martes, 26 de setembro de 2017
Mapa das matemáticas
Non é o primeiro mapa que intenta dar unha visión panorámica dunha ciencia pois anteriormente xa recollimos a noticia da tradución ao galego do mapa da física polos mantedores do blogue Ciención de Breogán. Conscientes de que as posibilidades de acceder a materiais de divulgación científica en galego son escasas, Ciención de Breogán está comprometido na tradución deste tipo de traballos. Un labor que nunca agradeceremos o suficiente.
Como xa fixeran no caso do mapa da física, ademais do póster subtitularon en galego o vídeo de Dominic Walliman que o explica. En todo caso terás que activar a Configuración > Subtítulos > Galego, e activar os subtítulos ao comenzar a reprodución.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Moitas grazas por valorares o noso traballo! Non penses que este vai ser o derradeiro mapa que traduzamos... A nosa intención é atacar tamén, como mínimo, o da química e mais o da informática. Por certo, aquí tes unha ligazón a este mapa das matemáticas con mellor resolución, no noso Facebook:
ResponderEliminarhttps://www.facebook.com/ciencionbreogan/photos/a.356979047997362.1073741828.322366984791902/476606342701298/