- Álxebra: 19,36%
- Xeometría e Topoloxía: 22,35%
- Análise Matemática: 66,25%
- Matemática Aplicada: 33,19%
- Estatística e Investigación Operativa: 12,15%
Unha vez máis vemos o esforzo de parte do SNL da USC e dos que colaboran co mesmo, un esforzo escasamente recompensado e que se enfronta a unha estrutura social montada para a exclusión da lingua galega. Vivimos nunha política lingüística supremacista que mantén e protexe todas as vantaxes para a lingua A ao tempo que se divulga un discurso no que se aparenta protexer e potenciar a lingua B. Así ésta ten que cargar co discurso, mentras que a outra queda cos privilexios, o cal multiplica as desvantaxes da primeira e as prerrogativas da segunda, ao preparar así o campo ideal para o discurso de que se impón a lingua B. Deste xeito, iniciativas coma esta do SNL, de publicar unidades didácticas en galego, adquiren o nivel de accións heróicas.
Como mínima contribución á honra que merece todo este esforzo, recollo aquí as unidades de matemáticas que hai publicadas ata hoxe. O caso non deixa de ter o seu punto subversivo xa que, recordémolo unha vez máis, cargouse sobre as matemáticas a prohibición de impartila en galego baxo un decreto autotitulado equilibrista. Curiosamente non se elaborou un decreto das mesmas características para o ensino unversitario, onde polas cifras que vimos aquí, si que levaría a un incremento da docencia en galego.
Álxebra
- Rodríguez Fernández, C. e Fernández Vilaboa, J.M. (Dpto. Álxebra): Espazos vectoriais, para a materia "Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial", 2013
Xeometría e Topoloxía
- Masa Vázquez, X.M. (Dpto. Xeometría e Topoloxía): Clasificación de Superficies, para a materia "Topoloxía de Superficies", 2013
Análise Matemática
- Rodríguez Fernández, C. e Fernández Vilaboa, J.M. (Dpto. Álxebra): Aplicacións lineais, para a materia "Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial", 2013
- Otero Espinar, M. V. (Dpto. de Análise Matemática), Sucesións e series de funcións reais, para a materia “Cálculo diferencial e integral”, 2008
- Rodríguez López, R. (Dpto. Análise Matemática): Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía, para a materia “Matemáticas para Bioloxía“, 2011
- Rodríguez López, R. (Dpto. Análise Matemática): Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía, para a materia “Matemáticas para Bioloxía“, 2011
Matemática Aplicada
- Ferreiro Darriba, J.B. (Dpto. Matemática Aplicada): Ecuacións diferenciais de orde superior, para a materia "Matemáticas III", 2013
- Rodríguez Iglesias, C. (Dpto. Matemática Aplicada): Introdución á análise numérica. Erros de cálculo numérico, para a materia "Cálculo numérico nunha variable", 2013
- Ling, J.F. (Dpto. Matemática Aplicada): Coordenadas astronómicas. Medida do tempo, para a materia "Astronomía Básica", 2013
- Rodríguez Iglesias, C. (Dpto. Matemática Aplicada): Introdución á análise numérica. Erros de cálculo numérico, para a materia "Cálculo numérico nunha variable", 2013
- Santamarina Ríos, D. (Dpto. Matemática aplicada): Introdución ás ecuacións diferenciais ordinarias, para a materia “Fundamentos matemáticos da Enxeñaría”, 2010
- Vázquez Méndez, M.E. (Dpto. Matemática Aplicada): A transformada de Laplace, para a materia "Matemáticas III", 2013
- Vilar Rivas, M. (Dpto. Matemática Aplicada): Vectores e xeometría no espazo, para a materia "Matemáticas I", 2013 Estatística
- Crujeiras Casais, R.M. (Dpto. Estatística e Investigación Operativa): Inferencia estatística, para a materia "Estatística", 2013
- Fernández Fernández, M.A. (Dpto. Estatística e Investigación Operativa): Programación linear enteira, para a materia "Programación Linear Enteira", 2013
- Rodríguez Casal, A. (Dpto. Estatística e Investigación Operativa): Introdución ao cálculo de probabilidades, para a materia "Elementos de Probabilidades Estastística", 2013
Uso do galego na USC: artigos do Cartafol
Para completar a entrada, pódense consultar os artigos que desde a publicación dixital do SNL nos achegan sobre o uso do galego na univerisade compostelá:
- Departamentos, profesorado e linguas (2016)
- En que linguas ensina a USC? (2016)
- Evolución dos usos lingüísticos docentes (2016)
- Evolución dos usos lingüísticos en doce anos (2015)
- Departamentos, profesorado e linguas (2015)
- A anos-luz do plurilingüismo e aínda moi lonxe do bilingüismo (2015)
- Evolución dos usos lingüísticos na docencia da USC (2014)
- Linguas, departamentos e categorías (2014)
- Galego, 23; castelán, 74 (2014)
- Miraxes? O galego na docencia da USC nos últimos anos (2013)
- Linguas, departamentos e categorías (2013)
- 75-23 (2013)
- Volvemos ao rego? (2012)
- Linguas, departamentos e categorías de PDI (2012)
- Galego, 27; castelán, 69 (2012)
- Galego, 30; castelán, 66 (2011)
- Entramos nunha fase de estabilización (2011)
- Linguas, departamentos e categorías do profesorado (2011)
- Evolución no uso das linguas na docencia (2010)
- Linguas, departamentos e categorías de PDI (2010)
- Nos mestrados oficiais, estreamos datos sobre os idiomas (2010)
- O galego, subindo na USC (2010)
Ningún comentario:
Publicar un comentario