domingo, 13 de xaneiro de 2013
Lux Aeterna
LUX AETERNA from Cristóbal Vila on Vimeo.
Nova animación de Cristóbal Vila con referencias astronómicas e xeométricas. Comenza a animación coa galaxia espiral Messier 74 e a rexión LH 95, un lugar de formación estelar na Gran Nube de Magallaes. Continúa con espectaculares imaxes do Sol e da Terra.
O vídeo tamén contén referencias a Ibn Sahl, un matemático e físico persa que descubridor da chamada Lei de Snell. As notas manuscritas que aparecen xunto a unhas tazas de café fan referencia a traballos de Albert Einstein que chega a este traballo sobre a luz por medio das lentes gravitacionais. O alter ego de Einstein, Isaac Newton tamén aparece referido por medio da portada do seu libro Opticks e unha outra animación sobre un prisma. En fin, otro novo vídeo de Cristóbal Vila cargado de referencias ao coñecemento científico. Un gusto para os sentidos e a intelixencia.
Para saber máis sobre o vídeo, consultar este web do autor: Etérea
xoves, 10 de xaneiro de 2013
Dúas unidades didácticas para dous matemáticos galegos: Ramón M. Aller e Vidal Abascal
No ano 1999 celebráronse en Lugo as IX Xornadas de Aprendizaxe e Ensino das Matemáticas (JAEM). Para que os congresistas tiveran un recordo duradeiro desas datas a Consellería de Educación e o Cefocop editaran un libro titulado Dous matemáticos galegos que trataba sobre dúas figuras fundamentais nas matemáticas galegas: Ramón Mª Aller Ulloa e Enrique Vidal Abascal.
Nos últimos tempos EducaBarrién ven de editar varias unidades didácticas sobre figuras da nosa ciencia. No ámbito das matemáticas as dúas persoas escollidas son precisamente as nomeadas anteriormente.
Ramón María Aller Ulloa.
Na unidade didáctica de EduBarrié adicada a Aller xunto a uns pequenos apuntes biográficos achégansenos unha introdución á astronomía usando múltiples recursos da rede. Velaquí a unidade que tamén se pode descargar en PDF.
Como complemento engado as seguintes ligazóns sobre Ramón María Aller:
Velaquí algunhas ligazóns para coñecermos mellor a Enrique Vidal Abascal:
- Aller, Ramón M. : 'Introducción a la Astronomía'. [Nota bibliográfica], (1944) Boletín nº 277-280 da RAG, por EnriqueVidal Abascal
- Ramón Mª Aller Ulloa, (1976) Boletín nº 358 da RAG por Enrique Vidal Abascal
- Exposición en homenaxe ó astrónomo Ramón María Aller Ulloa (2009) vídeo da USC
- Ramón María Aller, (2003) vídeo da USC
- Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia, Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX, (2011) por José Ángel Docobo Durántez
- Ramón María Aller Ulloa. O iniciador da investigación astronómica en Galicia (2012) no Álbum da Ciencia por José Ángel Docobo Durántez
- Observatorio Astronómico Ramón María Aller, biografía de Aller no web da USC, por J. A. Docobo Durántez
Enrique Vidal Abascal
A unidade didáctica de Vidal Abascal editada por EducaBarrié pódese descargar en PDF ou desde esta presentación:
- Enrique Vidal Abascal, Galipedia
- Na memoria de Enrique Vidal Abascal, (1996) discurso de Xesús Ferro Ruibal
- Enrique Vidal Abascal, (2000) boletín nº 361 da RAG, por Xesús Ferro Ruibal
- Profesor Dr. Enrique Vidal Abascal (2008), Real Academia Gallega de Ciencias
- Brief portrait of the life and work of Prof. Enrique Vidal Abascal, VIII International Colloquium on Differential Geometry (2008)
- Esbozo biográfico de Enrique Vidal Abascal (2008), actos do 50 aniversario da Facultade de Matemáticas da USC, por Xosé María Masa Vázquez
luns, 7 de xaneiro de 2013
10 Most Important Numbers In The World
Aínda que ten algunha inexactitude, ou precisamente por iso, quixen compartilo aquí. Pero sobre todo polo gratificante empeño posto en destacar a utilidade dos números que se presentan.
Unha cuestión: son precisamente eses os números máis improtantes do mundo?
sábado, 8 de decembro de 2012
2+2=5. As matemáticas contra a normalización lingüística
Impactante e educativa curta. As matemáticas sempre estiveron no punto de mira das políticas educativas co fin de usar o prestixio que lle fornecían os seus esotéricos símbolos para proveito das máis variadas (e en moitos casos escuras) causas. Lembremos, por exemplo, que a gran revolución educativa no ensino da ciencia dos números que se quixo impulsar coa implantación nos anos 70 da matemática moderna, naceu como resposta nos países da órbita da OTAN ao gran sock que supuxo o programa Sputnik da Unión Soviética nun escenario de guerra fría. Hoxe as matemáticas son a punta de lanza do grupo de materias troncais, as áreas de coñecemento privilexiadas que o programa involucionista do PP está a impoñer nas nosas escolas. Aos nosos gobernos non lles importa nada o ensino das matemáticas. Os seus intereses están na permanencia no poder e para iso cómprelles dirixir un control ideolóxico que o faga posible. Por medio do decreto de plurilingüismo e a LOMCE os gobernos de Galicia e España só pretenden facer uso do prestixio das matemáticas como base do desenvolvemento científico para estableceren políticas nefastas desde punto de vista educativo, e en definitiva, con consecuencias moi negativas para a sociedade do futuro. En Galicia estase a usar a formación en matemáticas como arma contra a normalización lingüística. Con cada clase de matemáticas impartida en castelán estase a ensinar tamén que o galego é unha lingua de segunda categoría, da que se pode prescindir para o desenvolvemento científico e, en definitiva, inútil socialmente. En Galicia estase a ensinar que "dos más dos es igual a cinco"
xoves, 22 de novembro de 2012
A utlidade da terminoloxía matemática en galego
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC promove unha rolda de discusión de terminoloxía matemática: o LEXI_GA_MATH, aberta a todos os interesados no uso correcto do vocabulario específico desta ciencia. Esta anotación quer ser tamén unha invitación a apuntarse nesta lista a todos os interesados en fornecernos dunha terminoloxía correcta no ámbito das matemáticas. Apelo a un interese que non se pode desligar do uso. Para iso paso a facer algo de memoria.
Principios
No ano 1979 publícase o que , segundo o seu editor, Xulián Maure, sería o primeiro libro "non só de Europa, senón do mundo enteiro, dedicado ó ensino das matemáticas en galego". Tratábase dun libro de texto para 1º de bacharelato, elaborado por un grupo de máis de medio cento de profesores coñecido como Colectivo Vacaloura. Os seus integrantes tiveran que facer o traballo sen referencia terminolóxica algunha. A súa achega respondía a unha necesidade imperiosa da sociedade galega de prestixiar unha lingua prohibida, a súa lingua. Para continuar este traballo e facelo como correspondía, con rigor científico, precisábase un vocabulario de termos especializados que fose o resultado dun traballo que non nos aportara simples traducións do castelán. Compría que alguén que sentira a lingua e con coñecementos da área dera o primeiro paso. Velaí que por fin no ano 1995 se presenta na Facultade de Matemáticas un libro editado pola USC e coordinado por X. M. Masa Vázquez e A. B. Fortes López. O seu título: Vocabulario de Matemáticas. [Pode descargarse o documento de texto desde aquí.]. O amigo e compañeiro Manuel Vilariño tivo a feliz idea de subilo á plataforma Scribd para que a súa consulta fose máis accesible a todos
A utilidade da terminoloxía matemática en galego. A cuestión central que se suscita despois de comprobarmos que dispoñemos de toda unha serie de recursos para establecer o vocabulario matemático é: para que queremos todo isto? A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) financia a base de datos bUSCatermos. Pola contra esa mesma SXPL é o maior valedor do decreto que prohíbe o uso do galego no ensino das matemáticas que é precisamente o eido natural que lle pode dar máis valor e uso a toda esta recompilación terminolóxica. En ningún outro caso se pode ver con máis claridade unha das características fundamentais da política lingüística dos úlitmos anos. Trátase dunha política que parte de considerar ao galego como unha lingua de museo. Algarismo, alxébrico, arranxo ... Que triste é ver todos eses termos disecados! Contra unha política lingüística forense debemos propugnar unha medicina de habitos saudables pois única postura coherente é a que correlaciona interese pola lingua co seu uso. Temos que recuperar a necesidade imperiosa de prestixiar unha lingua prohibida e iso pasa por impartir as aulas de matemáticas en galego.

Mates from Manuel Vilariño
As matemáticas en galego comenza a ocupar o seu lugar
De certo que este traballo contribuíu en moi boa medida a que a edición de libros de texto de matemáticas en galego nos anos seguintes se fixera de forma máis coordinada e pisando en chan firme.
É o caso que cos comenzos do século XXI as normalización comenza a notarse no eido do ensino das matemáticas. Todas as editoriais que querían estar realmente presentes nos centros escolares, tiñan que ter o seu libro de matemáticas en galego. Isto contribuiría a que tradutores, pedagogos, profesores, e moitos outros profesionais desenvolveran un traballo que se agradecía acotío nas aulas. As matemáticas comenzaban a andar o seu viaxe da man da normalización lingüística, sobre todo co impulso dado polo decreto 124/2007 que establecía que o ensino das matemáticas se desenvolvería en galego. Esta decisión non foi otra cousa que a ratificación do que se indicaba no PXNLG, aprobado por todos os grupos políticos do parlamento galego no ano 2004.
Desta época temos dous traballos máis, desta vez da Universidade da Coruña, incluídos dentro dun listado de vocabularios que desenvolven a campaña 'Profesionaliza a túa lingua', gañadora do primeiro premio Luísa Vilalta ás iniciativas normalizadoras. Estámonos a referir a:
- Pérez Vázquez, L.; P. Precedo Estraviz; N. Seoane Bouzas (2006): Profesionaliza a túa lingua: matemática. A Coruña: Universidade da Coruña. [Accesible en liña desde aquí].
- Pereiro Felípez, M. C. et alii (2008): Profesionaliza a túa lingua: estatística. A Coruña: Universidade da Coruña. [Accesible en liña desde aquí].
A utilidade da terminoloxía matemática en galego. A cuestión central que se suscita despois de comprobarmos que dispoñemos de toda unha serie de recursos para establecer o vocabulario matemático é: para que queremos todo isto? A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) financia a base de datos bUSCatermos. Pola contra esa mesma SXPL é o maior valedor do decreto que prohíbe o uso do galego no ensino das matemáticas que é precisamente o eido natural que lle pode dar máis valor e uso a toda esta recompilación terminolóxica. En ningún outro caso se pode ver con máis claridade unha das características fundamentais da política lingüística dos úlitmos anos. Trátase dunha política que parte de considerar ao galego como unha lingua de museo. Algarismo, alxébrico, arranxo ... Que triste é ver todos eses termos disecados! Contra unha política lingüística forense debemos propugnar unha medicina de habitos saudables pois única postura coherente é a que correlaciona interese pola lingua co seu uso. Temos que recuperar a necesidade imperiosa de prestixiar unha lingua prohibida e iso pasa por impartir as aulas de matemáticas en galego.
xoves, 8 de novembro de 2012
'Isto é matemática'. Programa de divulgación da TV portuguesa
Un que sempre anda na procura de materiais de matemáticas en galego fiquei gratamente sorprendido ao enterarme de que na canle portuguesa de televisión SIC Notícias, comenzou a emisión dun mini-espazo de divulgación matemática: 'Isto é matemática'. O programa emítese os sábados ás 20:50. Condúceo o matemático Rogério Martins con simpatía e procurando facer accesible esta ciencia a todos os públicos. Así se presenta:
A matemática vai muito para além dos números e das equações. A matemática são ideias. Ela acontece sempre que há um padrão... Sempre que algo se repete... no seu quotidiano, nas ruas, no trânsito. São ideias que se materializam em todos os objectos que alguma vez observou... e talvez nunca tenha dado conta. A matemática é vida. A sua vida... e a minha.Sou o Rogério Martins... e sou matemático.'Isto é matemática' está promovido pola Sociedade Portuguesa de Matemática (SPM). Os programas emitidos ata o momento tráenme á cabeza o Ben Falado! da TVG, quizais pola pouca duración que teñen. Isto, no canto de ser un desventaxa, creo eu, é o seu maior valor. Cun guión e unha realización moi coidadas cada un destes capítulos é unha perla da divulgación matemática. Eu non os perderei de vista. Podemos seguir as novidades do programa nunha conta de facebook ou no seu portal da canle de televisión. Capítulo 1. Reinventar a roda. Capítulo 2. Como é que o google goola Capítulo 3. O bilhar, o dentista e o Teatro São Carlos Capítulo 4. O efeito borboreta
martes, 6 de novembro de 2012
Calculadoras: de Leonardo da Vinci a Ramón Verea
O Día da Ciencia en galego instaurouse como protesta contra o decreto de plurilingüismo que exclúe o galego do ensino das ciencias e da tecnoloxía. Na súa terceira edición escollénronse para centrar as actividades as figuras de Leonardo da Vinci e Ramón Verea.
Como aportación ás reivinidcacións da celebración do III Día da Ciencia en galego vai esta anotación sobre a historia das máquinas de cálculo desde Leonardo da Vinci (1493) ata Ramón Verea (1978).
O boceto de Leonardo da Vinci
Cun total dunhas 700 páxinas, no ano 1967 descúbrense na Biblioteca Nacional de Madrid os documentos que serían coñecidos como Códice de Madrid I e II. O seu autor era Leonardo da Vinci (1452-1519). No folio 36-verso do tomo I atopamos un debuxo dun mecanismo de transmisión mediante un engranaxe no que a relación de transmisión é de 1:10. Por cada 10 voltas que lle deamos a unha roda, a seguinte moverase unha décima parte. Como segundo o esquema de Leonardo, a máquina consta de 13 unidades ensambladas, para que se mova un dente da última cómpre que que deamos 1.000.000.000.000 (un billón) de voltas á primeira roda. No seguinte vídeo vemos unha versión dixital deste aparato con 7 rodas no canto de 13.
Ao pouco deste achádego o enxeñeiro Roberto A. Guatelli (1904-1993), experto mundial na obra de Leonardo da Vinci constrúe unha calculadora basándose no anterior esquema do Códice de Madrid I. Guatelli estaba especializado na construción de réplicas das máquinas de Leonardo, porén nesta ocasión ademais das indicacións do folio 36-verso Guatelli fai uso doutros mecanismos descritos tamén por da Vinci no Códice Atlántico pero que non eran da súa invención pois xa aparecían nun libro de Vitrubio do século I a. C. Con esta base constrúe unha calculadora para unha exposición da IBM que pretendía ser unha réplica do boceto de Leonardo pero á que se lle ven unha chea de defectos: nos comenzos do XVI non ten ningún sentido unha calculadora con tantas cifras; non hai ningunha marca numérica; tampouco se enxerga ningún mecanismo para introducir novos sumandos, o rozamento que se produciría sería tal que ao cabo dunhas poucas voltas resultaría imposible mover a maquinaria,....
