Clara vídeo-demostración do matemático Kevin Houston de que
mércores, 25 de setembro de 2013
luns, 23 de setembro de 2013
Canto variaría o radio da Terra se lle aumentásemos 10 m ao ecuador?
A algunha xente gústalle a poesía, a outras observar cadros e tamén hai quen desfruta coa resolución de problemas. O que problema que se presenta aquí é, como se podía supoñer, o seguinte:
Canto variaría o radio da Terra se lle aumentásemos 10 m ao ecuador?O enunciado deste problema vírao por primeira vez na revista Cacumen. Agora 30 anos despois atopeino neste simpático vídeo, un dos gañadores de videoMaT, un concurso catalán de vídeos para o alumnado non universitario no que solicitaban traballos nos que se respondese a preguntas que evidencien a aplicación das matemáticas no entorno. Imaxinemos que a Consellería de Educación copia a idea e quer trasladala a Galicia. Para respectar o espírito do funesto decreto do plurilingüismo nas bases do concurso deberíase prohibir que o vídeo fose elaborado en galego, non si? Ah! e intendade resolver o problema antes de mirar o vídeo. É un gustazo dar coa solución, tan simple e inesperada!
mércores, 28 de agosto de 2013
Flatland
Escrito en 1884 por Edwin Abbott Abbott, Flatland, Unha Aventura en moitas dimensións, é unha novela satírica pero tamén é coñecida por facer uso das propiedades matemáticas das figuras en diversas dimensións. O protagonista, un cadrado no mundo bidimensional. Comenza describíndonos a sociedade e as leis que rexen o seu mundo. Despois de soñar cun mundo unidimensional é transportado a outro tridimensional onde se cuestiona a existencia de catro, cinco, ou máis dimensións.
Recollo aquí a serie de 8 vídeos traducida ao porltugués:
Episodio 1
Episodio 2
Episodio 3
Episodio 4
Episodio 5
Episodio 6
Episodio 7
Episodio 8
xoves, 8 de agosto de 2013
Calcule mais: Noção intuitiva de limites
O portal de acceso é Calcule mais. Temos aquí unha enorme colección de materiais para o ensino mediante material audiovisual e que pode ser aproveitado desde Galicia por seren creados en portugués. Outra vez batemos de frente cunha posibilidade de aprendizaxe que o funesto decreto 79/2010 rexeitaría por tratarse de aprendermos matemáticas nunha lingua distinta do castelán.
xoves, 1 de agosto de 2013
A soma das medidas dos ângulos em um triângulo é 180°. Ciencias en portugués
luns, 29 de xullo de 2013
Galega desde o cariño
Encantoume o título desta entrada, "Galega desde o cariño" que vin no blogue lingualiza do Equipo de Normalización do IES Rodeira (Cangas). Disfrutei escoitando esta entrevista, feita nun ambiente relaxado, moi distinta do que esperamos dun vídeo que nos chega dun centro de ensino. Desde o principio o salón que vemos neste audiovisual convértese no salón na nosa casa. Gocei infinitamente cando ao escoitar que a entrevistada, a profesora de matemáticas de orixe canaria, Carmen de las Casas, respondía ao nome de Carmiña.
Ana, Nerea e Luís son os que lle fan as preguntas as preguntas a Carmiña sobre como foi o proceso de descubrimento de Galicia, un descubrimento que segundo a profesora comprobou con sorpresa, mesmo lle é alleo a moitos galegos. Carmiña fala da nosa cultura, especialmente da nosa lingua, da impartición das clases de matemáticas en galego, e sobre todo do cariño que sinte polo galego, sentimento que non achamos entre as autoridades da Consellería de Educación, cousa que se fai ben evidente ao premer o play deste vídeo.
luns, 15 de xullo de 2013
Ondas versus voltas
Moitas filas de círculos que se intersecan. En cada círculo temos un punto xirando. E a impresión que dá todo o conxunto é o dun movento ondulatorio.
Tirado de aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

