No seu último número presentan no apartado 'Divertimentos matemáticos', unha narración da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, directora do IES Mugardos, d´A Coruña. Este relato é un dos gañadores do certame de Matmonólogos organizado pola revista Tetractis e o IES Monelos, da mesma cidade.
Aínda que meten algo a pata e escriben *La Coruña, se o destaco aquí non é so polos valores positivos cos que o relato nos achega ás matemáticas, senón tamén polo respecto que desde a Revista Iberoamericana de OlimpiadasMatemáticas demostran pola nosa lingua. Introducen así o conto da profesora Covadonga:
Es un cuento literario-matemático, y está escrito en gallego, idioma, como se sabe, muy próximo al portugués, uno de los idiomas oficiales de la REOIM, y que no hemos traducidoOgallá aquí aprendéramos todos destas actitudes, da falta de prexuizos que se evidencian por outras latitudes e que aquí, onde temos como lingua propia o galego, sería impensable. Sobre todo despois do funesto decreto 79/2010 que clausura ás matemáticas dentro do castelán.
Liberando incógnitas, liberando o galego. Velaí vai un relato de matemáticas, en galego.
Revista_iberoamericana_olimpíada_matemática_Divertimentos43
Ningún comentario:
Publicar un comentario