Unha profesora escribe na pizara un número grande e pídelle aos 30 alumnos da clase que lle digan, un a un, distintos divisores do número. Os alumnos responden ordenadamente; o primeiro di que "o 1 é divisor do escrito na pizarra", o segundo di que "o 2 é un divisor", o terceiro alumnos di "o 3 é un divisor", o cuarto di "o 4 é un divisor", e así, sucesivamente ata que o trixésimo alumno di que "o 30 é un divisor". A profesora comenta que hai só dous alumnos que se equivocaron e que o fixeron de forma consecutiva. Cales son os dous alumnos que se equivocaron? [Velaquí a pregunta sorprendente, pois a esperada é a seguinte] Para os que resolveron o problema hai unha segunda pregunta: cal é o menor número que puido escribir a profesora?
mércores, 13 de xaneiro de 2021
Outra pregunta inesperada
Noutra ocasión trouxen por este blogue o asunto dos problemas con preguntas inesperadas e incluso volvera a recoller noutra entrada outro problema que podía caer dentro desta agradecida categoría. Resulta que remexendo na Revista de Educación Matemática da Unión Matemática Argentina, sen querer achei outra proposta que tamén admitiría esta clasificación. Estoume a refeir a un dos problemas da sección que mantén Juán Pablo Rosseti, en concreto no Volume 35 (número 2) e que paso a presentar aquí:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario