A cuestión, de artimética infantil, nin tan siquera require que pensemos na resposta exacta. De todas formas a concursante demostra o seu analfabetismo matemático.
O seguinte caso ten algo máis de voltas e se o concursante non estaba un pouco avisado podía meter a zoca. Non se pregunta sobre cal dos números é o menor cadrado. A cuestión é saber cal destes catro cadrados:
a:16 b:25 c:36 d:49
é tamén a suma dos cadrados máis pequenos.
Para responder cómpre lembrar o que son as ternas pitagóricas: coleccións de tres números enteiros que verifican o Teorema de Pitágoras. Dito doutro xeito, temos que pensar en tres números de forma que o cadrado dun deles é igual á suma dos cadrados dos outros dous. Velaquí algunhas desas ternas:
(3, 4, 5), (5, 12, 13), (7, 24, 25), (8, 15, 17), (9, 40, 41),
(11, 60, 61), (12, 35, 37), (13, 84, 85), (16, 63, 65), (20, 21, 29)
Con estes datos diante non nos sería difícil conseguir 15.000 $.
Vía Clube da Matemática e Zenbakiak
xoves, 27 de setembro de 2012
mércores, 19 de setembro de 2012
Detritus
Nesta animación experimental debuxada a lápiz, e recuperada dunha copia en VHS, aparecen diversas figuras xeométricas. Entre elas vemos unha conexión entre os vértices dun rectángulo mediante segmentos que vén sendo o camiño máis curto que podemos trazar entre eles.
Vía puntoyrayafestival
xoves, 13 de setembro de 2012
Chámalle "xe". Invitación ás matemáticas en galego.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC escolleron o lema Chámalle "xe" para promover o uso do galego no esotérico mundo das matemáticas. Pero fixeron máis.
Redactaron un texto que non sería outra cousa que unha invitación inxenua ao uso do galego a aqueles universitarios que, nun futuro, desenvolvan a súa vida profesional en Galicia. Pero é tal o estado de cousas na política lingüística do actual goberno da Xunta, que facer esta morna indicación é unha chamada ao incumprimento do aldraxante decreto 79/2010, o publicitado como o do plurilingüismo e que prohíbe a impartición das clases de matemáticas en galego.
Agora que vai dar comenzo o curso nas aulas de secundaria, convén que os profesores que estudáchedes matemáticas na USC poñades atención e, se aprendíchedes algo, que sexa polo menos isto.
Velaquí o texto da CNL da Facultade de Matemáticas:
As matemáticas contan coa súa propia linguaxe, a linguaxe matemática. Comprendela e saber utilizala é unha das competencias que debedes adquirir nos estudos do grao en Matemáticas. Xunta esta habedes conseguir outra: comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en matemáticas tanto a un público especializado como non especializado. Daquela, non só comprenderedes o que é senón que seredes quen de comunicárllelo a outras persoas. E para iso utilizaredes linguas naturais; calquera delas, a que mellor se adapte ao voso interlocutor; e que vós coñezades, naturalmente. Moitos de vós -probablemente, a maioría- atoparedes en Galicia a vosa saída profesional. Outros sairedes ao exterior. Debedes contar coa mellor preparación posible. Aprendede linguas. Mais seguide aprendendo e cultivando tamén a lingua deste país, o galego, para poderdes trasladarlles a beleza das matemáticas aos galegos e galegas.
mércores, 12 de setembro de 2012
Máis alá do infinito
Podemos comprobar neste exemplo que se pode escribir un disparate científico coma este, que non pasa nada. Resulta que a Voyager 1 se está aproximando ao infinito, un lugar que segunda a mesma noticia debe andar polos 18.000 millóns de km de distancia. Concretamente 18.236.222.780 km no momento en que eu o mirei, ou se o preferimos, 121,90161996 Unidades Astronómicas (Que é unha unidade astronómica?, simplemente a distancia media entre a Terra e o Sol, aproximadamente 149.597.870 km.). Podemos consultar esas distancias nesta páxina da NASA.
Supoño que o intre no que no Voyager 1 alcance o infito será un fito histórico a destacar para a humanidade. Despois diso a tecnoloxía non terá máis cara onde avanzar. Estaremos atentos.
venres, 7 de setembro de 2012
Aperitivos de poliedros platónicos
Curiosa e divertida forma de conxugar gastronomía e matemáticas. Do web de Francesc Forcada.
Vía Amazings.es
luns, 3 de setembro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)