Amosando publicacións coa etiqueta Cangas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cangas b>. Amosar todas as publicacións
luns, 29 de xullo de 2013
Galega desde o cariño
Encantoume o título desta entrada, "Galega desde o cariño" que vin no blogue lingualiza do Equipo de Normalización do IES Rodeira (Cangas). Disfrutei escoitando esta entrevista, feita nun ambiente relaxado, moi distinta do que esperamos dun vídeo que nos chega dun centro de ensino. Desde o principio o salón que vemos neste audiovisual convértese no salón na nosa casa. Gocei infinitamente cando ao escoitar que a entrevistada, a profesora de matemáticas de orixe canaria, Carmen de las Casas, respondía ao nome de Carmiña.
Ana, Nerea e Luís son os que lle fan as preguntas as preguntas a Carmiña sobre como foi o proceso de descubrimento de Galicia, un descubrimento que segundo a profesora comprobou con sorpresa, mesmo lle é alleo a moitos galegos. Carmiña fala da nosa cultura, especialmente da nosa lingua, da impartición das clases de matemáticas en galego, e sobre todo do cariño que sinte polo galego, sentimento que non achamos entre as autoridades da Consellería de Educación, cousa que se fai ben evidente ao premer o play deste vídeo.
martes, 7 de maio de 2013
Ilusións matemáticas
No IES de Rodeira celebraron a Semana da Ciencia con diversos traballos. Destaco o de matemáticas porque é o que máis me tira, pero tamén fixeron achegas sobre mundo da informática ou da tecnoloxía, que son tamén tres formas de amosar un mundo normalizado desde o ensino na exposición da Semana da Ciencia do IES de Rodeira.
Este ano, o traballo de matemáticas tivo un carácter divulgativo-xeométrico xa que se centrou nas ilusións ópticas. O alumnado explica como xogando coa perspectiva, cor, movemento e tamaño dos obxectos pode mos enganar aos sentidos. Isto non é máis que o primeiro paso para compendermos como xogando coa lingua e as mentiras podemos enganar ao entendemento, que é o que fai decote a Consellería de Educación ao tratar o tema da normalización e do uso do galego no ensino.
Parabéns ao IES de Rodeira polo bonito traballo desenvolvido.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)