Finalmente chegamos ao que foi orixe de toda esta entrada, aos axiomas de Tarski, que puiden coñecer a partir do artigo de António Bívar do libro Treze viagens pelo mundo da matemática
(U. Porto Edições, 2010). Alén deste artigo o libro é moi recomendable
pois trata desde unha perspectiva case divulgativa trece aspectos moi
diversos e interesantes das matemáticas a un nivel dos primeiros cursos
universitarios.
A axiomática de Alfred Tarski
(1901-1983) é destacable pola súa economía de recursos. Trátase dun
sistema elaborado nunha linguaxe de primeira orde, polo que polo teorema
de Löwenheim-Skolem,baixo
a hipótese de consistencia, sabemos que terá un modelo contable. Como
nota aparte non me resisto a contar unha anécdota dunha clase da materia
de Lóxica en 4º-5º de carreira. Foi o caso de que o profesor nos foi
presentando o que pretendía ser un conxunto de axiomas para os números
reais nunha linguaxe de primeira orde. Outra vez, usando o teorema de
Löwenheim-Skolem, demostrounos que o cardinal do conxunto dos número
reais era ℵ0. A ningún dos alumnos nos estrañou, non sei se
foi porque a esas alturas da carreira xa tragabamos con todo ou porque a
clase era un día de calor ás catro da tarde.
Volvendo ás
características das axiomática de Tarski para a xeometría, destacar que
só emprega dúas operacións elementais, a igualdade e a pertenza,
unicamente un obxecto primitivo (os puntos) e dúas relacións primitivas
(congruencia e "estar entre"). Así escribiremos xy≡zw para indicar que os segmentos zy e zw teñen a mesma lonxitude e Bxyz co significado de que "y está entre x e z". Imos alá cos primeiros axiomas:
- T.1. (Reflexividade simétrica) xy≡yx
- T.2. (Transitiva) xy≡zw∧xy≡uv ⟶ zw≡uv
- T.3. (Identidade da equidistancia) xy≡zz ⟶ x=y
Comencemos a introducir os axiomas de ordenación. O seguinte garante que en calquera semirecta ox podemos construír un segmento xy congruente cun uv prefixado.
- T.4. ∀o, x, u, v ∃y (Boyx ∧ uv≡yx)
Con este novo axioma pódese demostrar que xx≡yy ou que Bxyy
O seguinte axioma establece que no segmento xx só existe un punto:
- T.5. Bxyx ⟶ x=y
Tal e como sucedía na proposta de Hilbert, Tarski tamén precisa do axioma de Pasch. Velaquí a súa versión:
- T.6. (Axioma de Pasch) Bxuy ∧ Bvwy ⟶ ∃z (Buzy ∧ Bwzx)
Agora pódese demostrar a simetría na relación "estar entre": Bxyz ⟶ Bzxy . Tamén se verificará o teorema de intercalación: Bxyw ∧ Byzw ⟶ Bxyz. Coas mesmas hipóteses que as deste teorema esperamos poder obter tamén Bxzw. Mais cos axiomas dados ata aquí iso aínda non é posible.
Este
é o momento no que António Bivar explica as razóns para introducir o
sétimo axioma, que ten que ver coa necesidade de establecer cando dous
ángulos son iguais.
- T.7. (Axioma dos cinco segmentos) (ox≡o'x'∧oy≡o'y'∧xy≡x'y'∧o ≠ y ∧ Bxyz ∧Bx'y'z' ∧ yz≡y'z') ⟶ xz≡x'z''
Este axioma dá lugar a varios resultados importantes. O primeiro deles é que permite realizar sumas de segmentos. Concretamente: (Bxyz ∧ Bx'y'z' ∧ xy≡x'y'∧yz≡y'z' ) ⟶ xz≡x'z'
En segundo lugar, temos tamén a unicidade do transporte de segmentos:
(x ≠ y ∧ Bxyu ∧ Bxyv ∧ yu≡yv) ⟶ u=v
En terceiro lugar, preséntase o chamado teorema de concatenación:
(Bxyz ∧ Byzu ∧ y ≠ z) ⟶ (Bxzu ∧ Bxyu )
Finalmente, o seguinte resultado, o teorema de conectividade, foi incluído nun principio como axioma ata que despois de varias décadas Haragauri Narayan Gupta (1925-2016) demóstrao no 1965 a partir dos sete axiomas anteriores.
Finalmente, o seguinte resultado, o teorema de conectividade, foi incluído nun principio como axioma ata que despois de varias décadas Haragauri Narayan Gupta (1925-2016) demóstrao no 1965 a partir dos sete axiomas anteriores.
(Bxyz ∧ Bxyu ∧ x ≠ y) ⟶ (Bxzu ⋁ Bxuz )
Con
todo o establecido ata aquí podería haber modelos lineares para esta
xeometría. Para facela máis rica pódese engadir un novo axioma que
asegure unha dimensión maior ou igual a 2, isto é, que existen tres
punto non colineares.
- T.8. (Axioma da dimensión inferior) ∃ x, y, z (ㄱBxyz ∧ ㄱByxz ∧ ㄱByzx)
Unha
vez chegados a este punto faise unha avaliación do estado desta
xeometría básica. Para iso bota man do teorema I.10 de Euclides, que é o
que establece como achar o punto medio de calquera segmento. Euclides
usa un resultado non explicitado por el en ningures, o que a segura que
dúas circunferencias no plano se intersecan en dous puntos sempre que a
distancia entre os centros sexa menor que a suma dos raios e maior que a
súa diferenza. Resulta que os oito axiomas de Tarski tampouco garanten
este resultado. Para estarmos certos desta intersección cómpre
introducirse no pantanoso mundo da continuidade, é aquí onde hai que
introducir xa non só un axioma, senón todo un esquema de axiomas para
poder realizar os cortes de Dedekind. Esta idea está presentada na entrada da Galipedia sobre os axiomas de Tarski,
porén António Bivar, nun principio, non vai por este camiño. Como punto
de referencia, na axiomática de Hilbert resólvese a cuestión grazas aos
axiomas sobre ángulos.
A cuestión que propón António Bívar pasa precisamente polo concepto de ángulo. Normalmente consideramos un ángulo ∠xoy como a rexión do plano entre as semirectas ox e oy. Aquí xurde o seguinte problema. Cos oito axiomas establecidos ata o momento pódese demostrar que se Bxuy (u é un punto entre x e y) e Bozu (z está entre o e u), entón existirá un punto y' no segmento oy tal que Bxzy'. Porén, se z está máis alá de u, isto é, se Bouz, entón non se pode asegurar a existencia de puntos x' e y' na semirectas ox e oy respectivamente de forma que Bx'zy'. Isto é, que o ángulo ∠xoy non está formado polas semirectas que parten de o. Así que se introduce este resultado como axioma.
Necesidade do axioma de Euclides |
- T.9. (Axioma de Euclides) (Bxuy ∧ u≠o ∧Bouz) ⟶ ∃ x', y' (Boxx' ∧ Boyy' ∧ Bozz')
Agora estamos en disposición de demostrar o teorema de Playfair, o de Desargues e o de Pascal.
Todo isto permite desenvolver unha teoría de proporcións e construír un
corpo pitagórico, isto é, un corpo no que a suma de dous cadrados é
tamén un cadrado. Un modelo podería ser o conxunto Ω de Hilbert
presentado máis arriba. O propio Hilbert comentaba que pola estrutura
deste conxunto, o conxugado de calquera elemento de Ω tamén está en Ω .
Se agora quixeramos construír un triángulo rectángulo de hipotenusa 1 e
con un cateto $$\sqrt { 2 } - 1 $$, o outro cateto debería medir
$$\omega=-2+2\sqrt { 2 } $$ Se ω∈Ω entón tamén debería estar o seu
conxugado, pero este é $$\sqrt{-2-2\sqrt { 2 } }$$, un número
imaxinario, cando resulta que Ω está contido dentro dos reais. Polo
tanto esta construción non pode realizarse en Ω, mais si se podería
facer con regra e compás.
Para sermos máis concretos,
Hilbert estudara que construcións xeométricas eran as que podían
realizarse en Ω e concluíra que eran aquelas nas que se podían usar a
regra e o transportador de unidades (un instrumento que fai posible o
transporte do segmento unidade).
Con todo isto aínda non
teriamos uns sistema axiomático para a recta real pois ficaría orfa a
propiedade da completitude. As sucesións de Cauchy ou as de intervalos
encaixados non teñen límite. Co fin de aseguralo pódese aínda introducir
un axioma de continuidade pero, iso sí, non poderemos redactalo nunha
linguaxe de primeira orde porque se fai referencia a conxuntos
arbitrarios de puntos X e Y.
- T.10. (Axioma de continuidade) [∀ X, Y / ∃ o (x∊X ∧ y ∊Y ⟶ Boxy)] ⟶ [ (x∊X ∧ y ∊Y) ⟶ ∃ p / Bxpy ]
Velaquí que cada vez que temos dous puntos colineares con o dos conxuntos X e Y, vai haber un punto intermedio entre eles.
Con
estes vimbios pódese demostrar o que neste contexto xa sería o teorema
de Arquímedes, así como a e a isomorfía entre todos os modelos
verificando estes dez axiomas.