martes, 20 de marzo de 2018

Onde está a Meca



A Meca está aquí, en cada un de nós. A nosa Meca é o galego. 
Isto é o que deberon pensar no Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago (USC) e por iso se meteron ao traballo de elaborar unha serie de vídeos  didácticos na que diversos especialistas desenvolven unha cuestión con rigor científico e académico. Ademais realizan as explicacións de forma moi clara, o cal os convirte en ferramentas didácticas para o ensino secundario de aproveitamento prácticamente obrigado.
Entre os primeiros vídeos que nos achega esta canle quixera destacar o que aparece nesta entrada porque trata un aspecto das matemáticas ..en galego! . Gustaríame que isto servira  para vergoña da Consellería de Educación que é quen prohíbe, vía o funesto decreto 79/2010, se poidan reproducir estes vídeos nunha aula do ensino secundario. Eu animo a todos os docentes a que o fagan, e de paso expliquen nas súas aulas a atrabiliaria prohibición emanada dunha Xunta enemiga do uso da lingua que debería defender.
A peza Onde está a Meca,  está protagonizada pola incansable profesora Elena Vázquez Abal, que sempre parece disposta a colaborar en proxectos de divulgación das matemáticas (nunca llo agradeceremos os sufiente). Trátase dunha  fermosa introdución á xeometría da esfera. O obxectivo é reflexionar sobre cales son as xeodésicas na superficie terrestre (se se me permite a redundancia).
O discurso do audiovisual que acabamos de desvelar tamén o usou Elena nesta segunda peza que deixo de regalo de seguido. O primeiro vídeo ben podería ser un anuncio promocional do segundo,  que formou parte das xornadas de divulgación científica Achegando a ciencia desenvolvidas noprogramadas noVello Cárcere de Lugo. Eu xa presenciei esta conferencia na Facultade de Matemáticas, na que se fala de xeometría e de mulleres no mundo científico. Un pracer que me encantou rememorar.
Velaquí O sexto sentido:

martes, 13 de marzo de 2018

Palabras secuestradas, palabras liberadas



Parémonos un momento a reflexionar en como valoraríamos un goberno que prohibe palabras como democracia,  referéndumliberdade de expresión,...
A mesma valoración merecía un goberno que non mermitise o uso destas palabras no seu contexto natural, isto é, no debate político, na lexislación, no sistema educativo....Nunha sociedade occidental actual iso sería inimaxinable.
Se o secuestro terminolóxico se referise a palabras como cotanxentegrafomultiplicación ou topoloxía, a nosa consideración iría aínda máis alá. Efectivamente, alén da valoración moral e política cualificaríamos a situación con adxectivos como kafkiana, irracional, surrealista.,...
E se vos dixera que isto está a suceder agora e aquí?
O pasado luns (11/03/18) o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o responsable do Seminario de Lexicografía desa mesma institución, Manuel González, presentaron xunto a uns representantes dun grupo de traballo de terminoloxía matemática, a actualización de 168 termos do dicionario da Academia. Esta boa nova non o é só desde o punto de vista puramente lingüístico. Chega máis alá porque “un paso imprescindible para a normalización é o establecemento dunha terminoloxía suficiente e precisa”. Nesta mesma liña, destácase a preocupación "pola prohibición do emprego da terminoloxía matemática no ensino non universitario vía o decreto 79/2010 "pois un segundo paso esencial para a normalización é o uso natural da lingua no seu contexto. No caso dos termos matemáticos este contexto está nas aulas de matemáticas, especialmente do ensino non universitario, que é onde se aprende o significado dos mesmos.
Velaquí un grupo de palabras secuestradas. Pídovos que as liberedes nas aulas de matemáticas. Son vosas:

anelaplicaciónarranxobasebicadráticabilinealcentenaconxunto (baleiro), cordacosecantecotanxentecovarianciacrebadocubocadrado (perfecto), desviacióndesvíodeterminantedivisorelipseesferafocofracción , grupografohomeomorfismohomomorfismohexadecimalimaxeinterpolacióninterpolarintervalolímitemaximizarmedianamediaminimizarmodamódulomultiplicaciónmultiplicadornegativonúmero (abstracto, alxébrico, composto, e, i mixto, perfecto, pi, números_congruentes), optimizaroctalóvaloparámetroperimetralpipolinomialrecíprocaregresiónrestasecantesecuenciasucesiónsumatanxentetopoloxíatransitivaunidadeuniónunitario (conxunto)varianciavarianza

Como vedes, non son todas mais en todas elas poderase ver unha mensaxe como na da imaxe que acompaña esta entrada, informando da actualización. Certamente hai máis palabras que estas que se referencian aquí, pero non teñades medo a usalas. Non se gastan. Máis ben ao contrario, canto máis se usan máis forza cobran.
E quen pode ter medo de que as palabras, e con elas a lingua, cobre forza?

xoves, 1 de marzo de 2018

Prentententoonstelling

Cacao recursivo
Acabo de rematar estes días unha lectura moi agradable, a os libros coordinados por Fernando Blasco, e editados pola RSME e SM, Gardner para principiantes e Gardner para aficionados. Cada un dos capítulos é dun autor distinto, polo tanto está asegurada a variedade. Iso si, o espírtito de Martin Gardner está por detrás de todos eles, o cal non deixa de ser unha garantía. Un efecto secundario destas lecturas foi a volta ao repaso dalgún daqueles libros de Gardner que había xa moitos anos, en moitos casos, que non tocaba.
O segundo dos volumes, Gardner para aficionados, tróxome á memoria a análise complexa, algo que nalgunha ocasión tiven que estudar (ou iso creo) xa que nun dos seus capítulos faise referencia ás funcións exponenciais e logarítmicas no plano complexo pois esta foi a forma en que o profesor Hendrik Lenstra, da Universidade de Leiden,  conseguiu reelaborar a transformación que fixera o artista M. C. Escher na súa obra Prentententonnstelling (Galería de gravados).
O capítulo que trata sobre estas cuestións fala do efecto Droste, unha forma de nomear unha forma de recursividade nas imaxes que fai referencia ao deseño das caixas de chocolate da firma do mesmo nome.
Con estes vimbios elaboránrose audiovisuais que poden dar medida do mareante e suxerente que pode ser o estudo da análise complexa.




Unha segunda versión:

luns, 12 de febreiro de 2018

Números metálicos para un problema.2

Teño que comenzar esta entrada facendo referencia á anterior e indicando que aquí se fai referencia a varias fórmulas indicadas alí. Nesa outra entrada comentaba que JJ propuxera, entre outros varios, o seguinte problema:
Problema. Demostra que a seguinte sucesión ten todos os seus termos enteiros:  x0=1$${ x }_{ n+1 }=\frac { 3{ x }_{ n }+\sqrt { 5{ x }_{ n }^{ 2 }-4 } }{ 2 } $$ 

Imaxe do libro de M. Gardner
Cando din cun camiño cara a súa resolución non estaba pensando nel. Andaba buscando actividades para a aula relacionadas co número áureo. Concretamente cun artigo do libro de Martin Gardner, Matemática, magia y misterio (RBA, 2011) sobre esvaementos xeométricos no que se explica un xogo de maxia fundamentado na sucesión de Fibonacci. Se recolocamos os recortes do cadrado de 8x8 podemos formar un rectángulo de 5x13. Evidentemente as áreas son distintas (!). Hai algo que non cadra.
Os números que entran en xogo neste divertimento, (5, 8 e 13) son tres termos consecutivos da sucesión de Fibonacci. Verifican que 5٠13=132 -1. O cadradiño esvaeuse debido a que a diagonal do rectángulo non se xusta ben, aínda que cando facemos o xogo, esperamos que ninguén se decate. En xeral para tres números consecutivos desta sucesión teremos que: $${ F }_{ k+1 }{ F }_{ k-1 }={ F }_{ k }^{ 2 }+{ \left( -1 \right)  }^{ k }\quad \quad \quad (7)$$ Entón, para k=2n: $${ F }_{ 2n+1 }{ F }_{ 2n-1 }={ F }_{ 2n }^{ 2 }+1\quad \quad \quad (8)$$
E revisando a sucesión dada no problema parecía que era precisamente a dos termos de índice impar da sucesión de Fibonacci: xn=F2n+1.$$\begin{matrix} 1 & 1 & 2 & 3 & 5 & 8 & 13 & 21 & 34 & ... \\ { F }_{ 1 } & { F }_{ 2 } & { F }_{ 3 } & { F }_{ 4 } & { F }_{ 5 } & { F }_{ 6 } & { F }_{ 7 } & { F }_{ 8 } & { F }_{ 9 } & ... \\ { x }_{ 0 } &  & { x }_{ 1 } &  & { x }_{ 2 } &  & { x }_{ 3 } &  & { x }_{ 4 } & ... \end{matrix}$$
Así que conxecturamos que:
$${ F }_{ 2n+3 }=\frac { { 3{ F }_{ 2n+1 } }+\sqrt { 5{ F }_{ 2n+1 }^{ 2 }-4 }  }{ 2 } $$
Esta igualdade verificarase cando:
$${ \left( 2{ F }_{ 2n+3 }-{ 3F }_{ 2n+1 } \right)  }^{ 2 }=5{ F }_{ 2n+1 }^{ 2 }-4$$
Como F2n+3= F2n+2 + F2n+1:
$${ \left( 2{ F }_{ 2n+2 }-{ F }_{ 2n+1 } \right)  }^{ 2 }=5{ F }_{ 2n+1 }^{ 2 }-4$$
Elevando ao cadrado e simplificando:
$${ F }_{ 2n+2 }^{ 2 }+1={ F }_{ 2n+2 }{ F }_{ 2n+1 }+{ F }_{ 2n+1 }^{ 2 }$$
Aplicando (8) ao primeiro membro e volvendo a realizar a substitución F2n+3= F2n+2 + F2n+1, obtemos o segundo membro:
$${ F }_{ 2n+2 }^{ 2 }+1={ F }_{ 2n+1 }{ F }_{ 2n+3 }={ F }_{ 2n+1 }\left( { F }_{ 2n+2 }+{ F }_{ 2n+1 } \right) ={ F }_{ 2n+2 }{ F }_{ 2n+1 }+{ F }_{ 2n+1 }^{ 2 }$$
Velaí o problema resolto. Toca revisar algunhas cousas.
Na entrada anterior conxecturaba que $${ x }_{ n+1 }=3{ x }_{ n }-{ x }_{ n-1 } $$ comprobada a igualdade entre a sucesión xn e a dos termos impares da de Fibonacci, veremos que isto é certo comprobando que $${ F }_{ 2n+3 }=3{ F }_{ 2n+1 }-{ F }_{ 2n-1 } $$:
$${ F }_{ 2n+3 }={ F }_{ 2n+2 }+{ F }_{ 2n+1 }=\left( { F }_{ 2n+1 }+{ F }_{ 2n } \right) +{ F }_{ 2n+1 }=2{ F }_{ 2n+1 }+\left( { F }_{ 2n } \right) =$$ $$ =2{ F }_{ 2n+1 }+{ F }_{ 2n+1 }-{ F }_{ 2n-1 }=3{ F }_{ 2n+1 }-{ F }_{ 2n-1 }$$
Polo tanto xn=F2n+1. De aí que por esta igualdade e tendo en conta (5) e (6) poidamos dar esta bonita fórmula:
$${ \phi  }^{ 2n+1 }-{ \varphi  }^{ 21n+1 }={ \left( 1+\varphi  \right)  }^{ n }\phi -{ \left( 1+\phi  \right)  }^{ n }\varphi $$
Resulta ademais que a suma dos cadrados de termos consecutivos da sucesión de Fibonacci é precisamente a suecesión de termos de subíndice impar, polo que coincide coa sucesión do problema:$${ F }_{ n+1 }^{ 2 }+{ F }_{ n+2 }^{ 2 }={ F }_{ 2n+3 }\quad \quad \quad (9)$$

Matrices de Fibonacci
Particularmente sorprendente é o uso das matrices para estudar a sucesión de Fibonacci. A presentación desta sucesión pódese facer mediante a seguinte matriz: $$Q=\begin{pmatrix} 1 & 1 \\ 1 & 0 \end{pmatrix}\quad ;\quad \quad Q\left( \begin{matrix} { F }_{ n } \\ { F }_{ n-1 } \end{matrix} \right) =\begin{pmatrix} 1 & 1 \\ 1 & 0 \end{pmatrix}\left( \begin{matrix} { F }_{ n } \\ { F }_{ n-1 } \end{matrix} \right) =\left( \begin{matrix} { F }_{ n+1 } \\ { F }_{ n } \end{matrix} \right) $$
Imos usala para demostrar algún dos resultados É inmediato comprobar que
$${ Q }^{ n }\left( \begin{matrix} 1 \\ 0 \end{matrix} \right) =\left( \begin{matrix} { F }_{ n } \\ { F }_{ n-1 } \end{matrix} \right) \quad ;\quad { Q }=\begin{pmatrix} { F }_{ 2 } & { F }_{ 1 } \\ { F }_{ 1 } & { F }_{ 0 } \end{pmatrix}\quad \quad ;\quad { Q }^{ n }=\begin{pmatrix} { F }_{ n+1 } & { F }_{ n } \\ { F }_{ n } & { F }_{ n-1 } \end{pmatrix}$$
Con isto na faltriqueira podemos xenerar varias fórmulas sen esforzo ningún. Por exemplo a que usamos en (7): $${ F }_{ n+1 }{ F }_{ n-1 }-{ F }_{ n }^{ 2 }=det\begin{pmatrix} { F }_{ n+1 } & { F }_{ n } \\ { F }_{ n } & { F }_{ n-1 } \end{pmatrix}=det{ Q }^{ n }={ \left( detQ \right)  }^{ n }={ \left| \begin{matrix} 1 & 1 \\ 1 & 0 \end{matrix} \right|  }^{ n }={ \left( -1 \right)  }^{ n }$$
Tamén podemos demostrar a fórmula (9) na súa versión máis habitual:
$${ Q }^{ n+1 }{ Q }^{ n }={ Q }^{ 2n+1 }$$
$$\begin{pmatrix} { F }_{ n+2 } & { F }_{ n+1 } \\ { F }_{ n+1 } & { F }_{ n } \end{pmatrix}\begin{pmatrix} { F }_{ n+1 } & { F }_{ n } \\ { F }_{ n } & { F }_{ n-1 } \end{pmatrix}=\begin{pmatrix} { F }_{ 2n+2 } & { F }_{ 2n+1 } \\ { F }_{ 2n+1 } & { F }_{ 2n } \end{pmatrix}$$
Ao multiplicar a segunda fila da primeira matriz pola primeira columna da segunda obtemos o elemento (2,1):
$${ F }_{ n+1 }^{ 2 }+{ F }_{ n }^{ 2 }={ F }_{ 2n+1}\quad \quad \quad (9)$$
Falando das matrices asociadas á sucesión de Fibonacci, non podo deixar de escribir un par de fórmulas suxerentes de comprobación inmediata:
$${ Q }^{ 2 }=Q+I\quad \Longrightarrow \quad { Q }^{ n }={ Q }^{ n-1 }+{ Q }^{ n-2 }$$
$${ Q }^{ n }=Q{ F }_{ n }+I{ F }_{ n-1 }$$
Polo momento paro aquí, aínda que o universo Fibonacci é tan apaixoante que non descarto pegarlle unha volta outro día.

xoves, 8 de febreiro de 2018

Números metálicos para un problema. 1

Como nas mellores ocasións, esta historia comenza cun problema.
O pasado nadal JJ tivo a feliz iniciativa de propoñer unha serie de cuestións no seu blogue. Unha delas foi a seguinte:
Problema. Demostra que a seguinte sucesión ten todos os seus termos enteiros:  x0=1$${ x }_{ n+1 }=\frac { 3{ x }_{ n }+\sqrt { 5{ x }_{ n }^{ 2 }-4 } }{ 2 } $$ 

Un primeiro achegamento a calquera problema consiste na experimentación. Cales son os primeiros valores que obtemos? $$\begin{matrix} { x }_{ 0 } & { x }_{ 1 } & { x }_{ 2 } & { x }_{ 3 } & { x }_{ 4 } & { x }_{ 5 } & ... \\ 1 & 2 & 5 & 13 & 34 & 89 & ... \end{matrix}$$
Efectivamente, estes son números enteiros. Hai algunha relación entre eles? Coñecémolos de algo?
Parece que se obteñen mediante a seguinte recurrencia: $${ x }_{ n+1 }=3{ x }_{ n }-{ x }_{ n-1 }\quad \quad  (1) $$
Isto recorda a formación da sucesión de Fibonacci. Hai un tipo de sucesións, as chamadas de Fibonacci xeneralizadas que teñen este patrón de construción. Dados dous números p e q, formaremos os elementos da sucesión mediante a seguinte fórmula recursiva:
 $${ x }_{ n+1 }=p{ x }_{ n }+q{ x }_{ n-1 }\quad \quad \quad \quad \quad (2)$$

Se dividimos por xn: $$\frac { { x }_{ n+1 } }{ { x }_{ n } } =p+\frac { q }{ \frac { { x }_{ n } }{ { x }_{ n-1 } } } \quad \quad \quad \quad \quad (3)$$

Tomando límites cando n⇾∞ e supoñendo que existe o $$\lim _{ n\rightarrow \infty }{ \frac { { x }_{ n+1 } }{ { x }_{ n } } } =\lambda $$ $$\lambda =p+\frac { q }{ \lambda } $$
$${ \lambda }^{ 2 }-p\lambda -q=0$$ Resolvo:
$${ \lambda }_{ 1 }=\frac { p+\sqrt { { p }^{ 2 }+4q } }{ 2 } \quad \quad \quad { \lambda }_{ 2 }=\frac { p-\sqrt { { p }^{ 2 }+4q } }{ 2 } \quad \quad \quad $$
Os números λ1 tamén son coñecidos como números metálicos, segundo a denominación da matemática arxentina Vera de Spinadel (1929-2017). Para (p,q)=(1,1) temos o famoso número áureo, para (p,q)=(2,1) o chamado número de prata, para (p,q)=(3,1) o de bronce ou para (p,q)=(1,2) o número de cobre,...Tendo en conta que
$${ \lambda  }^{ 2 }=p\lambda +q\quad \quad \rightarrow \quad \quad x=p+\frac { q }{ \lambda  } $$
Estes números poden representarse como fraccións continuas da seguinte maneira:$$\lambda =p+\frac { q }{ p+\frac { q }{ p+\frac { q }{ p+... }  }  } $$
E tendo en conta que:
$${ \lambda  }^{ 2 }=p\lambda +q\quad \Longrightarrow  \quad \quad \lambda =\sqrt { q+p\lambda  } $$
Obtemos tamén a segunte forma de representación para os números metálicos:
$$\quad \lambda =\sqrt { q+p\sqrt { q+p\sqrt { q+p\sqrt { ... }  }  }  } $$
Agora é onde comenza o divertido. Consideremos a seguinte matriz Q, que nos permite redefinir a relación (2) doutro xeito:
$$Q=\begin{pmatrix} p & q \\ 1 & 0 \end{pmatrix}\quad \quad ;\quad \quad Q\left( \begin{matrix} { x }_{ n } \\ { x }_{ n-1 } \end{matrix} \right) =\begin{pmatrix} p & q \\ 1 & 0 \end{pmatrix}\left( \begin{matrix} { x }_{ n } \\ { x }_{ n-1 } \end{matrix} \right) =\left( \begin{matrix} p{ x }_{ n }+q{ x }_{ n-1 } \\ { x }_{ n } \end{matrix} \right) =\left( \begin{matrix} { x }_{ n+1 } \\ { x }_{ n } \end{matrix} \right) $$
Isto permitiríanos obter os sucesivos termos da sucesión mediante o seguinte proceso:
$$\left( \begin{matrix} { x }_{ n+1 } \\ { x }_{ n } \end{matrix} \right) { =Q }^{ n }\left( \begin{matrix} { x }_{ 1 } \\ { x }_{ 0 } \end{matrix} \right) ={ \begin{pmatrix} p & q \\ 1 & 0 \end{pmatrix} }^{ n }\left( \begin{matrix} { x }_{ 1 } \\ { x }_{ 0 } \end{matrix} \right) \quad \quad \quad (4)$$

Agora ben, aparécenos un produto de matrices, o cal parece complicar as cousas... ou quizais non. Hai unha forma de calcular a n-ésima potencia dunha matriz Q sempre e cando ésta sexa diagonalizable, isto é, cando exista unha matriz diagonal D e outra S tal que Q=S-1D S. Estas matrices calcúlanse a partir dos autovalores, que serán as raíces do polinomio característico de Q: $$P(\lambda )=det(Q-\lambda I)=\begin{vmatrix} p-\lambda  & q \\ 1 & -\lambda  \end{vmatrix}={ \lambda  }^{ 2 }-p\lambda -q$$
Resulta que as raíces deste polinomio xa as calculamos antes: λ1 e λ2. Isto permítenos calcular os autovectores, que verificarán igualdades do tipo:
$$\begin{pmatrix} p & q \\ 1 & 0 \end{pmatrix}\left( \begin{matrix} x \\ y \end{matrix} \right) ={ \lambda  }_{ i }\left( \begin{matrix} x \\ y \end{matrix} \right) ,\quad \quad \quad i=1,2$$

$$ \begin{cases} px+q={ \lambda  }_{ 1 }x \\ { x=\lambda  }_{ 1 }y \end{cases}\quad ;\quad \quad \begin{cases} px+q={ \lambda  }_{ 2 }x \\ { x=\lambda  }_{ 2 }y \end{cases}\quad \quad $$
Estes sistemas son indeterminados. Escollemos as solucións para y=1 e obtermos os dous autovectores, o que nos dará a matriz S. Temos pois:
$$D=\begin{pmatrix} { \lambda  }_{ 1 } & 0 \\ 0 & { \lambda  }_{ 2 } \end{pmatrix}\quad \quad ;\quad S=\begin{pmatrix} { \lambda  }_{ 1 } & { \lambda  }_{ 2 } \\ 1 & 1 \end{pmatrix},\quad \quad \begin{vmatrix} { \lambda  }_{ 1 } & { \lambda  }_{ 2 } \\ 1 & 1 \end{vmatrix}={ \lambda  }_{ 1 }-{ \lambda  }_{ 2 }=\sqrt { { p }^{ 2 }+4q } \neq 0$$
Para que S sexa regular precisamos que o discriminante sexa estritamente positivo. Con esta condición podemos calcular a súa inversa: $${ S }^{ -1 }=\frac { 1 }{ { \lambda  }_{ 1 }-{ \lambda  }_{ 2 } } \begin{pmatrix} 1 & { -\lambda  }_{ 2 } \\ -1 & { \lambda  }_{ 1 } \end{pmatrix}$$
Agora calcular as potencias de Q simplifícase enormemente:
$${ Q }^{ n }=SD{ S }^{ -1 }\cdot SD{ S }^{ -1 }\overset { n }{ \cdot \cdot \cdot \cdot  } \cdot SD{ S }^{ -1 }=S{ D }^{ n }{ S }^{ -1 }$$
$${ Q }^{ n }=S{ D }^{ n }{ S }^{ -1 }=\begin{pmatrix} { \lambda  }_{ 1 } & { \lambda  }_{ 2 } \\ 1 & 1 \end{pmatrix}\begin{pmatrix} { \lambda  }_{ 1 }^{ 2 } & 0 \\ 0 & { \lambda  }_{ 2 }^{ 2 } \end{pmatrix}\begin{pmatrix} 1 & { -\lambda  }_{ 2 } \\ -1 & { \lambda  }_{ 1 } \end{pmatrix}\frac { 1 }{ { \lambda  }_{ 1 }-{ \lambda  }_{ 2 } } $$
$${ Q }^{ n }=S{ D }^{ n }{ S }^{ -1 }=\frac { 1 }{ { \lambda  }_{ 1 }-{ \lambda  }_{ 2 } } \begin{pmatrix} { \lambda  }_{ 1 }^{ n+1 } & { \lambda  }_{ 2 }^{ n+1 } \\ { \lambda  }_{ 1 }^{ n } & { \lambda  }_{ 2 }^{ n } \end{pmatrix}\begin{pmatrix} 1 & { -\lambda  }_{ 2 } \\ -1 & { \lambda  }_{ 1 } \end{pmatrix}=\frac { 1 }{ { \lambda  }_{ 1 }-{ \lambda  }_{ 2 } } \begin{pmatrix} { \lambda  }_{ 1 }^{ n+1 }-{ \lambda  }_{ 2 }^{ n+1 } & { { \lambda  }_{ 1 }{ \lambda  }_{ 2 } }\left( { \lambda  }_{ 2 }^{ n }-{ \lambda  }_{ 1 }^{ n } \right)  \\ { \lambda  }_{ 1 }^{ n }-{ \lambda  }_{ 2 }^{ n } & { \lambda  }_{ 1 }{ \lambda  }_{ 2 }\left( { \lambda  }_{ 2 }^{ n-1 }-{ \lambda  }_{ 1 }^{ n-1 } \right)  \end{pmatrix}$$
Tendo en conta este último resultado, e aplicando  (4) para(x0, x1)=(1,1) obteremos a fórmula de Binet:$${ x }_{ n }=\frac { 1 }{ { \lambda  }_{ 1 }-{ \lambda  }_{ 2 } } \left[ { \lambda  }_{ 1 }^{ n }\left( 1-{ \lambda  }_{ 2 } \right) -{ \lambda  }_{ 2 }^{ n }\left( 1-{ \lambda  }_{ 1 } \right)  \right] $$
Usando esta fórmula pódese determinar que: $$\lim _{ x\rightarrow \infty  }{ \frac { { x }_{ n+1 } }{ { x }_{ n } } = } { \lambda  }_{ 1 }$$
Para obter unha fórmula de Binet algo máis recoñecible, basta ter presente que
$${ \lambda  }_{ 1 }=\frac { 1+\sqrt { 5 }  }{ 2 } =\phi \quad \quad { \lambda  }_{ 2 }=\frac { 1-\sqrt { 5 }  }{ 2 } =\varphi \quad \quad ;\quad { \lambda  }_{ 1 }-{ \lambda  }_{ 2 }=\phi -\varphi =\sqrt { 5 } \quad ;\quad \phi =1-\varphi \quad ;\quad \phi \varphi =-1 $$
$${ F }_{ n }=\frac { 1 }{ \sqrt { 5 }  } \left[ { \phi  }^{ n }\left( 1-\varphi  \right) -{ \varphi  }^{ n }\left( 1-\phi  \right)  \right] =\frac { 1 }{ \sqrt { 5 }  } \left( { \phi  }^{ n+1 }-{ \varphi  }^{ n+1 } \right)\quad \quad (5) $$
(Nota: os expoñentes son n+1 no canto de n  xa que en lugar de obter a sucesión estándar: 0, 1, 1, 2, 3, 5,... comenzamos cun valor adiantado: 1, 1, 2, 3 , 5, 8, ....)
Chegados aquí xa podo comentar que o problema co que comenzaba esta entrada aínda está sen encarreirar pero é que había un tempo que quería publicala e o citado problema acabou sendo unha desculpa perfecta para facelo. Volvendo sobre el, vemos que os seus valores (p,q)=(3,-1) escápanse do contido dos números metálicos pois éstes obtémolos para valores positivos de p e q. Pola contra, que o valor de q sexa negativo, nun principio, non debería dar maiores problemas xa que o discriminante continúa a ser positivo: p2+4q=5. Agora os valores da ecuación de segundo grao asociada son: $${ \lambda  }_{ 1 }=\frac { 3+\sqrt { 5 }  }{ 2 } =1+\phi \quad \quad \quad \quad \quad { \lambda  }_{ 2 }=\frac { 3-\sqrt { 5 }  }{ 2 } =1+\varphi $$
E aínda que non vexa, por esta vía, como resolver o problema orixinal, polo menos obtemos unha bonita fórmula para a sucesión proposta: $$x_{ n }=\frac { 1 }{ \sqrt { 5 }  } \left[ { \left( 1+\varphi  \right)  }^{ n }\phi -{ \left( 1+\phi  \right)  }^{ n }\varphi  \right] \quad \quad (6)$$
Nunha entrada posterior intentarei contar como, por fin, se pode resolver o problema.

luns, 1 de xaneiro de 2018

Notas sobre as II Xornadas de terminoloxía matemática

Os pasados días 28 e 29 de novembro celebráronse na Facultade de Matemáticas as II Xornadas de terminoloxía matemática. Velaquí van unhas notas (parciais)  sobre como se desenvolveron. Os comentarios que non se atribúen a ninguén son meus.
As notas refírense sobre todo ás contribucións do primeiro día porque me interesaba especialmente dar conta tanto dos materiais en galego como dos aspectos terminolóxicos en discusión.

 Materiais didácticos de matemáticas para secundaria
Sandra Sambade tiña a difícil tarefa de pescudar polo material en galego para o ensino secundario. Adiantou que o funesto decreto 79/2010 foi como o cabalo de Atila e que pouco queda. Velaquí a recompilación dese escaso material:
Material elaborado en galego
Matemáticas: habelas hainas, queremos contarchas!. 8 Vídeo-conferencias dunha xornada organizada na Facultade de Matemáticas o 09/11/17
No espazo Abalar hai un total de 21 (16) recursos en galego para a ESO fronte aos 159 en castelán. Chama a atención que os poidamos atopar no repositorio Abalar, da Consellería de Educación, cando é precisamente este organismo o que prohíbe a impartición de aulas de matemáticas en galego. Ata este nivel chega a hipocrisía. 6 dos materiais foron elaborados por Pila para 1º da ESO (Xeometría plana no mobiliario urbano (aula virtual) , Áreas e perímetros, Circunferencia e círculo, Triángulos, Polígonos e Xeometría plana no mobiliario urbano)
Outros 6 de xeometría plana elaborados por Teresa Otero e Alicia Pedreira para 2º da ESO (Polígonos,  Puntos e rectas notables, Puzzles matemáticos, Semellanza. Teorema de Thales, Teorema de Pitágoras, Triángulos) Aparece 1 de álxebra (que realmente non existe) e outro, O xogo da oca (II), que é para Primaria Actividades de reforzo, Xeoclic  que a min non me funcionou, (1º ESO) Aprende xeometría (2º ESO)
Finalmente tamén están referidos os materiais EDAD da LOGSE de 1º, 2º e 3º da ESO pero trátase de aplicacións que requiren dunha versión obsoleta da máquina virtual Java, e que polo tanto non funcionan. Ao non haber persoal da Consellería con coñecementos da materia o desastre e a desorganización son a divisa do Abalar. Para o bacharelato atopamos 51 unidades didácticas procedentes do IES San Clemente e unha de integración numérica do Proxecto Descartes que volve a ter o problema da desactualización.

Material traducido.
Aquí temos a maior parte dos recuros, especialmente os do Proxecto EDAD, con 12 unidades didácticas interactivas para cada unha das 6 materias de matemáticas que se imparten na ESO. Tamén está Geogebra, que conta cunha versión en galego grazas aos contribuidores que verquen ao galego as actualizacións desta aplicación na que podemos elaborar e atopar recursos.

Libros
No relativo aos libros de texto, ao estar prohibida a publicación dos da ESO, non hai ningún. Pero prácticamente temos o mesmo panorama nos do Bacharelato, a pesar de que aquí si que podería habelos Sandra só os atopou en Anaya. Outras editoriais de gran implantación como S.M ou Santillana non os ofrecen en galego.

