domingo, 22 de novembro de 2026

As clases de combinatoria

 A combinatoria é un deses apéndices da materia que están aí colocados para producir curriculite. En efecto, se un revisa o currículo da Secundaria (eu non o fago porque para min é un arcano incomprensible) comprobará que os propios autores non coñecen nin o máis básico, a terminoloxía da materia (en galego). Vai de seguido captura de pantalla que debería arrubiar a máis de un.


Por se inesperadamente caeu por aquí algún despistado, na nosa lingua, o que no DOG aparece denominado como *variación, denomínase arranxo. Que non sexan públicas as identidades dos que cometen estas atrocidades é unha vergoña social cando a vergoña debería caer precisamente nos autores. Aquí salta, unha vez máis, o enorme dano que o decreto de prohibición de uso do galego no ensino lle fixo, e continúa a facer, á normalización dunha lingua que non ten nin tan sequera o estándar como piar firme ao que agarrarse. Alén disto, pregúntome se algún profesor, algunha vez, explica algo de combinatoria. Eu fágoo sempre que podo. Fágoo por varias razóns. Unha, que me gusta contar cousas, isto é, a combinatoria divírteme. Outra é que lembro moi ben cando ma explicaron a min por primeira vez. Eu ficara abraiado ao escoitar declamar, unha e outra vez, ao meu profesor "un arranxo de $m$ elementos tomados de $n$ en $n$ consiste en, dado un conxunto de $m$ elementos, formar todos os subconxuntos de $n$ elementos e ordenalos de todas as formas posibles". Se lle preguntabas outra vez o que era un arranxo, el volvía a contestar exactamente o mesmo, coas mesmas palabras. E se lle insistías en que non o entendías, el, con moita paciencia repetía: "un arranxo de $m$ elementos tomados de $n$ en $n$ consiste en, dado un conxunto de $m$ elementos, formar todos os subconxuntos de $n$ elementos e ordenalos de todas as formas posibles". Lembro estar na clase e desexar ter eu a claridade de ideas para poder recitar esta definición coa mesma seguridade. Creo que foi por iso polo que sempre quixen ser profesor de matemáticas.
Cando teño a oportunidade de introducir estes temas na aula, fágoo mediante problemas. A miña idea é que identifiquen cada tipo de reconto (arranxos, permutacións e combinacións) cun problema determinado. Creo que así o alumnado pode asimilar máis facilmente que tipo de técnica combinatoria convén aplicar a cada caso. Para concretar, comezo sempre co seguinte problema:
Problema de arranxos. Nunha carreira participan 20 corredores. Danse tres medallas: ouro, prata e bronce. De cantas maneiras podemos dar esas tres medallas aos 20 corredores?

Despois dun tempo no que os alumnos intentan resolvelo e eu intento poñer cara de póker diante de respostas máis ou menos desacertadas, pídolles que actúen con técnicas de resolución de problemas. Como non hai ningún problema semellante que saiban resolver, o mellor é variar o enunciado do problema, simplificándoo. "E se temos 4 corredores? ou 3 corredores?" Nestes casos é posible enumerar todos os casos. Despois: "e se só lle damos premio aos dous primeiros (medallas de ouro e prata)?". Este é un bo momento para introducir os diagramas en árbore para asegurármonos de que facemos un reconto completo. Finalmente, cando chegamos a dar a solución ao problema orixinal, podemos volver a cambiar o enunciado pero agora en sentido contrario. "Que pasa se, no canto de 20 corredores houbese 30, ou 12? E se outorgáramos 5 premios?" O obxectivo final é xeneralizar estes resultados e obter unha fórmula xeral para unha carreira na que participaran $m$ corredores coa promesa de $n$ premios. Daquela xa podemos pasar ao seguinte problema.
Problema de permutacións. De cantas formas podemos colocar 20 libros nun andel?
Aquí a cousa vai máis rápido. "Que pasa de temos 3 libros? E 4? Cal é a diferenza entre colocar 20 libros nun andel e dar 20 premios distintos a 20 corredores? E se temos $n$ libros?" 
Os resultados vistos aquí dan lugar a números enormes. Porén recontos máis modestos poden ser, paradoxalmente, máis dificultosos. Efectivamente, pasemos a considerar unha nova cuestión:
Problema de combinacións. Nunha carreira local participan 20 corredores. Clasificaranse para unha competición de maior nivel os 3 primeiros. De cantas formas podemos escoller eses 3 corredores? Neste caso non importa a orde en que cheguen, pois clasifícanse os 3.
Outra vez, pensar o problema con 4 ou 5 corredores e facer un reconto de todas as posibilidades é bastante factible. Con todo, aquí aproveito para explicarlles a seguinte fórmula $C_{4,3}\cdot P_{3}=A_{4,3}$. Velaquí un fragmento dos apuntes:

Toca outra vez xeneralizar. Chegados a este punto, alén de abordar problemas variados tamén se trata o triángulo de Pascal, as propiedades dos números combinatorios e o desenvolvemento do binomio de Newton. 

Arranxos, combinacións e permutacións con repetición
Hai problemas que explican moi ben que todo o relatado ata aquí non serve para todo tipo de recontos, incluso para recontos moi básicos:
Problemas con repetición. Trátase de estudar os números de (ata) tres cifras. Para iso permitiremos que a primeira, ou as primeiras cifras, poidan ser ceros. Por exemplo, permitirémonos escribir os números $001$ e $013$. Cantos números de (ata) tres cifras hai? Cantos números de (ata) tres cifras teñen todas as súas cifras distintas?
Co criterio de ter un problema que identifique cada tipo de reconto, alén do anterior propóñolle o seguinte:
Problema dos arranxos con repetición. De cantas formas distintas podemos cubrir as 14 filas dun boleto dunha quiniela? Dato: Fanse apostas a 14  partidos de fútbol marcando 1X2
En canto ás permutacións con repetición, tiro pola poesía, e sigo o guión comentado nesta outra entrada

Finalmente, abordar as combinacións con repetición, é todo un reto. 
Problema de combinacións con repetición. Catro amigos van cear a un restaurante. Poden escoller entre tres pratos: arroz, bacallau e coello. Cantas peticións distintas poden facer?
Nada impide facer un reconto de todos os casos. En cada petición pode repetirse calquera prato, ademais está claro que non importa a orde en que fagan a petición. Partimos dun conxunto de tres elementos, {𝐴, 𝐵, 𝐶}. Un caso posible podería consistir en 2 arroces, 1 bacallau e 1 coello (A,A,B,C). Elaborada a lista regálolles unha idea, a de codificar con uns e ceros as posibilidades. Escribiremos tantos uns como arroces, despois un cero para separar, despois tantos uns como bacallaus, outro cero para separar e finalmente tantos uns como coellos. Por exemplo, o caso anterior, (A,A,B,C), codificaríase 110101. Se comeran 3 arroces e un coello (A,A,A,C), teriamos o código 111001. Vemos que en cada codificación hai 4 uns e 2 ceros e, dada calquera secuencia deste tipo, hai unha única comanda asociada. A secuencia 011011 corresponderíase con 0 arroces, 2 bacallaus e 2 coellos. Velaquí todos os casos posibles coas correspondentes codificacións:
1 AAAA 111100
2 AAAB 111010
3 AAAC 111001
4 AABB 110110
5 AABC110101
6 AACC 110011
7 ABBB 101110
8 ABBC 10110
9 ABCC 101011
10 ACCC 100111
11 BBBB 011110
12 BBBC 011101
13 BBCC 011011
14 BCCC010111
15 CCCC 001111

Este sería un exercicio de combinacións con repetición de tres elementos, {A,B,C} tomados en grupos de 4. Acabamos de ver que se poden codificar como todas as posibles permutacións con repetición de 4 uns e 2 ceros: $$CR_{3,4}=PR_{6}^{2,4}=\frac{6!}{2!4!}=\binom{6}{4}=\binom{3+4-1}{4}$$
Agora consideremos o mesmo problema, pero con 6 comensais. Partimos dun conxunto de 3 elementos {A, B, C} que temos que escoller en grupos de 6. Unha posible escolla sería A,A,B,B,B,C, que codificado con ceros e uns quedaría en 11011101, unha lista con 2 ceros e 6 uns. Procedendo da mesma maneira que antes o reconto quedaría así: $$CR_{3,6}=PR_{8}^{2,6}=\frac{8!}{2!6!}=\binom{8}{6}=\binom{3+6-1}{6}$$
Volvamos a variar o problema. Consideremos 6 comensais que escollen entre 5 pratos: arroz, bacallau, coello, dourada e empanada. Partimos dun conxunto de 5 elementos {A, B, C,D, E} que temos que escoller en grupos de 6. Unha posible escolla sería A,A,C,D,E,E que codificado con ceros e uns quedaría en 1100101011, unha lista con 4 ceros e 6 uns. Como hai 5 pratos, e os ceros utilizámolos para separar cada tipo de prato, temos que escribir 5 − 1 = 4 ceros. Procedendo da mesma maneira que nos casos anteriores: $$CR_{5,6}=PR_{10}^{4,6}=\frac{10!}{4!6!}=\binom{10}{6}=\binom{5+6-1}{6}$$
Xa só nos quedaría xeneralizar: $$CR_{m,n}=PR_{m+n-1}^{m-1,n}=\frac{(m+n-1)!}{4(m-1)!n!}=\binom{m+n-1}{n}=\binom{m+n-1}{n}$$
Para finalizar, outra vez práctica con problemas variados de todo tipo. 

martes, 20 de outubro de 2026

O problema dos selos de Frobenius (e 2)

Lembremos a cuestión que dá título a estas liñas:

Problema dos selos de Frobenius. Supoñamos que os selos de correos teñen unicamente dous valores,  $a$ e $b$, con $a$ e $b$ coprimos. Dispoñemos dunha cantidade ilimitada de selos de ambos tipos. Trátase de determinar cal é a maior cantidade que non pode ser obtida facendo uso deses selos.

 Na anterior entrada demostraramos o

Teorema 1. Se $a$ e $b$ son coprimos, a cantidade de sumas que non se pode conseguir usando selos deses dous valores é finita.

O Teorema 1 explícanos que o problema dos selos ten sentido pois, ao haber unha cantidade finita de valores inalcanzables, podemos preguntar polo menor deles. Agora daremos un paso máis e responderemos completamente á cuestión  mediante a demostración do 

Teorema 2. Dados dous naturais coprimos $a$ e $b$, a maior cantidade que non podemos conseguir mediante unha combinación linear deles é $a\cdot b-a-b$

Para iso recomendo antes de nada ler a entrada anterior porque non só imos facer uso do Teorema 1 alí demostrado, senón que tamén necesitaremos coñecer a súa demostración para chegar ata o fin. 

Hai outras demostracións do Teorema 2, en todo caso foi esta, que presento aquí, a que me chegou á alma. Recólloa do libro The Diophantine Frobenius Problem de J. L. Ramírez Alfonsín (Oxford University Press, 2005). Para comezar, seguiremos a mesma liña que na demostración do Teorema 1, traballando con métodos xeométricos. Consideremos o polígono $P$ con vértices nos puntos da retícula $A(0,a)$, $B(b,0)$, $C(b-1,-1)$ e $D(-1,a-1)$. Unha imaxe axudaranos a centrarnos:


Calculemos a ecuación da recta que pasa por $A$ e $B$. Para iso consideramos o seu vector director $\overrightarrow{AB}=\overrightarrow{OB}-\overrightarrow{OA}=\left( b,0 \right)-\left( a,0 \right)=\left( b,-a \right)$ e o seu punto $A(0,a)$ que dan lugar á ecuación continua $$r_{AB}:\frac{x-0}{b}=\frac{y-a}{-a}$$ Un pouco máis de manipulación dános como premio esta outra expresión para a recta $$r_{AB}:ax+by=ab$$

Os únicos puntos do reticulado $\mathbb{N}\times \mathbb{N}$ que pertencen a esta recta son precisamente o vértices $A$ e $B$. Para verificalo, consideremos que houber outro punto $\left( x_{0},y_{0} \right)$. Daquela $x_{0}\lt b$, ademais $ax_{0}+by_{0}=ab$, entón $ax_{0}=ab-by_{0}=b\left( a-y_{0} \right)$. Polo tanto $b$ divide ao primero membro, agora ben, como $a$ e $b$ son coprimos, só pode darse o caso de que $b$ sexa divisor de $x_{0}$. Daquela existirá un enteiro $s$ tal que $x_{0}=bs$ o que entra en contradición con que $ x_{0}\lt b$. 

Fagamos o mesmo estudo para a recta que pasa por $C$ e $D$. Para iso consideramos o seu vector director $\overrightarrow{CD}=\left( -1,a-a \right)-\left( b-1,-1 \right)=\left(- b,a \right)$ e o seu punto $C(b-1,-1)$ que dan lugar á ecuación continua $$r_{CD}:\frac{x-b+1}{-b}=\frac{y+1}{a}$$ Un pouco máis de manipulación dános como premio esta outra expresión para a recta $$r_{CD}:ax+by=ab-a-b$$.

Contrariamente ao caso anterior, ningún punto do reticulado $\mathbb{N}\times \mathbb{N}$  pertence a esta recta. Para verificalo, consideremos que houbera algún punto $\left( x_{0},y_{0} \right)$. Daquela $x_{0}\lt b-1$, ademais $ax_{0}+by_{0}=ab-a-b$, entón $a(x_{0}+1)=ab-by_{0}-b=b\left( a-y_{0} -1\right)$. Polo que $b$ divide a este último primeiro membro, agora ben, como $a$ e $b$ son coprimos, só pode darse o caso de que $b$ sexa divisor de $x_{0}+1$. Daquela existirá un enteiro $s$ tal que $x_{0}+1=bs$ o que entra en contradición con que $ x_{0}+1 \lt b$. Con isto concluímos tamén que os $4$ vértices son os únicos puntos de $P$ que están no reticulado enteiro $\mathbb{Z}\times \mathbb{Z}$. 

Calculemos a área de $P$. Con este fin escollemos os vectores $\overrightarrow{AB}=\left( b,-a \right)$ e $\overrightarrow{BC}=\left( b-1,-1 \right)-\left( b,0 \right)=\left( -1-1 \right)$ e calculamos o valor absoluto do determinante formado por eses vectores: $$área(P)=\left| \left| \begin{matrix} b & -a \\ -1& -1 \end{matrix} \right| \right|=\left| -b-a \right|=a+b$$

Por fin vou desvelar a necesidade de todas as divagacións anteriores. Imos aplicarlle o teorema de Pick ao polígono $P$!. Por se alguén non lembra o que di este teorema, recórdollo:

Teorema de Pick. Sexa $S$ un polígono con vértices no retículo. Entón $$A(S)=I(S)+\frac{F(S)}{2}-1$$ onde $A(S)$ é a área, $I(S)$ indica os puntos retículo no interior de $S$ e $F(S)$ representa os puntos do retículo que están na fronteira do polígono

Unha demostración deste teorema pódese encontrar no libro de Ross Honsberger El ingenio en las matemáticas (Editorial Euler, 1994). Despois da bomba, continuamos. Das liñas anteriores temos que $A(P)=a+b$ e $F(P)=4$, aplicando o teorema de Pick obtemos que $I(P)=a+b-1$

Consideremos agora as rectas $r_{i}:ax+by=ab-a-b+i$ con $i=1,2,...,a+b-1$. Son un total de $a+b-1$ rectas. Veremos que cada unha delas contén exactamente un dos puntos de $I(P)$.

Antes de nada pensemos nun par de cousas. A primeira: estas rectas, paralelas entre si, están todas comprendidas entre $r_{CD}$ e $r_{AB}$. Cando imos aumentando o valor de $i$ iremos obtendo cada vez rectas colocadas "máis arriba" en todo ese feixe que se observa na imaxe.

A segunda consideración: dado $\left( x_{0},y_{0} \right)$ un punto calquera de $I(P)$, como é un punto do retículo ( e de coordenadas positivas) , resulta que $ax_{0}+by_{0}$ vai dar un resultado positivo. Con isto quero dicir que ten bastante sentido que estes puntos sexan cubertos polas rectas $r_{i}$.

Imos co prometido e demostremos que hai unha correspondencia biunívoca entre os puntos de $I(P)$ e estas rectas. Para iso, supoñamos que hai unha recta $r_{i}$ que contén dous puntos do retículo $\left( x_{1},y_{1} \right)$ e $\left( x_{2},y_{2} \right)$. Daquela verificarán 

$$ax_{1}+by_{1}=ax_{2}+by_{2}=ab-a-b+i$$

Con $0\le x_{1},x_{2}\le b$ e $0\le y_{1},y_{2}\le a$, ademais $x_{1}\neq x_{2}$ e $y_{1}\neq y_{2}$ pero $$a\left( x_{1} -x_{2}\right)=b\left( y_{2}-y_{1} \right)$$

Como $b$ divide ao primeiro membro e $a$ e $b$ son coprimos, $b$ debe dividir a $x_{1} -x_{2}$, entón existirá un enteiro $s$ tal que $x_{1} -x_{2}=sb$ que é contraditorio coa restricción  $0\le x_{1},x_{2}\le b$. En conclusión, cada recta $r_{i}$ contén como moito un punto de $I(P)$. Aplicando o principio do pombal, sabemos que todas as rectas deben conter exactamente un deses puntos.

Para rematar. Na entrada anterior xa viramos que as rectas $r:ax+by=c$ con $c\ge ab$ teñen polo menos un punto do retículo positivo. Agora acabamos de ver que as rectas $r_{i}$ teñen exactamente un e que a recta $r_{AB}$ contén a dous. Finalmente a recta $r_{CD}:ax+by=ab-a-b$ non contén ningún punto da retícula positiva. En conclusión $ab-a-b$ é o maior valor para o que a expresión $ax+by$ non toma valores na retícula de puntos de coordenadas positivas.

luns, 19 de outubro de 2026

Problema dos selos de Frobenius (1)

Todos coñecemos a Frobenius, seguramente en referencia ao teorema de Rouché-Frobenius, que forma parte da materia de Matemáticas II de 2º de Bacharelato:

Teorema de Rouché-Frobenius. Sexa $A\in \mathfrak{M}_{m\times n}$ (unha matriz $m\times n$), a matriz de coeficientes dun sistema de ecuacións lineares, sexa $X\in \mathfrak{M}_{n\times 1}$ o vector de incógnitas e $B\in \mathfrak{M}_{m\times 1}$ o vector de termos independentes. Así $AX=B$ representa un sistema de $m$ ecuacións e $n$ incógnitas. Finalmente sexa a matriz ampliada $A^{*}=(A|B)\in \mathfrak{M}_{m\times (n+1)}$. Daquela

O sistema é compatible $\Longleftrightarrow rang(A)=rang(A^{*}) $ 

É ben curioso que este resultado reciba distintas denominacións polo mundo adiante, atribuíndose en cada unha delas a autoría a persoas distintas. Parece ser que Eugène Rouché (1832-1910)  publicou no 1875 un artigo no que enuncia o xerme do teorema anterior. Ese mesmo ano Georges Fontenè (1848-1923) dá non só unha nova versión, senón que engade tamén unha demostración. No 1880 Rouché publica unha versión máis traballada do seu artigo. Uns anos despois Alfredo Capelli (1885-1910) fai uso do concepto de rango para dar unha nova versión do teorema. Aínda outra máis viría da man de Leopold Kronecker (1823-1891) e finalmente un alumno seu, Ferdinand Georg Frobenius (1849-1917) publica un artigo co teorema recoñecendo a autoría aos matemáticos franceses. Que nos países de fala hispana sexa coñecido como teorema de Rouché-Frobenius débese a Julio Rey Pastor (1888-1962).

O problema dos selos de Frobenius

Despois desta innecesaria digresión recollida de Pimedios, presentamos o problema de Frobenius:

Problema de Frobenius. Dados os números naturais $a_{1},a_{2},...,a_{n}$ de máximo común divisor $1$, determinar o maior natural que non pode poñerse como combinación linear deles.

O problema permanece aberto cando temos $3$ ou máis números . O caso con dous números, resolto por James Joseph Sylvester (1814-1897) será o que abordaremos aquí. 


Problema dos selos de Frobenius.
Supoñamos que os selos de correos teñen unicamente dous valores,  $a$ e $b$, con $a$ e $b$ coprimos. Dispoñemos dunha cantidade ilimitada de selos de ambos tipos. Trátase de determinar cal é a maior cantidade que non pode ser obtida facendo uso deses selos.


A primeira cuestión que nos asalta é sobre a necesidade de que $a$ e $b$ teñan que ser coprimos. Se non o fosen, pensemos por exemplo no caso $a=2$ e $b=4$. Non poderiamos obter nunca resultados impares. Pola contra

Teorema 1. Se $a$ e $b$ son coprimos, a cantidade de sumas que non se pode conseguir usando selos deses dous valores é finita.

Un dos nosos obxectivos será o de presentar unha (fermosa) demostración deste teorema. Para irlle collendo o sabor á cuestión, resolvamos primeiro un caso particular.

Sempre xuntos

 

Problema dos selos de Frobenius.Caso concreto. Dispoñemos de selos de correos de só dous valores, $4$ e $7$ céntimos. Cal é a maior cantidade que non pode ser obtida facendo uso deses selos? 


