Houbo un tempo, na historia deste blogue, no que adicaba entradas a recompilar información sobre personaxes destados das matemáticas. Foi a época en que se homenaxeaba a algún matemático galego naquelas Xornadas da Ciencia en Galego que xurdiran para poñer en evidencia a prohibición do uso desta lingua nas materias científicas derivada do funesto decreto 79/2010, o de restricción do uso do galego no ensino non universitario. Podemos lembrar os casos de María Wonenburger, Domingo Fontán e Ramón Verea ([1], [2], [3] e [4])
Nesta ocasión, aproveitando o nomeamento por parte da RACG do científico do ano, achegamos unha entrada de recursos a Xosé Rodríguez González (1770-1820), quen desde o traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos de D. Ramón María Aller, é coñecido como o matemático de Bermés.
- Xosé Rodríguez González, na Galipedia
- José Rodríguez González. O matemático do Bermés, 2012, por Margarita Barral Martínez no Álbum da Ciencia
- Xosé Rodríguez González, na páxina de Fillos Ilustres do Concello de Lalín
- Dous séculos sen o matemático Rodríguez, (22/03/2024) A.C. Alexandre Bóveda
Prensa
- José Rodríguez González. O matemático de Bermés, 27/05/12, por Benito García Carril no Faro de Vigo
- José Rodríguez, ´O matemático de Bermés´, 30/06/2013, por Antonio Vidal Neira no Faro de Vigo
- O Matemático de Bermés visto por Ramón Aller,05/10/14, por Celia Rodríguez no Faro de Vigo
- José Rodríguez, o matemático galego que definiu o metro, 10/10/17, por Eduardo Rolland en GCiencia
- Iván Fernández: “A figura do matemático Rodríguez debería estudarse nos colexios”,12/02/18, GCiencia
- El matemático de Bermés, por Manuel Molina Mera, 09/10/22, por Antonio Vidal Neira, no Faro de Vigo
- O matemático José Rodríguez, nomeado Científico galego do ano, GCiencia (12/02/24)
- Xosé Rodríguez, o matemático que situou o km 0 da Galiza en Lalín, nomeado Científico do Ano pola Academia 12/02/2024, Nós Diario
- José Rodríguez González, nomeado 'Científico galego do ano" pola Academia Galega de Ciencias, 13/02/24, Diario Luso-Galaico
- O matemático Rodríguez, Científico Galego do Ano, 13/02/2024, por Alfonso Loño no Faro de Vigo
- José Rodríguez, 'o matemático de Bermés', científico galego do ano, 20/02/2024, por Marcos Pérez Pena en Praza Pública
- O matemático José Rodríguez González, nomeado “Científico Galego do Ano” pola RAGC, RACG (12/02/24)
- Catro razóns polas que o matemático Rodríguez (1770-1824), o "paseante da luz", merece recoñecemento,por Xosé A Fraga Vázquez en Praza Pública (05/06/2024)
- O metro chegounos de París da man do matemático Xosé Rodríguez, non por casualidade, e recibiuno Domingo Fontán, por Xosé A. Fraga Vázquen en Praza Pública (09/07/2024)
- Coñece a Matemático Rodríguez, o matemático que axudou a calcular con brillante precisión o metro en Galicia Confidencial (29/09/24)
Blogues:
- José Rodríguez González. O matemático de Bermés., 12/07/12, no blogue Fillos ilustres de Lalín
- D. José Rodríguez González (o matemático de Bermés), 09/08/2014, no blogue Os libros de Ánxel Casal
- Cartel de Xosé Rodríguez González. Día da Ciencia 2014,30/10/2014, no blogue As Ferreiras
- Xosé Rodríguez González (o matemático de Bermés), por Ramón M. Aller, 07/11/2014, no blogue As Ferreiras
- O escultor do matemático Rodríguez, 05/11/14, por Isidro Gil Pallares, no blogue As Ferreiras
- O matemático Rodríguez, manuscrito de Ramón Mª Aller, 06/11/14, no blogue As Ferreiras
- Presentación do matemático Rodríguez, 06/11/14, no blogue As Ferreiras
- O matemático de Bermés, 07/12/14, Biblioteca do Laxeiro
Audio
- As aventuras do gran triángulo, 28/06/23, programa Efervescencia 640
- Matemático Rodríguez, o primeiro gran científico de Galicia, 7/10/24, Podcast GaliCiencia
Vídeos
- Proxector. Trigonometría: medindo o mundo con triángulos. (1/10/24) Escolma de vídeos de trigonometría como parte da celebración do nomeamento a Xosé Rodríguez como Científico galego do ano 2024
- A revolución do gran triángulo, (7/10/2024) RACG
- José Rodríguez González, "O matemático de Bermés", (8/10/2024) RACG
Publicacións
- Contribución dun sabio galego á determinación da forma e dimensións da terra. Xosé Rodríguez González, matemático, astrónomo e xeodesta.Carlos Brandido Gutiérrez, Revista Lvcensia N. 9 (1994) ; p. 10-30
- "O matemático de Bermés". Memoria apasionada de un hombre sabio, Armando Vázquez, Descubrindo Deza nº 1 (1999)
- El matemático José Rodríguez y la Universidad, (1999) por María Ángela Varela Varela, consultar PDF
- José Rodríguez González: un Erasmus galego nos albores do século do progreso, 2007, por Mercedes Sampayo Yáñez, do IES Eusebio da Guarda, Revista Gamma nº 7
- Legado científico do matemático galego José Rodríguez González, Mercedes Sampayo Yáñez, Revista Lvcensia N. 35 (2007) ; p. 347-360.
- A estadía de José Rodríguez González en Alemaña (1815-1817). Tradución dunha publicación súa,2011, por Iván Fernández Pérez en Minerva (USC)
- Novos apuntamentos para a biografía de José Rodríguez González, o matemático do Bermés, Iván Pérez Fernández, Minerva (USC) 2016
- Actividade científica do matemático José Rodríguez González durante a súa estadía en Madrid (1819-1823),Iván Fernández Pérez, Revista Lvcensia N. 57 (2018) ; p. 141-153.
- Dúas obras inéditas de José González, por Iván Fernández Pérez, Descubrindo Deza XI (2021)
- Unha carta do astrónomo húngaro Pál Titel a José Rodríguez González, o matemático do Bermés, por Carmen Villanueva e J. A. Docobo Durántez, Descubrindo Deza nº 14 (2022)
- José Rodríguez González (1770- 1824), matemático, geodesta, astrónomo, naturalista y viajero científico por Europa, tese de doutoramento por María Carmen Villanueva Pérez, Universidade de Vigo (2023)
- José Rodríguez Gonzáles (1770-1824) Un matemático sublime, editado por Juan Nieto Roig, Consello da Cultura galega (2024)
Xornadas
- José Rodríguez González, o inicio da liña do tempo da ciencia en Galicia, (16/10/2024) CCG
Nota
É moi probable que despois da publicación desta entrada xurdan máis recursos sobre Xosé Rodríguez. Aínda que non é unha práctica habitual neste blogue, intentarei engadilos na medida do posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario