domingo, 4 de novembro de 2018

Cal é o enunciado?

5 comentarios:

  1. Veña, o 1º que pensei: como ten que ser o triángulo orixinal(os puntos negros) para que os centros das circunferencias circunscritas aos polígonos regulares creados sobre os seus lados formen un triángulo equilátero?

    ResponderEliminar
  2. Boa pregunta (non teño nin idea de cal é a resposta). Neste caso os centros das circunferencias non determinan, por pouco, un triángulo equilátero.
    Púxeno porque é un resultado clásico (do cal tampouco tiña noticia). Resulta que as 3 circunferencias son iguais, entón....

    ResponderEliminar
  3. Ai, mira, entendín mal entón cal era a base do asunto. E nin me decatei da igualdade das circunferencias, que chosco.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non, chosco non. Insisto en que non determinan un triángulo equilátero por pouco. Quizais debín pintar os raios das circunferencias como segmentos iguais, e eliminar os centros da figura que poden despistar do que quería realmente comentar.

      Eliminar
    2. Vou deixar por aquí o que tiña na cabeza cando elaborei este esquema. A clave estaba en que o triángulo dos puntos negros é rectángulo.
      http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.01.0085%3Abook%3D13%3Atype%3DProp%3Anumber%3D10

      Eliminar