O pasado mes de novembro, como unha máis das actividades arredor do Día da Ciencia en Galego no IES Pintor Colmeiro, Olimpio Arca Caldas, autor da máis completa biografía de Ramón Verea ( inventor da primeira máquina de calcular que realizaba os produtos directamente alá polo ano 1878)
Olimpio lémbranos que debemos recuperar a nosa historia. Os libros de texto falan de Isaac Peral como inventor do submarino, de Juan de la Cierva como inventor do autoxiro. Porén non falan de José Rodríguez, o matemático de Bermés, nin de Domingo Fontán, o xeógrafo de Portas, ou como é o caso que nos ocupa, de Ramón Verea, quen fixo un dos avances máis importantes na historia do cálculo.
A conferencia
O mestre Olimpio Arca Caldas ilustrounos co seu profundo saber sobre o inventor galego e explicounos que o seu obxectivo fundamental era dar a coñecer a historia que nos roubaron para que non teñamos orgullo de nós mesmos. Por iso deixounos para que compartísemos a presentación que nos ofreceu xunto coas súas notas.
Reitero o agradecemento do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro a Olimpio Arca por permitir que comunidade internauta poida coñecer de quen máis sabe sobre Ramón Verea a biografía deste inventor.
A seguir o relatorio desta presentación.
Presentación da biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas1. Único retrato que coñecemos do estradense Ramón silvestre Verea García, home de mentalidade renacentista, orgulloso sempre e en todas as esferas da sociedade, da súa nacionalidade española e defensor a ultranza do labor de España no mundo.
Prestixioso escritor e inventor esquecido nas enciclopedias e nos libros de texto durante moitos anos, o meso que outros científicos galegos. As primeiras novas que tiven de Ramón Verea pertencen á prestixiosa revista “La Ilustración gallega y asturiana”. Buscaba eu máis datos acerca da persoa de Bernardo Rodríguez, outro emigrante estradense que desempeñou en Arxentina o cargo de bibliotecario na Universidade de Bos Aires.
Antes de entrar na extraordinaria e fecunda biografía de Verea, paréceme importante coñecer os vieiros que me levaron a saber da súa apaixoada vida. Na devandita revista “La Ilustración” comentaba un anaco da súa vida o biógrafo Pérez Morris e, consultado o Espasa, comprobei que nacera na parroquia de Curantes.O seguinte paso levoume aos cemiterios desa parroquia, coa esperanza de atopar nas lápidas dos panteóns posibles familias de Verea. Non había ningunha, en troques, aparecían moitos Brea. Comprendín que a ausencia do apelido Verea estaría motivada polas inscircións que os casteláns fixeran nos libros do resitro civil creado no 1870, así os Meixide pasaran a Meijide, os Texo a Tejo, os Docampo a Campos.No Museo de Pontevedra atopo os dous volumes da colección da súa gran revista “El Progreso”, fonte segura de documentos autobiográficos para coñecer vida e escritos do noso personaxe. Estes volumes foran doados no seu día oa Museo Provincial por Pedro Trapote, único axente da revista en Pontevedra.Logo desta sinxela introdución, analizarei a vida e obra de Ramón Verea como escritor e inventor. Nace Verea o día 11 de decembro do 1833 na parroquia de San Miguel de Curantes, xurisdiciónde Tabeirós, incorporada máis tarde ao concello da Estrada.No libro sacramental número 3, folio 140, do arquivo da devandita fegresía atópase a inscrición do bautizo do neno Ramón Silvestre Verea García. Oficia este sacramento, coa licencia experesa do párroco Miguel Silvestre de Lago, o presbítero Francisco Porto y Vila, tío avó do neófito. Medra Ramón no seo dunha familia labrega acomodada e, orientado no apecto cultural e relixioso polo Parente crego.
2. O Foro Enrique Peinador, entidade privada interesada na difusión do discurso de Normalización lingüística, viña celebrando reunión coas máis importantes empresas para debater as posibilidades de incorporar a nosa lingua ás actividades mercantís e empresariais baixo o lema “Galeguizar Galicia”. Ao mesmo tempo quere por en valor aos nosos científicos esquecidos.Este foro, no ano 20088, en convenio co Concello da Estrada centrouse na divulgación de Ramón Verea. Despois de conferencias encol da súa vida, e a edición dun libro, encargouse ao artista vigués José Molares un busto de Verea que se colocu a carón da igrexa de San Miguel de Curantes.3. Fermosa fotografía actual do lugar de Esmorís, aldea natal de Verea nos lindes da veciña parroquia de Moalde do concello de Silleda.4. Á morte do crego Manuel Silvestre Lago, exerce como párroco D. Antonio Carballo, que no seu celo pastoral manda contruir no ano 1851 a casa rectoral e aumentar a altura da torre para que todas as aldeas da parroquia poidan ver a casa de Deus por enriba da frondosidade arbórea.Ramón, nas vacacións do verán acudirá ao templo para asistir os actos relixiosos e asegurar así un bo informe do párroco, informe preciso para certas becas no Seminario. Abofé que tamén estará interesado na consulta da biblioteca.5. No regato da Ponte da retorta na paraxe de Maimón, Ramón experimentará con sinxelos aparellos preparados con pólas de ameneiro, as distintas transformacións da enerxía hidráulica.Sabemos por Pascual Madoz (1846-1850) que esta parroquia tiña escola de primeiras letras fecuentada por 20 rapaces que pagaban ao mestre dous reais cada un. Cos antecedentes familiares expostos o neno Ramón ademáis de asistir a esa escola había recibir leccións do seu tio crego para unha posterior carreira.Medra o neno rodeado dunha natureza rica en contrastes. Na ponte do Maimón sentirá a frecura da fermosa fervenza do río da Ponte Retorta. Ao leste, o monte da Rocha, mirador de amplos horizontes sobre o val da Ulla, co Pico Sacro, da Raíña Lupa, apuntando ao ceo e ao sur o castro de Viladefonso, lendaria e enigmática terra de mouros, hoxe silandeiro berce onde aniña a perdiz e cria o coello.6. No1846, con trece anos, estuda en Santiago Filosofía e Letras. Para nunha pensión duns parentes situada na Ruela do Pexigo de arriba Vive moi preto aquelas luctuosas xornadas do mes de abril do 1846 nas rúas da cidade do apóstolo. Estes tráxicos acontecementos (o fusilamento dos mártires de Carral). deixaron no xove Ramón una profunda crise espiritual.7. No ano 1848, cunha preparación axeitada, ingresa por desexo de seu tío no Seminario daquela cidade coa intención de cursar a carreira sacerdotal. No entanto, ese innato ideal de liberdade que tan enraizado estaba no mozo vai ser un atranco, una barreira infranqueable, para os seus ancieios xuvenís.Permanece no Seminario durante seis anos. Móstrase, de contado, como un magnífico alumno, ganando por oposición distintas becas: becas de número, ou sexa, mediante oposición, e becas de gracia,aquelas que xa se concedían segundo o bo expediente ou as necesidadeseconómicas do alumno. No arquivo do seminario atopamos algunas cualificacións e comportamentos do alumno Ramón Verea y García. No curso 1850-541, en 2º ano de filosofía, con beca de gracia, ten una cualificación de “benemeritus”. No curso seguinte, na materia de Metafísica e Filosofía,con moita aplicación e proveito, segundo a cualificación do catedrático, D. Antonio Rodriguez Maceira, obtén a nota de “sobresaínte”.No curso 1853-54, atopamos a nota da disciplina de 2º ano de Hebreo, asinada coa cualificación de “benemeritus”.Nas vacacións do verán a súa paixón pola lectura lévao a escudriñar todos os poucos libros da biblioteca de seu padriño. Ao mesmo tempo nun improvisado taller, no alpendre da casa, dalle xeito a distintos aparellos que a súa imaxinación matina e a súa habilidade manual dalle forma. Cursa os estudos correspondentes dende primeiro de filosofía ata segundo de Teoloxía. O seu esprito curioso tenta esculcar a a razón primeira e as súas moitas interrogantes non atopan as axeitadas respostas nos seus mestres. Nos intres nos que a súa fe vacila, un acontecemento persoal precipita o desenlace.Moitos anos despois, na introducción ao seu libro “La Razón, la Fe y la Religión Universal” o mesmo Verea confesa o conflito que edesncadeou a súa “liberación”:“Teniendo otro y yo que salir por causa de la quinta el rector nos mandó que fuéramos a pedirle permiso al arzobispo. Cuando volvimos se nos negó la entrada. Nos quejamos al prelado y éste nos mandó al rector. El rector nos mandó al prelado y después de ir de Herodes a Pilatos, nos quedamos sin becas que habíamos ganado por oposición. Lo sentí por el otro porque el pobre era un saco de fe y me alegré por mi viéndome libre de seguir"8. No ano 1855, con 22 anos de idade, embarca para Cuba. A súa maleta ía