No IES de Chapela programaron o pasado mes de novembro unha completa serie de actividades para denunciar a exclusión do galego nas materias científicas (ver funesto decreto 79/2010) e para dar a coñecer algunhas das actividades de ensino-aprendizaxe na nosa lingua. De entre todas elas recollo aquí as realizadas no ámbito das matemáticas como un exemplo visible do que facemos os profesores da materia, neste caso en 1º da ESO. Neste curso hai que abordar o uso e tratamento das expresións alxébricas, é un paso enorme fronte ao uso exclusivo dos números. Un recurso típico consiste en presentar o xogo de adiviñar un número despois de realizar diversas operacións. O "truco" do xogo desvélase co coñecemento dos primeiros principios de manipulación das expresións alxébricas. Isto é o que podemos ver nestes vídeos. Isto e a enorme dificultade que teñen os nenos en expresarse cun mínimo de fluidez en galego.
Unha nova versión da mesma estratexia. Agora escolle a que prefiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario