domingo, 13 de xaneiro de 2013
Lux Aeterna
LUX AETERNA from Cristóbal Vila on Vimeo.
Nova animación de Cristóbal Vila con referencias astronómicas e xeométricas. Comenza a animación coa galaxia espiral Messier 74 e a rexión LH 95, un lugar de formación estelar na Gran Nube de Magallaes. Continúa con espectaculares imaxes do Sol e da Terra.
O vídeo tamén contén referencias a Ibn Sahl, un matemático e físico persa que descubridor da chamada Lei de Snell. As notas manuscritas que aparecen xunto a unhas tazas de café fan referencia a traballos de Albert Einstein que chega a este traballo sobre a luz por medio das lentes gravitacionais. O alter ego de Einstein, Isaac Newton tamén aparece referido por medio da portada do seu libro Opticks e unha outra animación sobre un prisma. En fin, otro novo vídeo de Cristóbal Vila cargado de referencias ao coñecemento científico. Un gusto para os sentidos e a intelixencia.
Para saber máis sobre o vídeo, consultar este web do autor: Etérea
xoves, 10 de xaneiro de 2013
Dúas unidades didácticas para dous matemáticos galegos: Ramón M. Aller e Vidal Abascal
No ano 1999 celebráronse en Lugo as IX Xornadas de Aprendizaxe e Ensino das Matemáticas (JAEM). Para que os congresistas tiveran un recordo duradeiro desas datas a Consellería de Educación e o Cefocop editaran un libro titulado Dous matemáticos galegos que trataba sobre dúas figuras fundamentais nas matemáticas galegas: Ramón Mª Aller Ulloa e Enrique Vidal Abascal.
Nos últimos tempos EducaBarrién ven de editar varias unidades didácticas sobre figuras da nosa ciencia. No ámbito das matemáticas as dúas persoas escollidas son precisamente as nomeadas anteriormente.
Ramón María Aller Ulloa.
Na unidade didáctica de EduBarrié adicada a Aller xunto a uns pequenos apuntes biográficos achégansenos unha introdución á astronomía usando múltiples recursos da rede. Velaquí a unidade que tamén se pode descargar en PDF.
Como complemento engado as seguintes ligazóns sobre Ramón María Aller:
Velaquí algunhas ligazóns para coñecermos mellor a Enrique Vidal Abascal:
- Aller, Ramón M. : 'Introducción a la Astronomía'. [Nota bibliográfica], (1944) Boletín nº 277-280 da RAG, por EnriqueVidal Abascal
- Ramón Mª Aller Ulloa, (1976) Boletín nº 358 da RAG por Enrique Vidal Abascal
- Exposición en homenaxe ó astrónomo Ramón María Aller Ulloa (2009) vídeo da USC
- Ramón María Aller, (2003) vídeo da USC
- Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia, Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX, (2011) por José Ángel Docobo Durántez
- Ramón María Aller Ulloa. O iniciador da investigación astronómica en Galicia (2012) no Álbum da Ciencia por José Ángel Docobo Durántez
- Observatorio Astronómico Ramón María Aller, biografía de Aller no web da USC, por J. A. Docobo Durántez
Enrique Vidal Abascal
A unidade didáctica de Vidal Abascal editada por EducaBarrié pódese descargar en PDF ou desde esta presentación:
- Enrique Vidal Abascal, Galipedia
- Na memoria de Enrique Vidal Abascal, (1996) discurso de Xesús Ferro Ruibal
- Enrique Vidal Abascal, (2000) boletín nº 361 da RAG, por Xesús Ferro Ruibal
- Profesor Dr. Enrique Vidal Abascal (2008), Real Academia Gallega de Ciencias
- Brief portrait of the life and work of Prof. Enrique Vidal Abascal, VIII International Colloquium on Differential Geometry (2008)
- Esbozo biográfico de Enrique Vidal Abascal (2008), actos do 50 aniversario da Facultade de Matemáticas da USC, por Xosé María Masa Vázquez
luns, 7 de xaneiro de 2013
10 Most Important Numbers In The World
Aínda que ten algunha inexactitude, ou precisamente por iso, quixen compartilo aquí. Pero sobre todo polo gratificante empeño posto en destacar a utilidade dos números que se presentan.
Unha cuestión: son precisamente eses os números máis improtantes do mundo?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)