O reloxo de Schickard
Por todo o exposto considérase que a primeira máquina de calcular foi construída no 1623 por Wilhelm Schickard (1692-1635) un astrónomo alemán. O seu reloxo de cálculo podía realizar as catro operacións básicas. Pero o único que se construiu foi destruído nun incendio no 1624 seguramente nun incendio provocado por alguén que non soportaba que a máquina fose quen de realizar as mesmas operacións que "un espíritu sagrado e inviolable" do ser humano. Velaquí unha reconstrucción do reloxo calculador de Schikard a partir dun esquema recollido dunha carta que lle enviou ao eminente astrónomo Kepler:
A pascalina
No ano 1642 o filósfo e matemático francés Blaise Pascal (1623-1662) presenta unha máquina aritmética que realizaba sumas e restas. Construíronse varios exemplares que se distribuíron por Europa e servirían como referencia para que outros construíran as súas propias sumadoras.
A máquina de Leibniz
O maior defecto da pascalina era que non podía realizar produtos e divisións. Para superar esta limitación Gottfried Wilhelm Leibniz (1646-1716) , matemático, filósofo e diplomático alemán elabora unha máquina moito máis complexa que a de Pascal. Constrúe un exemplar no 1694 e outro no 1704, pero os seus mecanismos, demasiado complexos para o desenvolvemento tecnolóxico da época, nunca chegaron a funcionar satisfactoriamente. De todas formas, as innovacións que achegadas por Leibniz habían de ser utilizadas polos seguintes inventores.
O aritmómetro
Seguramente o deseño máis importante realizado sobre a base da calculadora de Leibniz sexa o aritmómetro. Esta calculadora ideada por Charles-Xavier Thomas de Colmar (1785-1870), un enxeñeiro francés que era director dunha compañía de seguros en París. A primeira versión foi contruída no 1822. Foi a primeira calculadora con éxito comercial de toda a historia, a súa produción estederase con sucesivas versións desta máquina durante todo o século XIX, incluso despois da morte de Thomas de Colmar, ata o ano 1915.
A multiplicadora de Ramón Verea.
Todas as caculadoras construídas ata o último cuarto do XIX tiñan un evidente incoveniente. Basaban o cálculo do produto nunha serie de sumas sucesivas. Ademais este procedemento non era automático. Todo isto cambiou coas aportacións que fixo Ramón Verea (1833-1899), cando no ano 1878 patentou en Nova York un mecanismo que podía realizar directamente multiplicacións cunha capacidade de obter resultados de ata quince cifras. Ramón Verea era plenamente consciente de cal fora a súa aportación á tecnoloxía das máquinas calculadoras. Nun artigo publicado no xornal Las Novedades de Nova York Verea afirmaba que
Para saber máis:
The history of computing project
arithmometre.org
History of computers Rechnerlexikon. Die große Enzyklopädie des mechanischen Rechnens
Códice de Madrid
Storia d´ell informatica, pdf didáctico
Ramón Verea. Inventor estradense, libro de Olimpio Arca Caldas
Historia universal de las cifras, libro de Georges Ifrah, editado por Espasa
Cun total dunhas 700 páxinas, no ano 1967 descúbrense na Biblioteca Nacional de Madrid os documentos que serían coñecidos como Códice de Madrid I e II. O seu autor era Leonardo da Vinci (1452-1519). No folio 36-verso do tomo I atopamos un debuxo dun mecanismo de transmisión mediante un engranaxe no que a relación de transmisión é de 1:10. Por cada 10 voltas que lle deamos a unha roda, a seguinte moverase unha décima parte. Como segundo o esquema de Leonardo, a máquina consta de 13 unidades ensambladas, para que se mova un dente da última cómpre que que deamos 1.000.000.000.000 (un billón) de voltas á primeira roda. No seguinte vídeo vemos unha versión dixital deste aparato con 7 rodas no canto de 13.