Sempre podemos facer un intento de abordar o problema pola forza bruta. Iso si, se o facemos con algo de orde e sistematicamente veremos que podemos chegar a algunha primeira conxectura.

a\b 0 1 2345
0 0 714 21 28 35
1 41118 25 32 39
2 81522 29 36 43
3 121926 33 40 47
4 162330 37 45 51
5 202734 41 49 55

Repasando a táboa cun pouco de atención decatarémonos de que a partir do $18$ van ir aparecendo todos os naturais. Velaí que o maior número que non podemos construír co $4$ e o $7$ é o $17=4 \cdot 7-4-7$. En xeral verificarase o seguinte teorema:

Teorema 2. Dados dous naturais coprimos $a$ e $b$, a maior cantidade que non podemos conseguir mediante unha combinación linear deles é $a\cdot b-a-b$

Pasemos a demostrar estes teoremas.

Demostración do Teorema 1

A demostración do Teorema 1 recólloa dun libro que é un goce en cada unha das súas páxinas, Beautiful Mathematics (MAA 2011) de Martin Erickson. Alí, despois deste resultado, Erickson demostra outros relacionados co problema usando funcións xeneradoras. O que trasladamos aquí vai por outro camiño, un que me parece especialmente fermoso e sorprendente, pois fai uso de ténicas de xeometría analítica moi básicas, tanto que están ao nivel do que se pide na ESO. Aínda hai outra sorpresa máis. A demostración comeza facendo uso do lema de Bezout:

Lema de Bezout. Sexan $a$ e $b$ enteiros e sexa $d$ o seu máximo común divisor. Entón existirán $x$ e $y$ enteiros tales que $ax+by=d$

No noso caso $a$ e $b$ son coprimos, daquela existen outros enteiros $x_{0}$ e $y_{0}$ de forma que $$ax_{0}+by_{0}=1\quad \quad [1]$$ Por exemplo, para caso particular proposto de $a=4$ e $b=7$, os valores de $x_{0}$ e $y_{0}$ serán respectivamente $2$ e $-1$. Así escribiremos acertadamente que $2\cdot 4 - 1 \cdot 7 = 1$ Reparemos que un dos valores é negativo. Confirmamos, xa que logo, que en xeral $x_{0}$ e $y_{0}$ non teñen por que ser positivos.

Sexa $c\gt ab$, imos ver que existen naturais (positivos) $x$ e $y$ tales que $ax+by=c$. Aquí quería facer unha observación terminolóxica. Os puntos de $\mathbb{Z}^{2}\subset \mathbb{R}^{2}$ reciben en inglés o nome de "lattice points". En galego o termo que usaremos será o de "puntos da retícula". 

Se multiplicamos identidade [1] por $c$ temos que $acx_{0}+bcy_{0}=c$. Isto significa que a recta $r:\,  ax+by=c$ contén un punto da retícula, o punto $\left( cx_{0} , cy_{0}\right)$.  Pero, como xa advertimos anteriormente, non temos asegurado que esas coordenadas sexan positivas. De feito, posiblemente non o sexan. Pero poderemos buscar outro punto desa mesma recta que si teña coordenadas naturais (enteiras e positivas). Para iso faremos un estudo da recta $r:\,  ax+by=c$. Lembremos que $a, b, c\gt 0$. O vector director de $r$ é $\overrightarrow{v_{r}}=\left( -b,a \right)$ e a súa pendente $m=-\frac{a}{b}\lt 0$. Velaí que $r$ é decrecente. Ademais corta aos eixos de coordenadas en valores positivos $\left( \frac{c}{a},0 \right)$ e $\left( 0,\frac{b}{a} \right)$. Un debuxo axudaranos a entender mellor a situación.


A distancia entre os puntos de corte da recta $r$ cos eixos: $\sqrt{\left( \frac{c}{a} \right)^{2}+\left(\frac{c}{b}  \right)^{2}}$

Dado o punto de $r$ de coordenadas enteiras  $\left( cx_{0} , cy_{0}\right)$ podemos ir achando outros puntos da recta que tamén pertenzan á retícula desprazándonos $b$ unidades en horizontal e $a$ unidades en vertical. Disto sacamos dúas conclusións. Unha, que a distancia entre dous puntos da recta consecutivos con coordenadas enteiras distan entre si $\sqrt{a^{2}+b^{2}}$ unidades. E dúas: calquera outro punto de $r$ de coordenadas enteiras terá a forma $(cx_{0}+bt,cy_{0}-at)$ con $t\in \mathbb{Z}$.

Como partimos de que $c\gt ab$ temos que $\frac{c}{ab}\gt 1$. Multiplicando ambos membros da desigualdade por $\sqrt{a^{2}+b^{2}}$ temos que

$$\frac{c}{ab}\sqrt{a^{2}+b^{2}}\gt \sqrt{a^{2}+b^{2}}$$

$$\sqrt{\left( \frac{c}{b} \right)^{2}+\left( \frac{c}{a} \right)^{2}}\gt \sqrt{a^{2}+b^{2}}$$

A distancia entre dous puntos consecutivos de $r$ pertencentes á retícula é menor que o segmento de $r$ que está no primeiro cuadrante. En conclusión, ten que haber un punto de $r$ con ambas coordenadas positivas, que era o que queriamos demostrar.

Como a lonxitude desta entrada vai sendo considerable, deixaremos para a seguinte a demostración do Teorema 2. Será unha demostración que garda unha sorpresa fantástica.

martes, 29 de setembro de 2026

A selección natural de exercicios (e 2)

Na entrada anterior xa adiantaba que resolvería o seguinte exercicio:

Exercicio 1. Determina o ángulo que forman as funcións $f(x)=\sqrt{1-x^{2}}$ e $f'(x)$ no punto de corte.

Respecto doutros deste mesmo tipo, este ten a orixinalidade de que non se dan dúas funcións, senón só unha (e a súa derivada). A curiosidade lévanos a determinar esa derivada:

$f'(x)=-\frac{x}{\sqrt{1-x^{2}}}$

Achemos o punto de corte de $f$ e $f'$:

$\sqrt{1-x^{2}}=-\frac{x}{\sqrt{1-x^{2}}}$

$1-x^{2}=-x$

$x^{2}-x-1=0$

Chegamos a unha ecuación cadrática ben famosa, a que ten como solucións  $x_1=\phi=\frac{1+\sqrt{5}}{2}$, o número áureo, e $x_2=\frac{1-\sqrt{5}}{2}=-\frac{1}{\phi}$. Desbotamos a primeira e quedámonos coa segunda. A razón está en cal é o punto de corte de $f$, a semicircunferencia superior de raio $1$  e $f'$ 




$$f(\frac{-1}{\phi})=\sqrt{1-\frac{1}{\phi^{2}}}=\sqrt{\frac{\phi^{2}-1}{\phi^{2}}}=\sqrt{\frac{\phi}{\phi^{2}}}=\sqrt{\frac{1}{\phi}}=f'\left( \frac{1}{\phi} \right)=tan\alpha$$
Para calcular a pendente da recta tanxente a $f'$ temos que calcular a súa derivada $f''$:
$$f''(x)=-\frac{\sqrt{1-x^2}+\frac{x^2}{\sqrt{1-x^2}}}{1-x^2}=-\frac{1-x^2+x^2}{\left( 1-x^2 \right)\sqrt{1-x^2}}=-\frac{-1}{\left( 1-x^2 \right)^{\frac{3}{2}}}$$
$$f''(-\frac{1}{\phi})=-\frac{1}{\left( 1-\frac{1}{\phi^2} \right)^{\frac{3}{2}}}=-\frac{1}{\left( \frac{\phi^2-1}{\phi^2} \right)^{\frac{3}{2}}}=-\frac{1}{\left( \frac{1}{\phi} \right)^{\frac{3}{2}}}=-\phi^\frac{3}{2}=-\sqrt{\phi^3}=-\phi\sqrt{\phi}=tan\beta$$
Sexa $\gamma=\alpha - \beta$:
$$tan\gamma=tan\left( \alpha-\beta \right)=\frac{tan\alpha-tan\beta}{1+tan\alpha\cdot tan\beta}=\frac{\frac{1}{\sqrt{\phi}}+\phi\sqrt{\phi}}{1-\frac{1}{\sqrt{\phi}}\phi\sqrt{\phi}}=\frac{\frac{1+\phi^2}{\sqrt{\phi}}}{1-\phi}=\frac{\phi+2}{\sqrt{\phi}\left( 1-\phi \right)}$$

Como despois de achar esta alfaia estou seguro de que as ansias de seguir pescudando un tesouro non fixeron outra cousa que incrementarse, regalaremos un par de exercicios máis.

Exercicio 2. Determina o ángulo que forman as funcións $f(x)=cosx$  e  $g(x)=tanx$ no primeiro punto de corte despois da orixe.

Exercicio 3. Determina o ángulo que forman as funcións $f(x)=senhx$  e  $g(x)=cothx$ no primeiro punto de corte despois da orixe.

martes, 22 de setembro de 2026

A selección natural de exercicios (1)

Segundo o principio da selección natural, aqueles organismos mellor adaptados ao medio serán os que sobrevivan fronte a outros que acaban desaparecendo. Do mesmo xeito aqueles exercicios que aparecen nos libros de texto son o que teñen máis posibilidades de reproducirse nas aulas de Matemáticas. En particular, como as aulas de 2º de bacharelato só en parte están orientadas ao ensino, na medida en que funcionan como unha academia para preparar a selectividade, os exercicios destas probas teñen asegurado o seu espazo. Daquela, dependendo da orientación que lle vaian dando os grupos de traballo, veremos tamén como cambian os tipos de exercicios que o profesorado levamos á aula. 

PAAU 2020. Convocatoria ordinaria. Exercicio 3. Determine os valores de b e c para que a función $$f(x)= \left\{ \begin{array}{cl} e^{2x} & se \ x \leq 0 \\ x^{2}+bx+c & se \ x > 0 \end{array} \right.$$   sexa primeiro continua e logo derivable, en x=0

Imos dar a solución do exercicio seguindo as indicacións do grupo de traballo das PAU. 

