Coa rapidez con que se moven as novas tecnoloxías xa podemos cualificar este vídeo de vello. Con todo non perdeu nada da súa vitalidade e, sobre todo é unha impresionante mostra do poder explicativo dos gráficos.
Tomando como variables a esperanza de vida (eixo dos y) e a renda per cápita (eixo dos x) e a cantidade de habitantes (área de cada país), podemos ver como evolucionan estas variables para 200 países nos últimos 200 anos e todo no curto espazo de tempo que dura o vídeo.