Publicacións
No apartado de publicacións temos os libros da colección Lemniscata e a revista Gamma, ambas distribuídas por AGAPEMA. (Aquí podemos acceder ao nº 13 de Gamma) e un libro de Antom Labranha O universo matemático (Xerais 2017).
Grazas ao labor dalgúns profesores promocionando e titorizando revistas elaboradas por alumnos temos Mathesis, do IES Otero Pedrayo (A Coruña) e no blogue Tetractis de Gonzalo Temperán, no IES Monelos (A Coruña).

Blogues
Tamén hai blogues de matemáticas en galego, (poucos) e neste artigo de Manuel Vilariño temos unha recompilación.

Outros materiais
Finalmente S. Sambade fixo referencia a outros materiais, que quizais non admiten clasificación nos apartados anteriores. Aquí temos, por exemplo, todos os recursos xeométricos do profesor de debuxo Paulo Porta e a unidade didáctica María Wonenburger. Unha matemática adiantada ao seu tempo. de María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar, unidade didáctica, editada pola Xunta e o portal Matemáticas en pé de igualdade, da U. de Vigo sobre mulleres matemáticas O concurso Explícoche matemáticas 2.0, que desafortunadamente non ten un portal propio, aínda que teñen os vídeos na canle de You Tube da facultade.

Materiais didácticos de matemáticas para a universidade
Alberto Cabada, catedrático da Facultade de Matemáticas, dou conta do breve listado de publicacións  de matemáticas do nivel universitario:
Tamén fixo referencia ás publicacións da SGPEIO. Aquí vou destacar as que se publicitan no seu portal: os boletíns INFORMEST e o libro Á Estatística, ¡en caricaturas!. Cabada tamén se referiu a unha publicación de carácter terminolóxico, Termos esenciais de matemáticas para a economía e a empresaFinalmente falou das máis de 200 unidades didácticas que se elaboraron por iniciativa do SNL da USC. De entre elas hai algunhas de matemáticas:
Evolución e fixación do léxico matemático en galego
Xusto Rodríguez explicou que se está traballando para mellorar e ampliar con certos termos propios da matemática o dicionario da RAG. Neste sentido comentou que a Academia non fixará léxico especializado. O obxectivo non é que a Academia nos forneza de léxico, somos nós, os usuarios, os que debemos facer uso del.
En termos xerais hai poucos conceptos matemáticos en galego e están pouco difundidos. Tamén temos a sensación de que está deficientemente fixado porque hai pouco material científico en galego. Para unha maior fixación cómpre que se aumenten os contidos matemáticos. Así e todo, o léxico matemático, está bastante ben asentado. Basta que o comparemos co propio da informática para decatármonos.

O caso do léxico da estatística
Carlos L. Iglesias Patiño demostrou ser o campeón da innovación terminolóxica estatística galega, non hai termo especializado desta materia que se lle escape. Un exemplo: propón o termo mostraxe por rebandamento paracutt-off sampling, e non perde a ocasión de lembrar que mostraxe é un substantivo feminino. Trasladou a idea de que a batalla da fixación terminolóxica en galego está perdida na imprenta pero que pode gañarse no mundo das TIC.
Lembrounos que o Instituto Galego de Estatística (IGE) sempre empregou a lingua galega, aínda que considera que non o fixo coa suficiente precisión terminolóxica. Destacou que no portal do IGE hai un portal educativo e un vocabulario estatístico que poden ser de interese tanto para o ensino desta disciplina como para a divulgación da súa terminoloxía.

Algúns termos problemáticos
Xosé M. Masa centrou a exposición nas súas teimas terminolóxicas: alxébrico vs. alxebraico, euclidiano vs. euclídeo, veciñanza vs. entorno. Respecto a este último citou como o denominaba Hilbert -umgebung-, Frechet -voisinage-, ou como se di en portugués -vizinhança-. Rescatou da memoria propostas como a de carapucho esférico que aparece na versión dixital do Vocabulario de matemáticas (galego-castelán-inglés-portugués) [USC,1995], mentres que no libro aparece o termo calote esférico.
Lembrou con cariño o temro conxunto senlleiro (referíndose ao conxunto unitario) do colectivo Vacaloura. Tamén se referiu ao termo inglés countable, en referencia aos conxuntos, que significa "finito ou enumerable", e que se debería aceptar contable con esta acepción para non ter que repetir unha e outra vez esa alocución -finito ou enumerable-. En México usan o verbo mapear, traído do inglés mapping, outro caso de posible adaptación para a nosa lingua. Pola contra, por veces a contaminación do inglés parece excesiva, como exemplo está a denominación de esfera unidade -unit sphere- vs esfera unitaria. Isto lembroume outro caso, que Masa non comentou nesta ocasión, que é o de círculo osculador -osculating circle-, que non ten moito sentido, pois o concepto refírese á circunferencia polo que se debería denominar circunferencia osculadora.
Para rematar a súa intervención fixo algunhas críticas ás decisións terminolóxicas da RAG. Empezou por  lineal (exclusiva do español) vs linear, o termo recollido en portugués e inglés, lineare en italiano, linéaire en francés, linearen en alemán,... Tamén criticou que o dicionario RAG recollera polinómico no canto de polinomial mentres que si aparece binomial. Finalmente apostou polo termo limitado ou límite superior e límite inferior no canto de cota superior e inferior. 

A segunda xornada
Comenzou esta xornada tratando sobre A lexislación actual no ensino das matemáticas en galego. Neste apartado fixen un repaso da lexislación desde o final da ditadura ata os tempos actuais. Resumindo: actualmente estamos como ao final da ditadura. Despois tocoulle o turno a Valentina Formoso, quen fixo unha detallada exposición dos prexuízos presentes na sociedade hoxe en día e que son os que, en boa medida, dificultan un discurso hexemónico de consenso arredor da lingua.
Laura Díaz Calaza e Soraya Suárez Quintas debullaron as asúa contribucións no estudo da dialectoloxía e mostraon como a estatística é unha ferramenta versátil para este propósito.

mércores, 13 de decembro de 2017

Un problema para alumnos, un problema para profesores

Un problema para alumnos
Sexa a parábola y=x2
Consideremos nela os puntos P=(-1,1) e Q=(2,4). Trátase de determinar o punto R entre P e Q tal que o triángulo PQR teña área máxima.











Un problema para profesores
Se este problema aparecese proposto nun libro de texto, seguramente sería pensando en procurar a solución a partir da determinación da distancia entre o punto R e a recta que pasa por P e Q.  Na seiguinte imaxe vemos outro problema (este resolto) que nos indica un camiño a seguir para resolver o noso:

Do libro de Matemáticas I de Vicens Vives, edición 2015
E non hai outra alternativa?
A pregunta é retórica: si que a hai, podemos facelo obtendo a área do triángulo mediante determinantes. O problema é que os libros de texto preséntannos os determinantes co ollo posto nun único obxectivo, o de chegar á regra de Cramer. Así tenden indefectiblemente cara a definición alxébrica do determinante.
$$\left| \begin{matrix} { a }_{ 11 } & { a }_{ 12 } & ... & { a }_{ 1n } \\ { a }_{ 21 } & { a }_{ 22 } & ... & { a }_{ 2n } \\ ... & ... & ... & ... \\ { a }_{ n1 } & { a }_{ n2 } & ... & { a }_{ nn } \end{matrix} \right| =\sum _{ \sigma \in { P }_{ n } }^{  }{ sgn(\sigma )\cdot { a }_{ 1\sigma (1) }{ a }_{ 2\sigma (2) }....{ a }_{ n\sigma (n) } }  $$
Como esta definición é realmente enrevesada, acabamos dando na aula un sucedáneo da mesma consistente nun listado de regras prácticas de cáculo dun determinante (determinantes de orde dúas e regra de Sarrus) como a esencia do concepto. Trátase dunha presentación autoritaria e que se pode evitar.
Mesmo na wikipedia se destaca a definición dun determinante en relación ao seu significado como medida de área de paralelogramos (determinantes de orde dúas) ou de volume de paralelepípedos (para os de orde tres). Non ten sentido discriminar esta produtiva característica dos determinantes. Máis aínda, se a usamos como caráter definitorio, a restra sen sentido das propiedades dos determinantes aparecerá agora como un listado de resultados con evidentes comprobacións xeométricas:


$$det(\vec { i } ,\vec { j } )=1$$

$$det(\vec { u } ,\lambda\vec { u } )=0$$


$$det(\lambda \vec { u },\vec { v } )=\lambda \cdot det(\vec { u } ,\vec { v } )$$


$$det(\vec { { u } } +\vec { { v } } ,\vec { w } )=det(\vec { { u } } ,\vec { w } )+det(\vec { { u } } ,\vec { w } )$$
Despois de ter explicado varias veces determinantes como un ente misterioso cunha chea de propiedades estilo fómula de Sarrus, un compañeiro de departamento prestoume o libro de Vidal Abascal, Geometría diferencial, e foi precisamente aquí onde atopei a definición xeométrica de determinante:  "Sexan a1 e a2 dous vectores [no libro de Abascal os vectores veñen en letra grosa] calquera de E2 tomados nesa orde. Ao conxunto destes vectores correspóndelle un paralelogramo que os ten por lados e que é o lugar dos puntos P do plano tales que $$\overrightarrow { OP } ={ \lambda  }_{ 1 }{ a }_{ 1 }+{ \lambda  }_{ 2 }{ a }_{ 2\quad \quad \quad \quad  }0\le { \lambda  }_{ 1 },{ \lambda  }_{ 2 }\le 1$$
Figura 4
Chámase área alxébrica asociada a (a1, a2), un número alxébrico cuxo módulo é a área do paralelogramo precedente (ver figura 4) e cuxa orixe é positiva ou negativa segundo o conxunto dos dous vectores (a1, a2) é do mesmo sentido que o conxunto (e1,e2) [vectores da base canónica] ou de sentido contrario. Designaremos o número así definido pola notación D(a1,a2). Esta función de dúas vectores chámase determinante de orde 2" [a tradución e a cursiva son miñas]

Resolvendo o problema inicial
Chegados a este punto podemos resolver o problema inicial de (polo menos) dúas maneiras distintas. A primeira consiste en calcular a ecuación da recta PQ e despois usar a fórmula da distancia dun punto a unha recta.
A segunda, que é a que máis me gusta, consiste en calcular o determinante da matriz formada polos vectores PQ e PR, xa que, agás eventualmente o signo, ten o mesmo valor que o dobre da área do trigángulo que queremos maximizar.
Paréceme do máis interesante propoñer este problema na aula de 2º de bacharelato para ver cantos son quen de meterlle o dente ao problema, e en segundo lugar, darlle indicacións distintas a distintos alumnos para ver se poden seguir cada un dos camiños aquí indicados.

Ah! Se fixen esta entrada foi para ter unha entrada coas etiquetas de "álxebra", "xeometría" e "cálculo", non por outra cousa.