Como $\displaystyle \lim_{x \to 0^{-}} f(x)=\displaystyle \lim_{x \to 0^{-}}e^{2x}=1=e^{0}=1$. para que $f$ sexa continua en $x=0$ o límite pola dereita ten que ser so mesmo: $\displaystyle \lim_{x \to 0^{+}} f(x)=\displaystyle \lim_{x \to 0^{+}}x^{2}+bx+c=c=1$. Daquela $f$ será continua cando $c=1$ 
En canto á derivabilidade, como para que $f$ o sexa en $x=0$, debe ser necesariamente continua, partiremos de que $c=1$: $$f(x)= \left\{ \begin{array}{cl} e^{2x} & se \ x \leq 0 \\ x^{2}+bx+1 & se \ x > 0 \end{array} \right.$$ Derivamos: $$f'(x)= \left\{ \begin{array}{cl}2 e^{2x} & se \ x < 0 \\ 2x+b & se \ x > 0 \end{array} \right.$$ Pasemos a calcular os límites laterais da derivada na orixe:$\displaystyle \lim_{x \to 0^{-}} f'(x)=\displaystyle \lim_{x \to 0^{-}}2e^{2x}=2$. Como o $\displaystyle \lim_{x \to 0^{+}} f'(x)=\displaystyle \lim_{x \to 0^{+}}2x+b=b$, para que a función sexa derivable no cero, $b=2$ (e $c=1$).
Unha vez rematado este repaso pode que haxa quen quede satisfeito pero a min quédame unha molestia no corpo, unha intranquilidade que vén do ensino das matemáticas que eu mesmo recibín. Aquí hai algo que proe: dá a impresión que se unha función $f$ é derivable, parece que esta derivada, $f'$, ten que ser necesariamente continua e resulta que isto non é certo. A mellor forma de certificalo é dando un deses marabillosos contraexemplos dos que está inzado o cálculo diferencial. 
As inconsistencias e os exemplos mostruosos que comezaron a abrollar no cálculo no transcurso do XIX acabaron derivando nunha análise moito máis profunda e demorada desta rama das matemáticas. É o cocñecido proceso histórico da aritmetización do cálculo da que Karl Weierstrass foi figura destacada. Agora aquí toca traer un deses exemplos cos que no primeiro ano da carreira se comeza a enxergar a profunza fermosura das matemáticas.$$ f(x)=\left\{\begin{matrix} x^2sen(\frac{1}{x}) \ se\quad x\neq 0 \\0 \quad \quad se \ x=0 \end{matrix}\right.$$  
Podemos comprobar que a seguinte expresión é a súa derivada:$$ f'(x)=\left\{\begin{matrix} 2xsen(\frac{1}{x})-cos(\frac{1}{x}) \ se\ x\neq 0 \\0 \quad \quad \quad \quad \quad \quad se \ x=0 \end{matrix}\right.$$  
En efecto, $f$ é derivable en $x=0$: $$f'(0)=\displaystyle \lim_{x \to 0}\frac{f(x)-f(0)}{x-0}=\displaystyle \lim_{x \to 0}\frac{x^{2}sen\left ( \frac{1}{x} \right )}{x}=\displaystyle \lim_{x \to 0}xsen(\frac{1}{x})=0$$  
Porén $f'$ non pode ser continua na orixe porque $cos(\frac{1}{x}) $ oscila brutalmente no entorno do $0$. 
Á esquerda da imaxe vemos a gráfica de $f$ limitada polas funcións punteadas $\pm x^2$ e á dereita a gráfica da derivada, $f'$  
En conclusión, o profesorado de matemáticas de 2º de bacharelato estamos contribuíndo a espallar unha idea falsa entre o alumnado por traballar un tipo de exercicios que se desde a CIUG puxeron de moda desde hai uns poucos anos. 
Fronte a isto vou contrapoñer outro modelo de exercicios que nunca vin nin na selectividade, nin tan sequera nos libros de texto. Non vou ser orixinal, porque recollo o exercicio de entre os que me propuxeran a min cando era estudante de 3º de BUP. Lembro perfectamente que me impresionara moi positivamente, en primeiro lugar pola súa dificultade. Non fóra quen de abordalo. Con todo, quedara encantado con el porque  me decatara inmediatamente de que usando a mesma técnica podía calcular o ángulo que forman dúas curvas que se cortan nun punto.

Exercicio de 3º de BUP. Determina o ángulo que forman as funcións $f(x)=x^2$ e $g(x)=\sqrt{x}$ no punto $(1,1)$

Un debuxo axuda a explicar o método de resolución.

Está claro que o ángulo buscado vén dado pola seguinte diferenza: $ \gamma =\alpha -\beta $. O que nos convén é usar unha fórmula trigonométrica, a da tanxente dunha diferenza de ángulos,  que forma parte do currículo de 1º de bacharelato e que daquela, cando se introduce na aula,  parece deses típicos ítems dos que nunca se vai botar man, unha desas cousas inútiles que fai máis difícil a existencia cando non forman parte do noso coñecemento e que nos levan a afirmar: que triste é a vida do que non sabe matemáticas!
$f'(x)=2x; \quad f'(1)=2=tan \alpha$
$g'(x)=\frac{1}{2\sqrt{x}}; \quad g'(1)=\frac{1}{2}=tan\beta$ É o momento de usar a citada fórmula:
$$tan\gamma=tan(\alpha-\beta)=\frac{tan\alpha-tan\beta}{1+tan\alpha \cdot tan\beta}=\frac{2-\frac{1}{2}}{1+2\frac{1}{2}}=\frac{3}{4}$$


Curiosamente o ángulo buscado é un ángulo agudo do triángulo pitagórico máis sinxelo, o de lados 3, 4 e 5, e que coñece todo albanel.
Para rematar deixo como regalo outro exercicio deste mesmo estilo que foi o que me moveu a escribir esta entrada pois ten unha pequena alfaia gardada. 
Se teño folgos, na seguinte entrada paso o traballo de escribir o $\LaTeX{}$ da solución; claro que, a quen chege ata aquí non lle paga a pena agardar pois calquera que entenda as anteriores liñas ben pode facelo por si mesmo.
Exercicio 1. Determina o ángulo que forman as funcións $f(x)=\sqrt{1-x^{2}}$ e $f'(x)$ no seu punto de corte.

xoves, 16 de xullo de 2026

Todos os camiños levan a Roma (e 2)

Na entrada anterior propoñíamos un problema sobre grafos. De entre todos os tipos de grafos, podemos concordar en que os máis simples son os denominados grafos camiño ou grafos lineares. O grafo linear de lonxitude $n$ denótase $P_{n}$. Ilustraremos a idea co grafo linear $P_{4}$:

Camiños nun grafo linear. Cantos camiños de lonxitude $k$ hai entre os vértices de $P_{4}$?

Trátase de determinar a matriz dos camiños de lonxitude $k$ de $P_{4}$. Nesa referida entrada xa explicaramos o camiño a seguir para obter a solución. Debemos comezar pola matriz de adxacencia do grafo: $$A=\begin{pmatrix} 0 & 1& 0& 0 \\ 1 & 0 & 1 & 0\\ 0 & 1 & 0 &1 \\ 0 & 0& 1& 0 \end{pmatrix}$$

A solución virá dada polas potencias da matriz de adxacencia. O elemento $(i,j)$ de $A^{k}$ indícanos o número de camiños de lonxitude $k$ entre os nodos $i$ e $j$. 

$A^{2}=\begin{pmatrix} 1 & 0&1 & 0\\ 0& 2 & 0 & 1\\ 1 & 0 & 2 & 0\\ 0 & 1 & 0& 1 \end{pmatrix}$ ; $A^{3}=\begin{pmatrix} 0 & 2& 0 & 1\\ 2& 0& 3 & 0\\ 0& 3& 0& 2\\ 1 & 0 &2 & 0 \end{pmatrix}$  ;   $A^{4}=\begin{pmatrix} 0 & 2 & 3&0 \\ 0& 5& 0&3 \\ 3& 0& 5&0 \\ 0 & 3& 0 & 2 \end{pmatrix}$   ;   $A^{5}=\begin{pmatrix} 0 & 5& 0 &3 \\ 5 & 0 & 8& 0 \\ 0& 8 & 0 & 5 \\ 3& 0& 5 & 0 \end{pmatrix}$

Curiosamente os elementos das matrices son vellos coñecidos. Efectivamente, son números da sucesión de Fibonacci (de aí o título da entrada: "Todos os camiños levan a Roma"; se para os de clásicas o centro do mundo se situa en Roma, os de matematemáticas caemos indefectiblemente na sucesisión argallada por Leonardo de Pisa). Volvamos a lembrar en que consiste a famosa sucesión:

$f_0$ $f_1$ $f_2$ $f_3$ $f_4$$f_5$ $f_6$ $f_7$ $f_8$ $f_9$ $f_{10}$ $f_{11}$ $f_{12}$ $...$ $f_k$
$0$ $1$ $1$ $2$ $3$$5$ $8$ $13$ $21$ $34$ $55$ $89$ $144$ $...$ $f_{k-1}+f_{k-2}$

Parece bastante evidente que as potencias pares seguen un patrón distinto das potencias impares. Seguindo a Martin Erickson en Beautiful Mathematics (MAA 2011)  conxecturaremos que:
Se $k$ é par: $A^{k}=\begin{pmatrix} f_{k-1} & 0&f_{k} & 0\\ 0& f_{k+1} & 0 & f_{k}\\ f_{k} & 0 & f_{k+1} & 0\\ 0 & f_{k} & 0& f_{k-1} \end{pmatrix}$
Se $k$ é impar: $A^{k}=\begin{pmatrix} 0 & f_{k}& 0 & f_{k-1}\\ f_{k}& 0& f_{k+1} & 0\\ 0& f_{k+1}& 0& f_{k}\\ f_{k-1} & 0 &f_{k} & 0 \end{pmatrix}$
Demostraremos por indución que este resultado é certo. Xa comprobamos máis arriba que o é para os valores de $k=1$, $k=2$, $k=3$, $k=4$ e $k=5$, algúns deles pares, outros impares. Supoñamos as fórmulas certas para un determinado valor $k$ e comprobaremos que serven para $k+1$.
Se $k$ é par: $A^{k+1}=A^{k}A=\begin{pmatrix} f_{k-1} & 0&f_{k} & 0\\ 0& f_{k+1} & 0 & f_{k}\\ f_{k} & 0 & f_{k+1} & 0\\ 0 & f_{k} & 0& f_{k-1} \end{pmatrix} \begin{pmatrix} 0 & 1& 0& 0 \\ 1 & 0 & 1 & 0\\ 0 & 1 & 0 &1 \\ 0 & 0& 1& 0 \end{pmatrix}=\begin{pmatrix} 0 & f_{k-1}+f_{k}& 0 & f_{k}\\ f_{k+1}& 0& f_{k+1}+f_{k} & 0\\ 0& f_{k}+f_{k+1}& 0& f_{k+1}\\ f_{k-1} & 0 &f_{k}+f_{k-1} & 0 \end{pmatrix}=$ $=\begin{pmatrix} 0 & f_{k+1}& 0 & f_{k}\\ f_{k+1}& 0& f_{k+2} & 0\\ 0& f_{k+2}& 0& f_{k+1}\\ f_{k} & 0 &f_{k+1} & 0 \end{pmatrix}$
Se $k$ é impar:
$A^{k+1}=A^{k}A=\begin{pmatrix} 0 & f_{k}& 0 & f_{k-1}\\ f_{k}& 0& f_{k+1} & 0\\ 0& f_{k+1}& 0& f_{k}\\ f_{k-1} & 0 &f_{k} & 0 \end{pmatrix} \begin{pmatrix} 0 & 1& 0& 0 \\ 1 & 0 & 1 & 0\\ 0 & 1 & 0 &1 \\ 0 & 0& 1& 0 \end{pmatrix}=\begin{pmatrix} f_{k} & 0&f_{k}+f_{k-1} & 0\\ 0& f_{k}+f_{k+1} & 0 & f_{k+1}\\ f_{k+1} & 0 & f_{k+1}+f_{k} & 0\\ 0 & f_{k-1}+f_{k} & 0& f_{k} \end{pmatrix}=$
$=\begin{pmatrix} f_{k} & 0&f_{k+1} & 0\\ 0& f_{k+2} & 0 & f_{k+1}\\ f_{k+1} & 0 & f_{k+2} & 0\\ 0 & f_{k+1} & 0& f_{k} \end{pmatrix}$


luns, 13 de xullo de 2026

Todos os camiños levan a Roma (1)

Non sei se agora se estuda algo de teoría de grafos no grao de Matemáticas. Na miña época non se tocaba ese tema, por iso eu non teño nin idea sobre o asunto. Con todo, como son algo atolondrado, non é esta a primeira entrada do blogue que leva a etiqueta "grafos". Ao meu favor teño que todas esas entradas son moi básicas pois nada hai que saber de teoría de grafos para poder seguilas sen dificultade. Velaquí un novo exemplo no que verificar esta afirmación. 

Vou poñer como referencia un texto de divulgación, En busca del grafo perdido (Ariel, 2021), escrito por Clara Grima. Nun dos seus capítulos, para explicar o que é a matriz de adxacencia dun grafo, recolle unha escena da película do 1997 O indomable Will Hunting (Good Will Hunting) na que un profesor do mítico MIT (Massachusetts Institute of Technology) propón o seguinte problema:

A matriz de adxacencia deste grafo será: $$ A=\begin{pmatrix} 0 & 1& 0& 1\\ 1& 0 &2 & 1 \\ 0 &2 & 0 & 0 \\ 1& 1& 0 & 0 \end{pmatrix} $$

Onde cada elemento $a_{ij}$ indica o número de arestas que conectan o vértice $i$ co vértice $j$. A propia matriz describe o número de camiño de lonxitude $1$ entre os vértices. Que pasa cos camiños de lonxitude $2$, isto é, os formados por dúas arestas?

O vértice $1$ pode conectarse consigo mesmo por medio de dúas arestas de dúas formas: $(1,2,1)$ e $(1,4,1)$. 

Ese mesmo vértice pode conectarse co vértice $2$ mediante un único camiño de lonxitude $2$: $(1,4,2)$. 

O vértice $1$ pode conectarse mediante dous camiños de lonxitude $2$ co vértice $3$: $(1,2,3)$ seguindo a aresta superior, e outro seguindo a aresta inferior.

Finalmente o vértice $1$ pode conectarse co vértice $4$ mediante un único camiño de dúas arestas, o camiño $(1,2,4)$

Resumindo, o número de camiños cos que o vértice $1$ pode conectarse con todos os vértices do grafo virá dado polos elementos da  fila $\begin{pmatrix} 2 & 1 & 2 &1 \end{pmatrix}$. Se fixeramos o mesmo co resto dos vértices obteriamos a seguinte matriz:$$A^{2}=\begin{pmatrix} 0 & 1& 0& 1\\ 1& 0 &2 & 1 \\ 0 &2 & 0 & 0 \\ 1& 1& 0 & 0 \end{pmatrix} \begin{pmatrix} 0 & 1& 0& 1\\ 1& 0 &2 & 1 \\ 0 &2 & 0 & 0 \\ 1& 1& 0 & 0 \end{pmatrix} =\begin{pmatrix} 2 & 1& 2& 1\\ 1& 6 &0 & 1 \\ 2 &0 & 4 & 2 \\ 1& 1& 2 & 2 \end{pmatrix} $$  

Efectivamente, os camiños de lonxitude $2$ virán indicados polos coeficientes da matriz $A^{2}$. En xeral os coeficientes de $A^{n}$ resolven o problema de determinar a cantidade de camiños de lonxitude $n$. Daquela, a solución da segunda pregunta do problema da película obtense así:

$$A^{3}=A^{2}A=\begin{pmatrix} 2 & 1& 2& 1\\ 1& 6 &0 & 1 \\ 2 &0 & 4 & 2 \\ 1& 1& 2 & 2 \end{pmatrix} \begin{pmatrix} 0 & 1& 0& 1\\ 1& 0 &2 & 1 \\ 0 &2 & 0 & 0 \\ 1& 1& 0 & 0 \end{pmatrix}=\begin{pmatrix} 2 & 7& 2& 3\\ 7& 2 &12 & 7 \\ 2 &12 & 0 & 2 \\ 3& 7& 2 & 2 \end{pmatrix}$$

Ben, ata aquí temos todos os vimbios para propoñer, e resolver, un problemiña.

Un problema simple

De entre todos os tipos de grafos, podemos concordar en que os máis simples son os denominados grafos camiño ou grafos lineares. O grafo linear de lonxitude $n$ denótase $P_{n}$. Ilustraremos a idea co grafo linear $P_{4}$:

Camiños nun grafo linear. Cantos camiños de lonxitude $k$ hai entre os vértices de $P_{4}$?

Trátase de determinar a matriz dos camiños de lonxitude $k$ de $P_{4}$. Para saborear o problema podemos abordar primeiro algúns casos máis simples. Poderiamos comezar estudando os camiños de $P_{2}$:

A matriz de adxacencia deste grafo será $A=\begin{pmatrix} 0 & 1 \\ 1 & 0 \end{pmatrix}$; como $A^{2}=\begin{pmatrix} 1 & 0 \\ 0 & 1 \end{pmatrix}=I$ teremos que :
$A^{k}=\begin{pmatrix} 0 & 1\\ 1 & 0 \end{pmatrix}=A$ se $k$ é impar e $A^{k}=\begin{pmatrix} 1 & 0 \\ 0 & 1 \end{pmatrix}=I$ se $k$ é par.
Que sucede no caso de $P_{3}$? Mirando o grafo
Vemos que a súa matriz de adxacencia é $A=\begin{pmatrix} 0 &1 & 0 \\ 1&0 & 1 \\ 0 & 1 & 0 \end{pmatrix}$  polo que $A^{2}=\begin{pmatrix} 1 &0 & 1 \\ 0&2 & 0 \\ 1 & 0 & 1 \end{pmatrix}$ ; $A^{3}=\begin{pmatrix} 0 &2 & 0 \\ 2&0 & 2 \\ 0 & 2 & 0 \end{pmatrix}=2\begin{pmatrix} 0 &1 & 0 \\ 1&0 & 1 \\ 0 & 1 & 0 \end{pmatrix}$;         $A^{4}=\begin{pmatrix} 2 &0 & 2 \\ 0&2 & 0 \\ 2& 0 & 2 \end{pmatrix}=2\begin{pmatrix} 1 &0 & 1 \\ 0&2 & 0 \\ 1 & 0 & 1 \end{pmatrix}$ ; $A^{5}=\begin{pmatrix} 0 &4 & 0 \\ 4&0 & 4 \\ 0 & 4 & 0 \end{pmatrix}=4\begin{pmatrix} 0 &1 & 0 \\ 1&0 & 1 \\ 0 & 1 & 0 \end{pmatrix}$;         $A^{6}=\begin{pmatrix} 4 &0 & 4 \\ 0&8 & 0 \\ 4& 0 & 4 \end{pmatrix}=4\begin{pmatrix} 1 &0 & 1 \\ 0&2 & 0 \\ 1 & 0 & 1 \end{pmatrix}$  
Xa se ve como vai continuar.
Agora é o momento de abordar o problema orixinal, o dos camiños de $P_{4}$. É o teu turno. Prométoche que ten premio. Nunha próxima entrada, darei a solución.

martes, 23 de xuño de 2026

A fórmula de Lehmer

De revisarmos as etiquetas das entradas deste blogue, comprobariamos que hai moitas con referencias ao número aúreo ou á sucesión de Fibonacci. A razón é ben evidente. Aquí tratamos matemáticas bonitas e non difíciles. Resulta que eses temas están adornados con estas condicións, consecuentemente volvemos a eles unha e outra vez. Sendo isto así estaría tentado a recoller ducias de resultados dalgún libro que trata estas cuestións como é o caso de Fibonaccci and Lucas Numbers with Applications (Wiley, 2011), escrito por Thomas Koshy e do que xa se editou un segundo tomo. Así e todo voume centrar nunha única fórmula polo extraordinaria que resulta ser. Koshy atribúella a D. H. Lehmer (1905-1991), incluso nos informa que data concretamente do 1936, cando Lehmer estaba na Universidade de Lehigh. Todos coñecemos a relación entre a sucesión de Fibonacci $\left\{ f_{n} \right\}$ e o número áureo $\phi$. No entanto a fórmula de Lehmer pon en relación a sucesión de Fibonacci con outro número ubicuo, o número $\pi$:

Fórmula de Lehmer. $$\sum_{n=1}^{\infty }arctan\frac{1}{f_{2n+1}}=\frac{\pi}{4}$$

Recordemos, unha vez máis, en que consiste a sucesión de Fibonacci:

$f_0$ $f_1$ $f_2$ $f_3$ $f_4$$f_5$ $f_6$ $f_7$ $f_8$ $f_9$ $f_{10}$ $f_{11}$ $f_{12}$ $...$ $f_n$
$0$ $1$ $1$ $2$ $3$$5$ $8$ $13$ $21$ $34$ $55$ $89$ $144$ $...$ $f_{n-1}+f_{n-2}$

Para poder deducir a fórmula precisaremos de dous lemas. O primeiro deles é ben coñecido, e xa o temos usado noutras entradas deste blogue. Trátase do:
Lema 1. Fórmula de Cassini. $f_{k+1}\cdot f_{k-1}-f_{k}^{2}=\left( -1 \right)^{n}$

A fórmula de Cassini é un lema do lema 2, pois empregarémola para demostralo. Trátase doutra fórmula:
Lema 2. $arctan\frac{1}{f_{2n+1}}=arctan\frac{1}{f_{2n}}-arctan\frac{1}{f_{2n+2}}$

A demostración é bastante natural. Calcularemos a tanxente do segundo membro e veremos que é $\frac{1}{f_{2n+1}}$. Para iso aplicamos a fórmula da tanxente dunha resta (lembrade as clases de 1º de bacharelato)
$$tan\left( \alpha-\beta \right)=\frac{tan\alpha-tan\beta}{1+tan\alpha \cdot tan\beta}$$
$$tan\left( arctan\frac{1}{f_{2n}}-arctan\frac{1}{f_{_{2n+2}}} \right)=\frac{\frac{1}{f_{2n}}-\frac{1}{f_{2n+2}}}{1+\frac{1}{f_{2n}}\cdot \frac{1}{f_{2n+2}}}=$$
$$=\frac{f_{2n+2}-f_{2n}}{f_{2n}f_{2n+2}+1}=\frac{f_{2n+1}}{f_{2n}f_{2n+2}+1}=(*)$$
Agora simplifaremos o deniminador por medio da fórmula de Cassini. Efectivamente, tomando $k=2n+1$ a fórmula de Cassini queda:
$$f_{2n+2}\cdot f_{2n}-f_{2n+1}^{2}=\left( -1 \right)^{2n+1}=-1$$
Despexando $f_{2n+1}^{2}$:
$$f_{2n+1}^{2}=f_{2n+1}\cdot f_{2n}+1$$
Continuamos e rematamos coa demostración do lema 2:
$$(*)=\frac{f_{2n+1}}{f_{2n+1}^{2}}=\frac{1}{f_{2n+1}}$$

Co lema 2 na faltriqueira a obteción da fórmula de Lehmer é un xogo infantil. En primeiro lugar calcularemos a serie de sumas parciais, que se simplifica moito porque se cancelan todos os termos agás o primeiro e mais o último:
$$\sum_{n=1}^{m}arctan\frac{1}{f_{2n+1}}=\sum_{n=1}^{m}\left( arctan\frac{1}{f_{2n}}-arctan\frac{1}{f_{2n+2}} \right)=$$ $$=arctan\frac{1}{f_{2}}-arctan\frac{1}{f_{2m+2}}=\frac{\pi}{2}-arctan\frac{1}{f_{2m+2}}$$
Para obter a suma da serie bastará con aplicar límites:
$$\sum_{n=1}^{\infty }arctan\frac{1}{f_{2n+1}}=\lim_{m \to \infty }\left( \sum_{n=1}^{m}arctan\frac{1}{f_{2n+1}} \right)= \lim_{m \to \infty } \left( \frac{\pi}{4}-arctan\frac{1}{f_{2m+2}} \right)=\frac{\pi}{4}-arctan \, 0=\frac{\pi}{4}$$
A serie comeza con $m=1$, isto significa que o primeiro sumando é o arcotanxente do inverso de $f_3$. Porén, se quixermos obter a suma de todos os arcotanxentes dos inversos dos termos impares da sucesión de Fibonacci só teriamos que engadir un termo, $arctan\frac{1}{f_{1}}=arctan1=\frac{\pi}{4}$. Deste xeito, a suma completa daría $\frac{\pi}{2}$:
$$\frac{\pi}{2}=arctan\frac{1}{1}+arctan\frac{1}{2}+arctan\frac{1}{5}+arctan\frac{1}{13}+arctan\frac{1}{34}+arctan\frac{1}{89}+...$$

luns, 15 de xuño de 2026

Unha elipse e un círculo. Un cadrado e unha semicircunferencia

 Se dixera de onde recollín este problema seguramente saberías a solución sen ter que darlle ningunha volta. Daquela, como na entrada anterior, non revelarei ata o final a orixe desta proposta. Agora ben, como non vou revelalo ata o final, seguramente saberás cal é a solución.

Unha elipse e un círculo. Consideremos a elipse de semieixos $a$ e $b$. Pídese determinar para que valor da razón $\frac{b}{a}$ o círculo que pasa polos seus focos ten a mesma área que a elipse.


A cuestión é de resolución tan sinxela que non merecería espazo algún. Con todo, como este blogue non ten entre os seus méritos desprezar ningún razoamento, por simple que poida parecer, velaquí vai a solución:

A área da elipse é $\pi a b$, a do círculo será $\pi c^{2}$ onde $c^{2}=a^{2}-b^{2}$. Igualando as áreas: $$\pi ab=\pi c^{2}=\pi\left( a^{2}-b^{2} \right)$$

$$ ab=a^{2}-b^{2}$$

Dividindo por $a^{2}$: $$\frac{b}{a}=1-\frac{b^{2}}{a^{2}}$$ $$\frac{b^{2}}{a^{2}}+ \frac{b}{a}-1=0$$

Esta coñecida ecuación ten como solución positiva o número áureo $\phi=\frac{1+\sqrt{5}}{2}$

Por certo, noutra ocasión xa aparecera por este blogue un problema tan semellante a este que poderiamos dicir que son equivalenten. Trátase do problema 8 da entrada Problemas consecutivos

Finalmente, tal e como prometín, desvelo a fonte da que obtiven esta bonita cuestión. Trátase do libro de Hans Walser, The Golden Section (MAA 2001). De paso, aproveito a ocasión para recoller deste mesmo libro outro problema:

Cadrado inscrito nunha semicircunferencia. Tal e como se observa na figura, inscribimos un cadrado nunha semiciecunferencia. Pídese a razón AC/AB.

martes, 2 de xuño de 2026

Dous triángulos

Ben sabemos que para que tres números positivos $a$, $b$ e $c$ non sempre poden ser as lonxitudes dos lados dun triángulo. Para que poidan dedterminalo ten que verificarse que a suma de dous deles debe ser maior có outro. De forma ben natural, xorde o seguinte problema:

Dous triángulos. Un triángulo ten lados $a\gt b\gt c$. Un segundo triángulo ten lados $\frac{1}{c}\gt \frac{1}{b}\gt \frac{1}{a}$. Determina tanto o límite inferior como o superior da razón $\frac{a}{c}$ para que poidan existir eses dous triángulos.

Polo comentado anteriormente: $a\lt b+c \Rightarrow a-c\lt b$

Análogamente: $\frac{1}{c}\lt \frac{1}{a}+\frac{1}{b}\Rightarrow \frac{1}{c}-\frac{1}{a}\lt \frac{1}{b}$

Multiplicando as expresións anteriores e operando:

$$\left( a-c \right)\left(  \frac{1}{c}-\frac{1}{a}\right)\lt b\frac{1}{b}$$

$$\left( a-c \right)\left(  \frac{a-c}{ac}\right)\lt 1$$

$$\left( a-c \right)^{2}\lt ac$$

$$a^{2}-3ac+c^{2}\lt 0$$

$$\left( \frac{a}{c} \right)^{2}-3\frac{a}{c}+1\lt 0$$

Sexa $x=\frac{a}{c}$, daquela temos a inecuación cuadrática $x^{2}-3x+1\lt 0$

As solucións da ecuación asociada $x^{2}-3x+1 =0$   son

$$x_{1}=\frac{3+\sqrt{5}}{2}=\phi^{2}\quad \quad x_{2}=\frac{3-\sqrt{5}}{2}=\frac{1}{\phi^{2}}$$

Onde $\phi$ é o número áureo. Entón podemos reescribir a inecuación así:

$$\left( x-\phi^{2} \right)\left( x-\frac{1}{\phi^{2}} \right)\lt 0$$

Polo que un dos dous factores debe ser postivo e o outro negativo. Como $\phi^{2}\gt \frac{1}{\phi^{2}}$, o primeiro dos factores debe ser o negativo e o segundo o positivo. En conclusión:

$$\frac{1}{\phi^{2}}\lt x=\frac{a}{c}\lt \phi^{2}$$

Tanto a solución como o problema recollinos do libro The Divine Proportion, (Dover Publications, 1970) de H. E. Huntley, só que cunha pequena excepción, que alí só piden un límite superior. Tiven a pequena maldade de non comentar ao principio cal era a referencia para que o lector non soubese, de principio, por onde caían os tiros.

mércores, 20 de maio de 2026

O círculo que mola

Hai uns meses un compañeiro, taménm profesor de matemáticas, recomendárame ver A serie clopen, o proxecto do Centro Dramático Gaglego (CDG) que se estaba representando nesa altura. A recomendación viña, en concreto, da conexión da obra coas matemáticas. Como a min me gusta tanto esa ciencia como o teatro, tiven o firme propósito de ir ver o espectáculo. Porén, unhas veces por unha cousa e outras veces por outra, non fun quen de dar co momento de acudir a unha representación. Resulta que o director escénico desta obra do CDG, Pablo Reboleiro, é o mesmo que está detrás deste vídeo que promete ser o primeiro dunha serie na que, facendo uso das artes escénicas, presentan ideas matemáticas. Para min unha doce e gorentosa sorpresa da que vou destacar sobre todo unha cousa: que está en galego. Isto non é raro no mundo do teatro pero si dentro do ámbito da transmisión das matemáticas. Esta estrañeza ten unha razón fundamental, a prohibición do uso do galego no ensino non universitario establecida no funesto decreto 79/2010. Esta prohibición afecta a este vídeo, na medida en que se pode entender como unha ferramenta para o ensino das matemáticas, en consecuencia (repárese no disparate!) é un material prohibido polo apartado 13.1 do citado decreto de exclusión da lingua galega que di que

 Os materiais e libros de texto das materias impartidas [...]  en castelán [como as matemáticas] estarán redactados na lingua en que se imparta a materia.

Diante desta evidencia vese, espido, o monstruo de radicalidade que senta nas cadeiras do goberno galego que é o menos galego dos gobernos, do que aquí damos evidencia constatable. Para colmo do disparate, a iniciativa, que ten o título de "As mates tamén molan", conta coa colaboración da propia Xunta (!) por medio do financiamento NextGenerationEU. Daqula, xa sabemos cal é a forma do monstruo, un ouróboros devorándose a si mesmo. Este é un círculo que non mola. 

Noutra orde de cousas, Pablo Reboleiro, preséntasenos aquí baixo un perfil youtubeiro, asinando como @pr2, o que nos leva directamente á área do círculo, $\pi r^{2}$ . El preséntase como actor, artista de circo, pallaso e director escénico. "As mates tamén molan" forman parte dos proxectos da compañía de teatro da que Pablo Reboleiro é fundador, Pista Catro. Se ademais sabemos que el é profesor de secundaria e licenciado en Matemáticas, a carreira por excelencia dos pallasos, vemos agora como se pecha o círculo. Este círculo si que mola.

Non deixes de visitar a canle de @pr2

domingo, 17 de maio de 2026

Denuncia da prohibición do uso do galego no ensino das matemáticas

Coñecín a Macías López, profesor de matemáticas, a raíz dun boletín que publicara cando estaba impartindo clase no Porto do Son. Tratábase da Revista Lambda, unh publicación onde podemos achar diversos artigos divulgativos sobre esta ciencia adicados a temas tan diversos como o cubo de Rubik, a banda de Möebius ou ao autor da Carta Xeométrica, Domingo Fontán. 

Neste vídeo, a coñecida activista da lingua, Mercedes Queixas, faille unha pequena entrevista a Macías na que se denuncia a prohibición de impartir aulas de matemáticas en galego. Só un escuro radicalismo antigalego pode seguir sustentando a exclusión da nosa lingua nas aulas, pois é practicamente o único reducto normalizador con visos de efectividade que nos queda a man nun momento de grave retroceso no uso do galego.

domingo, 10 de maio de 2026

Outra vez a ecuación cúbica

Cada vez que me vén á cabeza a figura de Gerolamo Cardano (1501-1576) sáeme un sorriso ao lembrarme da súa autobiografía, Mi vida (Alianza Editorial, 1991). Recoméndollo a todo o mundo pois léndoo un decátase do extravagante que foi o personaxe. 

O ano 1565 é unha desas datas clave na historia das matemáticas por ser cando Cardano publica o Ars Magna, o libro onde dá conta da resolución da ecuación cúbica e da cuártica así como do periplo para chegar a este achádego. Que Cardano nos ofrecera esas solucións non significa que as portas quedasen pechadas neste ámbito. Noutra entrada (Bombelli, máis que complexos) xa comentaramos unha idea alternativa de Bombelli para tratar o problema da cúbica. Sobre esta mesma cuestión imos comentar outra achega, neste cado de Frans van Schooten (1615-1660).

Recorte do libro de van Schooten
van Schooten foi un matemático holandés que traduciu ao latín a Xeometría de Descartes. Con este texto como piar, montou todo un equipo de investigación co que desenvolveu e difundiu a nova xeometría analítica. O seu alumno máis aventaxado sería Christiaan Huygens (1629-1695). 

No ano 1646 van Schooten publica De organica conicarum sectionum in plano descriptione, tractatus. Xa enxergamos polo seu título que se trata dun tratado sobre cónicas pero o que nos interesa a nós é que contén un apéndice sobre a resolución das ecuacións de terceiro grao. Souben disto a partir dunha revista de nome evocador, Chalkdust Magazine, nun artigo asinado por Elinor Flavel, que vou debullar de seguido. Daquela, podes ir ao artigo e pasar de ler as seguintes liñas. Con todo non vou fusilar directamente o artigo senón que o procurarei contar á miña maneira.

É ben sabido que cando se afronta a resolución dunha cúbica: $$Az^{3}+Bz^{2}+Cz+D=0$$ convén realizar o seguinte cambio $$z=x-\frac{B}{3A}$$

pois así chegamos a unha cúbica reducida, isto é, unha ecuación cúbica sen termos cuadráticos: $x^3+px+q=0$

Nos tempos de van Schooten aínda non se asumiran os números negativos como algo natural polo que a anterior expresión remitía a varios casos segundo o signo dos valores dos coeficientes da ecuación. Consideraremos o caso no que ambos son negativos, o que daquela se escribiría, con $p$ e $q$ sempre positivos, cos correspondentes monomios pasados ao segundo membro: $$x^3=px+q$$

Co fin de facer un tratamento xeométrico da ecuación imos pegar un chimpo. Soltado o aviso, solto tamén o exabrupto: sexan $a$ e $b$ tales que $p=3a^{2}$ e $q=a^{2}b$. Con $a<2b$ (xa veremos o que significa esta desigualdade). A ecuación queda da forma $$x^{3}=3a^{2}x+a^{2}b$$Tracemos unha circunferencia de raio $a$. Sexa $FK$ un diámetro. Como $b<2a$, tomando $F$ como centro, se trazamos outra circunferencia de raio $b$, esta vai cortar á anterior nun punto $G$. Daquela $FG=b$

Trisecamos o ángulo $KFG$ cos segmentos  $FL=x$ ($x$?, por que lle chamamos $x$?) e $FI=c$ . Prolongamos estes segmentos ata $S$ e $T$ de forma que$LS=x$ e $IT=c$. Con esta construción obtemos tres triángulos isósceles semellantes: $FHL$, $FLS$ e $FIT$. A semellanza dá lugar ás seguintes igualdades: $$\frac{a}{x}=\frac{x}{c+2a}=\frac{c}{x+b}$$ Por unha banda temos:

$$ac+2a^{2}=x^{2}\Longrightarrow ac=x^{2}-2a^{2}\Longrightarrow c=\frac{x^{2}}{a}-2a$$

Por outra: $$\left( x+b \right)a=xc$$

Intentemos eliminar $c$ da expresión: $$\left( x+b \right)a=x\left( \frac{x^{2}}{a} -2a\right)=\frac{x^{3}}{a}-2ax=\frac{x^{3}-2a^{2}x}{a} $$

$$(x+b)a^{2} =x^{3}-2a^{2}x$$

$$ a^{2}x+a^{2}b=x^{3}-2a^{2}x$$

$$x^{3}=3a^{2}x+a^{2}b$$

Pero se esta é a ecuación coa que comezamos! Velaí que, efectivamente, $x=FL$ é a solución.

Quédanos por comentar o significado alxébrico da expresión $b<2a$ pois o xeométrico xa o sabemos: é o que nos permite trazar todo o debuxo anterior. Multipliquemos por $a^{2}$:

$$a^{2}b\lt 2a^{3}\Longrightarrow \frac{a^{2}b}{2}\lt a^{3}$$

Elevando ao cadrado: 

$$\left( \frac{a^{2}b}{2} \right)^{2}\lt a^{6}=\left( a^{2} \right)^{3}=\left( \frac{3a^{2}}{3} \right)^{3}$$

Escribimos agora o primeiro e o último termo en función de $p=3a^{2}$ e $q=a^{2}b$:

$$\left( \frac{p}{2} \right)^{2}\lt \left( \frac{q}{3} \right)^{3}\Longrightarrow \left( \frac{q}{3} \right)^{3}-\left( \frac{p}{2} \right)^{2}\gt 0$$

Isto é o discriminante da fórmula de Cardano!; ten que ser positivo para que poidamos obter unha solución (non complexa). Para comprobarmos esta afirmación en todo o seu esplendor lembraremos a fórmula de Cardano para as ecuacións da forma $x^{3}=px+q$

$$x=\sqrt[3]{\frac{q}{2}+\sqrt{\left( \frac{q}{2} \right)^{2}-\left( \frac{p}{2} \right)^{3}}}+\sqrt[3]{\frac{q}{2}-\sqrt{\left( \frac{q}{2} \right)^{2}-\left( \frac{p}{2} \right)^{3}}}$$

Todo funcionaría marabillosamente se non fose por un pequeno detalle. Lembremos que un dos primeiros pasos consistía en trisecar o ángulo $KFG$. Iso mesmo, a trisección dun ángulo, un deses problemas clásicos que son clásicos porque non hai que lle meta o dente.

xoves, 23 de abril de 2026

A razón dun problema de optimización. 2

Trátase de resolver o problema proposto na entrada anterior. Lembro que non só pedía a solución, senón a razón do problema. Velaquí o enunciado:

Triángulo circunscrito a unha semicircunferencia. Dada unha semicircunfencia de raio $1$ pídense as dimensións do triángulo isóscele de perímetro mínimo circunscrito á circunferencia.
Sexa $D(x,y)$, un punto calquera da semicircunferencia. Como $x$ e $y$ son os catetos dun triángulo rectángulo de hipotenusa $1$: $x^{2}+y^{2}=1$ e, polo tanto $y=\sqrt{1-x^{2}}$. Derivamos para obter a pendente da recta tanxente $AB$: $y'=\frac{-x}{\sqrt{1-x^{2}}}$
Introducimos agora o ángulo $\alpha$, resulta que $x=cos\alpha$. Daquela
$y'=\frac{-cos\alpha}{\sqrt{1-cos^{2}}\alpha}=\frac{-cos\alpha}{sen\alpha}$
O punto $D$ ten coordenadas $(sen\alpha, cos\alpha)$. Usámolo para obter a ecuación punto-pendente da recta tanxente á semicircunferencia en $D$:
$y-sen\alpha=\frac{-cos\alpha}{sen\alpha}\left( x-cos\alpha \right)=\frac{-cos\alpha}{sen\alpha}x+\frac{cos^{2}\alpha}{sen\alpha}$
Se $x=0$:  $y-sen\alpha=\frac{cos^{2}\alpha}{sen\alpha}$ $y=\frac{cos^{2}\alpha}{sen\alpha}+sen\alpha=\frac{cos^{2}\alpha+cos^{\alpha}}{sen\alpha}=\frac{1}{sen\alpha}$. Así obtemos as coordenadas de $A(0, \frac{1}{sen\alpha})$
Se $y=0$:   $-sen\alpha=\frac{-cos\alpha}{sen\alpha}x+\frac{cos^{2}\alpha}{sen\alpha}$ $\frac{-cos\alpha}{sen\alpha}x=-sen\alpha-\frac{cos^{2}\alpha}{sen\alpha}=\frac{-sen^{2}\alpha-cos^{2}\alpha}{sen\alpha}=\frac{-1}{sen\alpha}$
$x=\frac{1}{cos\alpha}$. Así obtermos as coordenadas de $B\left( \frac{1}{cos\alpha},0 \right)$
Con estes antecedentes:
$$AB^{2}=\frac{1}{sen^{2}\alpha}+\frac{1}{cos^{2}\alpha}=\frac{1}{sen^{2}\alpha\cdot cos^{2}\alpha}\Longrightarrow AB=\frac{1}{sen\alpha\cdot cos\alpha}$$
Agora xa podemos escribir o perímetro do triángulo en función de $\alpha$: $$P\left( \alpha \right)=2\left( AB+OB \right)=2\left( \frac{1}{sen\alpha\cdot cos\alpha}+\frac{1}{cos\alpha} \right)=2\frac{1+sen\alpha}{sen\alpha\cdot cos\alpha }$$
Derivamos na procura dos extremos:
$$P'\left( \alpha \right)=2\frac{cos\alpha\left( sen\alpha\cdot cos\alpha \right)-\left( 1+sen\alpha \right)\left( cos^{2} \alpha-sen^{2}\alpha\right)}{sen^{2}\alpha\cdot cos^{2}\alpha}=$$ $$=2\frac{sen\alpha\cdot cos^{2}\alpha-cos^{2}\alpha+sen^{2}\alpha-sen\alpha\cdot cos^{2}\alpha+sen^{3}\alpha}{sen^{2}\alpha\cdot cos^{2}\alpha}=2\frac{sen^{3}\alpha+2sen^{2}\alpha-1}{sen^{2}\alpha\cdot cos^{2}\alpha}$$
Pescudemos para que valores $P'=0$. Tomando $y=sen\alpha$ o numerador anúlase cando $y^{3}+2y^{2}-1=0$. Evidentemente $y=-1$ é unha raíz deste polinomio polo que podemos descompoñelo $y^{3}+2y^{2}-1=(y+1)\left( y^{2}+y-1 \right)=0$ Así que as outras solucións serán $-\phi$ e $\frac{1}{\phi}$. Como $\alpha$ é un angulo do primeiro cuadrante, $y=sen\alpha$ debe ser postivo. Daquela a única solución que nos serve é $sen\alpha=\frac{1}{\phi}$. Ademais como $y^{3}+2y^{2}-1=(y+1)\left( y+\phi \right)\left(  y-\frac{1}{\phi}  \right)$ a derivada no punto $x=\frac{1}{\phi}$ pasa de ser negativa a positiva, de aí que a función $P$ teña nese punto un mínimo.
$cos\alpha=\sqrt{1-sen^{2}\alpha}=\sqrt{1-\frac{1}{\phi^{^{2}}}}=\sqrt{\frac{\phi^{2}-1}{\phi^{2}}}=\frac{\sqrt{\phi-1-1}}{\phi}=\frac{\sqrt{\phi}}{\phi}$
$$A\left( 0,\frac{1}{sen\alpha} \right)=\left( 0,\phi \right)  \quad \quad B\left( \frac{1}{cos\alpha},0 \right)=\left( \sqrt{\phi},0 \right)$$  $$AB=\frac{1}{sen\alpha\cdot cos\alpha}=\frac{1}{\frac{1}{\phi}\frac{1}{\sqrt{\phi}}}=\phi\sqrt{\phi}$$  $$EB=\sqrt{\phi}-\frac{1}{\sqrt{\phi}}=\frac{\phi-1}{\sqrt{\phi}}=\frac{\frac{1}{\phi}}{\sqrt{\phi}}=\frac{1}{\phi\sqrt{\phi}}$$



O perímetro máximo terá un valor de $$P=2\left( AB+OB \right)=2\left( \phi\sqrt{\phi} +\sqrt{\phi}\right)=2\sqrt{\phi}\left(\phi+1  \right)=2\phi^{2}\sqrt{\phi}$$

Triángulos de Kepler
Chámanse triángulos de Kepler a aqueles triángulos rectángulos que teñen os lados en progresión xeométrica. Resulta evidente que a razón desta progresión debe ser $\sqrt{\phi}$. Botándolle un ollo á anterior imaxe poderemos distinguir varios triángulos de Kepler:

$EDB$ ten lados de lonxitudes $\frac{1}{\phi\sqrt{\phi}},\quad \frac{1}{\phi},\quad \frac{1}{\sqrt{\phi}}$
$OED$ ten lados de lonxitudes $ \frac{1}{\phi},\quad \frac{1}{\sqrt{\phi}}, \quad 1$
$OAD$ ten lados de lonxitudes $ \frac{1}{\sqrt{\phi}}, \quad 1, \quad \phi$
$OAB$ ten lados de lonxitudes $\sqrt{\phi}, \quad \phi, \quad \phi\sqrt{\phi}$
Fica claro que a razón sobre a que se preguntaba ao principio era unha razón dourada, unha razón da que temos mostras sobradas na solución dada.

martes, 21 de abril de 2026

A razón dun problema de optimización.1

Os problemas de optimización trátanse no bacharelato. Este tipo de problemas teñen o seu aquel. Vexamos por que. 

Moito do que se trata nas matemáticas non universitarias é de carácter algorítmico. Ben sei que tópicos, como por exemplo a resolución de ecuacións cadráticas, pode introducirse desde outros puntos de vista; mais, unha vez introducido vólvese unha cuestión puramente algorítmica e como tal hai que entrenala ata integrala dentro co coñecemento base para poder asaltar outras fronteiras. Porén os problemas de optimización parecen querer fuxir do corsé algorítmico. Dependendo das características particulares do que se queira resolver hai que pescudar as relacións que mellor nos permitan determinar unha función que modelice a cuestión para poder pasar ao estudo, agora si, algoritmico, da súa monotonía. 

Un dos problemas que lle pedín resolver ao alumnado de Matemáticas II foi o seguinte:

Rectángulo inscrito triángulo. Nun triángulo isóscele de base 12 e altura 10 inscribimos un rectángulo de área máxima. Determina as dimensións do rectángulo. Acha o valor desa área máxima.

A solución comezaría facendo un esquema como o da imaxe. A partir de aquí obtemos unha fórmula para a área:
 $A=2xy$
Como nesta fórmula temos dúas variables, non nos queda outra que intentar relacionalas entre si para, deste xeito, conseguir unha fórmula funcional dunha soa variable.
A lonxitude de calquera dos dous lados iguais do triángulo isóscele pode calcularse a partir do teorema de Pitágoras:
$\sqrt{6^{2}+10^{2}}=\sqrt{136}$
Esta valor tamén se pode obter como suma das hipotenusas dos dous triángulos rectángulos que vemos na dereita da imaxe:
$$\sqrt{\left( 10-y \right)^{2}+x^{2}}+\sqrt{y^{2}+\left( 6-x \right)^{2}}=\sqrt{136}$$
Este foi o camiño que seguiron algúns alumnos. Non tardaron en comprender que se estaban encerellando. Cómpre buscar unha alternativa. 
Unha das forma de solventar a situación sería decatándose de que calquera destes triángulos rectángulos é semellante ao delimitado pola altura e a metade da base do triángulo isóscele. Daquela poderiamos obter as seguintes relacións $\frac{10}{6}=\frac{y}{6-x}\quad ;\quad \frac{10}{6}=\frac{10-y}{x}$
Unha nova opción consistiría en botar man dos coñecementos de xeometría analítica plana ou de reprentación gráfica de rectas para determinar a ecuación da recta pola que se move o punto $P$ ( ten pendente $m=-\frac{10}{6}$ e ordenada na orixe $n=10$)

Un recordo e un problema
Entre os meus recordos como estudante está o dun día concreto de cando cursaba COU. Tiñamos exame ao día seguinte. O profesor déranos un boletín de problemas e quedaban moitos por facer. Un deles era un problema de optimización clásico:

Cono inscrito nunha esfera. Dada unha esfera de raio $r$ determinar as dimensións do cono inscrito na esfera de volume máximo

A cuestión era fermosa, así que abandonei o estudo do exame e centreime no problema. Intenteino unha e outra vez e non o daba resolto. Pero o problema tiña o seu aquel, así que tachaba e volvía unha e outra vez sobre el. Finalmente, rematando a tarde, decateime de que bastaba con realizar un esquema que me permitise relacionar as variables entre si por medio do dato, o raio da esfera. Levaba todo o tempo debuxando mal o raio.



Efectivamente, ata que non se me ocorreu representar o raio que aparece en azul na imaxe, non fun quen de asaltar o problema. Por certo, foi unha das peguntas do exame. :)




Para darlle un bo remate a esta entrada, non hai nada mellor que un problema:

Triángulo circunscrito a unha semicircunferencia. Dada unha semicircunfencia de raio $1$ pídense as dimensións do triángulo isóscele de perímetro mínimo circunscrito á circunferencia.

Non só vou pedir a solución ao problema (que darei na seguinte entrada), senón a súa razón. Esta petición non só é unha nova pregunta, senón que tamén dá unha pista de por onde van os tiros.

sábado, 11 de abril de 2026

Todos os segmentos son iguais

En boa medida este blogue está dedicado ás matemáticas recreativas. Daquela, para darlle algo de prestancia, con certa recurrencia recóllense achegas de personaxes destacados neste ámbito. Mirando na columna da dereita, no gadget corespondente a Persoas, achamos a verdadeiros precursores das matemáticas recreativas: Alcuíno de York (c. 735-804), Lewis Carroll (1832, 1898), Samuel Loyd (1841-1911), Henry Dudeney (1857-1930) e Yakov Perelman (1882-1942), alén dos xa nacidos no século XX. Con todo, hai aínda outros que poden sumarse a esta lista, como é o caso de, por exemplo,  Walter William Rouse Ball (1850-1965). Nesta ocasión intentaremos corrixir esta falta.

A pesar do comentado no parágrafo anterior, a verdadeira motivación para esta entrada foi outra non foi a de completar a nómina de divulgadores das matemáticas. En realidade o impulso veu dado pola entrada anterior. Alí presentábase unha falacia xeométrica ois demostrabamos que todos os triángulos son equiláteros. Comentabamos que o enganoso razoamento, recollido dun libro de matemáticas recreativas publicado no 1917, estaba acompañado doutros do mesmo estilo, en concreto dun que tamén aparecía nun texto de Lewis Carroll, onde se explicaba que

Teorema: a veces un ángulo obtuso pode ser igual a un recto

Resulta que este resultado tamén o podemos achar noutro libro,  Mathematical Recreations and Essays (1892), de W. W. Rouse Ball (1850-1925). Como na entrada anterior, vou deixar de lado o anterior teorema e vou recoller outro que o acompaña.

Teorema: Dado un segmento $AB$ sempre podemos achar outro segmento menor $AZ$ tal que $AB=AZ$

Antes de nada construiremos un triángulo $ABC$ cun ángulo agudo $\widehat{A}$ e tal que $\widehat{C}\gt \widehat{B}$. Daquela poderemos trazar o ángulo $\angle AZC=\angle B$ determinando así o punto $Z$. Tracemos tamén $CD$ perpendicular sobre $AB$

Fixada a terminoloxía que observamos na imaxe, demostraremos que $c=z$

Resulta que os triángulos $AZC$ e $ABC$ teñen dous ángulos iguais, polo tanto son semellantes.

Usaremos a notación $[A,B,C]$ para indicar a área do triángulo $ABC$. Sabemos que a razón entre as áreas de dous triángulos semellantes é o cadrado da razón entre os lados correspondentes deses triángulos: $$\frac{\left[ A,B,C \right]}{\left[ A,Z,C \right]}=\frac{a^{2}}{w^{2}}$$

Pero podemos obter a área dos triángulos como a metade da base pola altura: $$\frac{\left[ A,B,C \right]}{\left[ A,Z,C \right]}=\frac{\frac{1}{2}c\cdot h}{\frac{1}{2}z\cdot h}=\frac{c}{z}$$

Igualando as expresións anteriores:$$\frac{a^{2}}{w^{2}}=\frac{c}{z}\Longrightarrow \frac{a^{2}}{c}=\frac{w^{2}}{z}$$

Fixémonos nos numeradores. Apliquémoslle aos dous triángulos o teorema do coseno: $$a^{2}=b^{2}+c^{2}-2bc\cdot cosA$$ $$w^{2}=b^{2}+z^{2}-2bz\cdot cosA$$

Entón obtemos: $$\frac{b^{2}+c^{2}-2bc\cdot cosA}{c}=\frac{b^{2}+z^{2}-2bz\cdot cosA}{z}$$  $$\frac{b^{2}}{c}+c-2bc\cdot cosA=\frac{b^{2}}{z}+z-2bz\cdot cosA$$  $$\frac{b^{2}}{c}+c=\frac{b^{2}}{z}+z$$  $$\frac{b^{2}}{c}-z=\frac{b^{2}}{z}-c$$   $$\frac{b^{2}-cz}{c}=\frac{b^{2}-cz}{z}$$

Como temos dúas fraccións iguais co mesmo numerador, tamén serán iguais os seus denominadores: $c=z$

Se agora imos movendo o punto $C$ a outros $C'$ veremos que o segmento $AB$ é igual a calquera subsegmento $AZ'$; en conclusión: todos os segmentos son iguais. Unha gran vantaxe, non vos parece?