O IES Antón Losada (A Estrada) volveu a participar no Experimento Eratóstenes. A primeira parte do proceso consiste en medir a sombra dun pau de 1 metro colocado perpendicular á horizontal. Desta vez contamos coa axuda do Ciclo Medio de fabricación a medida e instalación de carpintería e moble, que nos fixo o obelisco que se pode ver nas fotos para intentar unha medida o máis precisa posible. A ferramenta utilizada neste apartado foi a seguinte:
Material |
- unha construción cun pau vertical de 1 metro
- unha cinta métrica
- unha escuadra de carpintería para poder realizar a medición máis cómodamente trasladando a posición do extremo da sombra ao borde do taboleiro sobre o que se realizaban as medidas
- un nivel para asegurarnos de que mediamos na horizontal. Pódese ver nas fotografías que o chan das pistas deportivas está inclinado pois tivemos que calzar a mesa cun libro (para algo teñen que servir estes obxectos). Cómpre comentar que o ano pasado realizaramos as medicións sobre esta pista.
- un móbil co que consultar a hora solar local para verificar que as medicións se realizaban ao mediodía
Desenvolvemento do experimento
Os libros son útiles serven para nivelar o instrumental |
A maior parte do traballo realizouse na aula |
Con esta opción non temos que xustificar que para obter o ángulo no centro da Terra teñamos que restar os ángulos obtidos nas medicións dos dous institutos.
O alumnado estraba distribuído en grupos de 3 ou 4 alumnos. Cada un obtivo os seus propios datos e, consecuentemente os seus propios resultados. Estes foron todos distintos e distribuíronse entre os 21.201 km (!) e os 41.430 km. A maioría deron resultados na veciñanza dos 40.190 km, o cal non está nada mal tendo en conta que a medida do meridiano é de 40.013 km.
P.S.: Alumnos estradenses emulan a Eratóstenes medindo a Terra, (12/04/18) La Voz de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario