Un obxectivo destacable detas xornadas é que procura familiarizar aos participantes no uso do galego para a presentación das investigacións ao público non especialista. Coincidindo coas celebracións en novembro da Ciencia en Galego e como sinalan os promotores desta proposta, a intención é normalizar o uso do galego nas matemáticas deixando de lado prexuízos lingüísticos.
Podemos acceder aos relatorios destas xornadas en vídeos aloxados nunha plataforma propia da USC. Se por unha banda este formato permite alternar entre a visualización da presentación e a do relator, pola outra é unha mágoa que non permita unha maior divulgación destas charlas.
Matemáticas: habelas, hainas, queremos contarchas!
Xornada celebrada o 9/11/17
- A danza da gravidade: estrelas dobres e planetas extrasolares, por Pedro Pablo Campo Díaz
- Matemáticas doutra Galicia, por Jorge Losada Rodríguez
- Mergullándose coas matemáticas, por Saray Busto Ulloa
- Money, money, money!, por Adrián Fernández Tojo
- Segredos, espías e números primos, por Xabier García Martínez
- E ti… de quen vés sendo?, por María José Ginzo Villamayor
- Medindo a curvatura, por Javier Valle Regueiro
- #dimecomofalas e tuiteoche #deondees, por Laura Calaza Díaz
Xornada celebrada o 7/11/18
- A vida é un xogo, por Alejandro Saavedra Nieves
- As ecuacións do amor, por Lucía López Somoza
- Vida noutros mundos. A Astrobioloxía, por Carlos Vázquez Monzón
- Ata o infinito e máis alá!, por Beatriz Álvarez Díaz
- Matemáticas no teu corazón, por Marcos Loureiro García
- Buracos: as matemáticas do vaqueiro, por David Mosquera Lois
- Pero ti estás seguro diso?, por Mercedes Conde Amboage
Ningún comentario:
Publicar un comentario