Ao pouco deste achádego o enxeñeiro Roberto A. Guatelli (1904-1993), experto mundial na obra de Leonardo da Vinci constrúe unha calculadora basándose no anterior esquema do Códice de Madrid I. Guatelli estaba especializado na construción de réplicas das máquinas de Leonardo, porén nesta ocasión ademais das indicacións do folio 36-verso Guatelli fai uso doutros mecanismos descritos tamén por da Vinci no Códice Atlántico pero que non eran da súa invención pois xa aparecían nun libro de Vitrubio do século I a. C. Con esta base constrúe unha calculadora para unha exposición da IBM que pretendía ser unha réplica do boceto de Leonardo pero á que se lle ven unha chea de defectos: nos comenzos do XVI non ten ningún sentido unha calculadora con tantas cifras; non hai ningunha marca numérica; tampouco se enxerga ningún mecanismo para introducir novos sumandos, o rozamento que se produciría sería tal que ao cabo dunhas poucas voltas resultaría imposible mover a maquinaria,....O reloxo de Schickard
Por todo o exposto considérase que a primeira máquina de calcular foi construída no 1623 por Wilhelm Schickard (1692-1635) un astrónomo alemán. O seu reloxo de cálculo podía realizar as catro operacións básicas. Pero o único que se construiu foi destruído nun incendio no 1624 seguramente nun incendio provocado por alguén que non soportaba que a máquina fose quen de realizar as mesmas operacións que "un espíritu sagrado e inviolable" do ser humano. Velaquí unha reconstrucción do reloxo calculador de Schikard a partir dun esquema recollido dunha carta que lle enviou ao eminente astrónomo Kepler:
O maior defecto da pascalina era que non podía realizar produtos e divisións. Para superar esta limitación Gottfried Wilhelm Leibniz (1646-1716) , matemático, filósofo e diplomático alemán elabora unha máquina moito máis complexa que a de Pascal. Constrúe un exemplar no 1694 e outro no 1704, pero os seus mecanismos, demasiado complexos para o desenvolvemento tecnolóxico da época, nunca chegaron a funcionar satisfactoriamente. De todas formas, as innovacións que achegadas por Leibniz habían de ser utilizadas polos seguintes inventores.
O aritmómetro
Seguramente o deseño máis importante realizado sobre a base da calculadora de Leibniz sexa o aritmómetro. Esta calculadora ideada por Charles-Xavier Thomas de Colmar (1785-1870), un enxeñeiro francés que era director dunha compañía de seguros en París. A primeira versión foi contruída no 1822. Foi a primeira calculadora con éxito comercial de toda a historia, a súa produción estederase con sucesivas versións desta máquina durante todo o século XIX, incluso despois da morte de Thomas de Colmar, ata o ano 1915.
A multiplicadora de Ramón Verea.
Todas as caculadoras construídas ata o último cuarto do XIX tiñan un evidente incoveniente. Basaban o cálculo do produto nunha serie de sumas sucesivas. Ademais este procedemento non era automático. Todo isto cambiou coas aportacións que fixo Ramón Verea (1833-1899), cando no ano 1878 patentou en Nova York un mecanismo que podía realizar directamente multiplicacións cunha capacidade de obter resultados de ata quince cifras. Ramón Verea era plenamente consciente de cal fora a súa aportación á tecnoloxía das máquinas calculadoras. Nun artigo publicado no xornal Las Novedades de Nova York Verea afirmaba que
Non sei se algún dos inventores que me precederon soñou algunha vez cunha máquina de calcular; pero sei que todos os aparatos ata o de hoxe inventados non fan máis que contar,Por iso, aínda que puxera como desculpa que só pretendía reforzar o orgullo da súa orixe, resulta realmente estraño que non chegara a comercializar o seu invento. Outros si que o fixeron. É o caso de León Bollée, inventor do primeiro coche de gasolina, gañador no 1889 dunha medalla de ouro na Exposición Universal de París do 1889 por unha calculadora que realizaba rápidamente grandes produtos e divisións. No 1892 Otto Steiger, sobre a tecnoloxía desenvolvida por Bollée e Verea construirá un modelo que sería todo un éxito comercial: a millonaria.
Para saber máis:
The history of computing project
arithmometre.org
History of computers Rechnerlexikon. Die große Enzyklopädie des mechanischen Rechnens
Códice de Madrid
Storia d´ell informatica, pdf didáctico
Ramón Verea. Inventor estradense, libro de Olimpio Arca Caldas
Historia universal de las cifras, libro de Georges Ifrah, editado por Espasa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)