abarrotada dunha boa formación humanística e na capital da illa adícase ao ensino.9. Exerce de mestre na escola de Sagua la Grande, pequena cidade ao leste de Colón, ao mesmo tempo que se inicia no periodismo.10. Deixa a ensinanza e establécese na cidade de Colón, xa no interior da illa. Publicábase alí o folletín “El Progreso”, xornal que tiña moi poucos lectores e con serias dificultades económicas Nas páxinas deste xornal aparce a primeira das súa novelas, La Cruz de Piedra,cun enxeñoso e orixinal argumento e escrita cun elevado estilo e vivacidade. Esta obriña foi un importante revulsivo que fixo aumentar o número de lectores.Diante desta situación os donos do xornal porpuxéronlle unhas boas condicións económicas. No ano 1862 Verea fíxose cargo da dirección e redacción da devandita publicación. Nesta tarefa, que tanto lle gusta, fai de todo, traballou arreo como redactor, corrector das probas e incluso de caixista.Inventa un dobrador dos xornais. Pensa perfeccionalo e patentalo.Unha nova novela de Verea enche aquelas follas, La mujer con dos maridos, interesante e rica en imaxes de depurado estilo, pero demasiado atrevida segundo os principios da moral católica que estudara nos seus anos mozos e que tamén era a mesma que profesaba aquela sociedade cubana. Aumentaron os subscritores do xornal pero non en número suficente para que o seu bo facer literario e periodístico lleproporcionara unha vida sen apuros económicos.Non ten horas de lecer pois as súa pretensión era chegar a residir en Nova York polo que precisa coñecer e dominar a lingua inglesa.Nestas datas, o seu primeiro biógrafo, José Pérez Morris, preséntao como “un joven de 28 años, alto, moreno, delgado de cintura y ancho de pecho, de frente despejada, de ojos grandes, vivos e inteligentes, de carácter alegre, decidor, inquieto y calavera”.11. Dez anos despois de chegar a Cuba, no 1865, remata a Guerra de Secesión dos Estados Unidos coa que desaparece a escravitude e morre asesinado o presidente Lincoln. Ramón matina que un pobo tan rico e libre debe ser un bo asento para as súas ideas e pasa a Nova York. Nesta cidade foi, con recoñecida autoridade, como profesor de español nas mellores academias. O seu dominio do inglés, aprendido na illa caribeña, valeulle para que fose designado como tradutor público. Outra volta a afición e coñecementos da mecánica levárono a exercer como viaxante de maquinaria. Como queira que o perfeccionamento do seu “dobrador” de xornais e a patente do mesmo custaba un cartos que aínda non posuía, Verea rematou por vender o seu invento.Dous anos despois, 1867, voltou á cidade da Habana, onde tentou de establecerse como representante dunha casa de comisión para introducir maquinara e aparatos de moderna invención. O proxecto, malia non chegar a producir os benenficios que Verea esperaba, serviulle para poder aforrar uns “pesos” e relacionarse con importantes casas de efectos de nova creación.Verea, naqueles dous anos de estancia na gran cidade americana tivera unha moi boa impresión e quedara con desexos de voltar a ela. As cousas, os negocios marcharan bastante ben e dono dun pequeño capital volta esperanzado á cidade dos rañaceos. Segue agora de corredor de comercio e a traballar na súa máquina de cláculo. No ano 1875 establécese coa súa “Agencia industrial para la compra de aquinariay efectos de moderna invención”y efectos de moderna invención”, traballo no que xa tiña unha boa experiencia.Pero en Verea o periodismo agroma a cada intre e así no 1877 atopámolo dirxindo o xornal “El Cronista”. Ao ano seguinte, o goberno americano concédelle patente de invención pola súa máquina de cálculo co nº 207.918.13. Esta máquina foi premiada coa medalla de ouro na Exposición clebrada en Matanzas (Cuba) por aquel tempo. Con relación a este invento o seu biógrafo P. Morris escribe:“A la vista tengo un prospecto del inventor en que veo que el gobierno de los Estados Unidos, con fecha 10 de setiembre de 1878, concedió patente o privilegio de invención al Sr. Verea, por su máquina, la única en el mundo que practica por entero las cuatro principales operaciones de la aritmética, a diferencia de las anteriores, que sólo sumaban y restaban. La de Verea, no sólo hace esto, sino que multiplica y divide. La que exhibe en su acreditada Agencia Industrial para la compra de maquinaria y efectos de moderna invención, es el tercer modelo que hizo capaz para nueve cifras en los sumandos, multiplicando o divisor, para seis en el multiplicador o cociente y para quince en el producto o dividendo. Es posible hacer con ella de un modo rápido todas las operaciones más largas y difíciles por medio de un procedimiento mecánico. La máquina tiene catorce pulgadas de largo por doce de ancho y ocho de alto. Pesa cincuenta libras y es toda de hiero, acero y metal amarillo”(Segue logo unha desrición polo miúdo dos principios máis esenciais do mecanismo que fan posible que a máquina funcione).O Xornal “Herald” e outros tan acreditados como “Scientific American” e “Le Courrier desStats-Unis”Stats-Unis” e todos os españois comentaron con moito eloxio tal invento. O mesmo Verea nun artigo publicado no 1881 declara terminantemente:“Mi objeto al emprender una invención a primera vista imposible, no fue la esperanza dereembolsar jamás ni una parte de los varios miles depesos que he gastado; ni será tampoco con la celebridad que otros por menos adquirieron, y que yo no ambiciono; mis móviles fueron: 1º) un poco de amor propio; 2º) mucho de amor nacional. El deseo de probar que en genio inventivo un español puede dejar atrás a las eminencias de las naciones más cultas; 3º) el afán innato de contribuir con algo al adelanto de la ciencia; y 4ª) y último, un entretenimiento conforme a mis gustos e inclinaciones14. De seguido distintos esquemas da máquina15.16.17.18. Con todas estas tarefas e coa venda dos seus inventos, no ano 1879 embarca rumbo a Galicia co desexo de coñecela en profundidade.Na súa aldea de Curantes todo segue igual; ningún adianto dende a súa nenez. As mesmas corredoiras lamaguentas, os mesmos agros de feble e cativa economía de subsistencia, traballlados polas mulleres.El só quería mergullarse no cariño dos seus, no encontro coa terra. A Casa de Esmorís, da que xa faltaban seres queridos, cada día máis deteriorada deixoulle un pouso de mágoa. A vivenda dos seus avósmaternos ofrecíalle un horizonte amplo ata o mar de Arousa que, unía ou separaba as Américas? Voltou a sentir mágoa da mísera vida dos labregos galegos.Desexaba coñecer a realidade cultural e económica da terra. Viaxa ata a cidade de Santiago que tantos recordos lle suxería. Agora a rúa do Vilar estaba a recompoñer unha nova arquitectura con novas vivendas sen os belidos soportais.Non é quen de evitar a visita, por fóra, daquel grande dificio no que tantos anos dubidara das ensinanzas recibidas. Visita Fonseca, o Hospital Real, a facultade de Medicina, a de Filosofía e oxornal “El País”. No seu percorrido pola cidade da Coruña, onde desembarcara, tamén se interesa polos aconteceres culturais e políticos19. No ano 1882, de volta da súa viaxe a Galicia, establécese na cidade de Nova York, cunha imprenta á que lle dá o fantasioso nome de “El Polígloto”. En xaneiro do ano 1884 funda e dirixe unha revista mensual ilustrada.20. “El Progreso”, “independiente en política y librepensador en todo”21. Esta revista ten unha difusión internacional con distribución en América22. E Europa.23. Como a publicación e da súa propiedade, Verea convértese nun xornalista fogoso, fustigador de todos os moitos vicios que agochaba aquela sociedade. A súa pluma non deixa títere con cabeza no intre de situacións corrompidas.24. Alí escribe e publica o libro “Contra el Altar y el trono”, do que o seu epígrafe revela a súa intención,25. Así como “Religión Universal”26. A Comenzos do ano 1895, canso daquela cidade neiorquina e descontento da política de intervención de Cuba e Filipinas polo goberno ianqui, abandonou os Estados Unidos e marchou a Guatemala.Naquela república centroamericana foi recibido cos meirandes honores. O mesmo presidente, Sr. Reina Barros, dispensoulle un afectuoso recebemento. Estes agasallos chegaron a emocionar profundamente ao noso home, que escribiu:“El día 17 de febrero [día da súa chegada] será para mí una fecha inolvidable. En mi ya larga existencia no he tenido un solo día parecido. Si algún día llegase a creer que mis rudos escritos valen algo, los guatemaltecos tendrán la culpa”A Política dictatorial que inicia o presidente Reina Barrios pouco despois da chegada de Verea non podía satifacer o pensamento liberal deste, que abandona esta república de Guatemala un ano antes do asesinato de Reina a mans de Óscar Zollinger.27. No ano 1897; Verea, solteiro e solitario, cunha larvada “morriña” que lle oprimía sentimentos íntimos, embarcou camino de Bos Aires co desexo de afincarse definitivamente naquela cidade, onde había unha manchea de intelectuais galegos e na que vivían algún parentes,que ben poderían significar o descanso agarimoso do loitador, sempre só.28. Tamén aquí comenza a publicar “El Progreso” (xaneiro de 1898). Nos intres en que se produce a intervención ianqui na guerra de Cuba, Verea García volta a escribir con enerxía e dureza en contra da intromisión destes “filibusteros do Norte” no xornal bonaerense “La Patria Española”29. Aos dous anos da súa chegada a Bos Aires unha afección pulmonar acabou coa súa vida. Unha vida sempre guiada pola verdade do librepensamento e pola liberdade de conciencia. Aquel seis de febrero do 1899, apagouse para sempre a vela daquel xenio, nacido 66 anos antes na parroquia de San Miguel de Curantes, concello de A Estrada.30. As súas cinzas repousan anónimamente, no cemiterio bonaerense do Oeste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario