
Es un cuento literario-matemático, y está escrito en gallego, idioma, como se sabe, muy próximo al portugués, uno de los idiomas oficiales de la REOIM, y que no hemos traducido
Ogallá aquí aprendéramos todos destas actitudes, da falta de prexuizos que se evidencian por outras latitudes e que aquí, onde temos como lingua propia o galego, sería impensable. Sobre todo despois do funesto decreto 79/2010 que clausura ás matemáticas dentro do castelán.
Liberando incógnitas, liberando o galego. Velaí vai un relato de matemáticas, en galego.
Revista_iberoamericana_olimpíada_matemática_Divertimentos43