xoves, 1 de agosto de 2013
A soma das medidas dos ângulos em um triângulo é 180°. Ciencias en portugués
luns, 29 de xullo de 2013
Galega desde o cariño
Encantoume o título desta entrada, "Galega desde o cariño" que vin no blogue lingualiza do Equipo de Normalización do IES Rodeira (Cangas). Disfrutei escoitando esta entrevista, feita nun ambiente relaxado, moi distinta do que esperamos dun vídeo que nos chega dun centro de ensino. Desde o principio o salón que vemos neste audiovisual convértese no salón na nosa casa. Gocei infinitamente cando ao escoitar que a entrevistada, a profesora de matemáticas de orixe canaria, Carmen de las Casas, respondía ao nome de Carmiña.
Ana, Nerea e Luís son os que lle fan as preguntas as preguntas a Carmiña sobre como foi o proceso de descubrimento de Galicia, un descubrimento que segundo a profesora comprobou con sorpresa, mesmo lle é alleo a moitos galegos. Carmiña fala da nosa cultura, especialmente da nosa lingua, da impartición das clases de matemáticas en galego, e sobre todo do cariño que sinte polo galego, sentimento que non achamos entre as autoridades da Consellería de Educación, cousa que se fai ben evidente ao premer o play deste vídeo.
luns, 15 de xullo de 2013
Ondas versus voltas
Moitas filas de círculos que se intersecan. En cada círculo temos un punto xirando. E a impresión que dá todo o conxunto é o dun movento ondulatorio.
Tirado de aquí.
martes, 7 de maio de 2013
Ilusións matemáticas
No IES de Rodeira celebraron a Semana da Ciencia con diversos traballos. Destaco o de matemáticas porque é o que máis me tira, pero tamén fixeron achegas sobre mundo da informática ou da tecnoloxía, que son tamén tres formas de amosar un mundo normalizado desde o ensino na exposición da Semana da Ciencia do IES de Rodeira.
Este ano, o traballo de matemáticas tivo un carácter divulgativo-xeométrico xa que se centrou nas ilusións ópticas. O alumnado explica como xogando coa perspectiva, cor, movemento e tamaño dos obxectos pode mos enganar aos sentidos. Isto non é máis que o primeiro paso para compendermos como xogando coa lingua e as mentiras podemos enganar ao entendemento, que é o que fai decote a Consellería de Educación ao tratar o tema da normalización e do uso do galego no ensino.
Parabéns ao IES de Rodeira polo bonito traballo desenvolvido.
venres, 5 de abril de 2013
Linguas na arañeira de internet
A arañeira web é un enleado mundo que nos ofrece retratos de como tecemos tamén as nosas redes lingüísticas. Segundo o estudo presentado no Research Blog a maior parte das páxinas ligan con outras do mesmo web. En todo caso, o resto das ligazóns van a outros webs da mesma lingua. No entanto hai un pequeno pero significativo número de ligazóns que van a webs doutras linguas. Este último tipo de vectores son os estudados e representados nestes gráficos construídos a modo de grafos orientados.
Os grafos non son outra cousa que unha colección de puntos (chamados vértices), conectados ou non, mediante liñas (os matemáticos chámanlle arestas). Chámanselle grafos orientados ou dirixidos a aqueles nos que as arestas teñen unha dirección que vai dun nodo de saída a outro de chegada. No que temos aquí arriba aparecen representadas todas as linguas que teñen polo menos 100.000 webs , entre elas, a galega que pode apreciarse máis claramente nesta ampliación. O ano estudado é o 2008 e neste gráfico non aparece a lingua hexemónica na rede, o inglés. Nese momento vemos como o 3% das páxinas galegas que ofrecen direccións cara portais noutras linguas conectan con webs en portugués mentres que un 27% se dirixen cara outros en español. Os portais vascos ou cataláns amosan porcentaxes similares pero algo inferiores.
Con respecto ás ligazóns cara ao inglés, o galego cun 17% sitúase no entorno dos valores medios
Vía cousas d' o paco
luns, 25 de febreiro de 2013
A conferencia de Olimpio Arca sobre Ramón Verea
O pasado mes de novembro, como unha máis das actividades arredor do Día da Ciencia en Galego no IES Pintor Colmeiro, Olimpio Arca Caldas, autor da máis completa biografía de Ramón Verea ( inventor da primeira máquina de calcular que realizaba os produtos directamente alá polo ano 1878)
Olimpio lémbranos que debemos recuperar a nosa historia. Os libros de texto falan de Isaac Peral como inventor do submarino, de Juan de la Cierva como inventor do autoxiro. Porén non falan de José Rodríguez, o matemático de Bermés, nin de Domingo Fontán, o xeógrafo de Portas, ou como é o caso que nos ocupa, de Ramón Verea, quen fixo un dos avances máis importantes na historia do cálculo.
A conferencia
O mestre Olimpio Arca Caldas ilustrounos co seu profundo saber sobre o inventor galego e explicounos que o seu obxectivo fundamental era dar a coñecer a historia que nos roubaron para que non teñamos orgullo de nós mesmos. Por iso deixounos para que compartísemos a presentación que nos ofreceu xunto coas súas notas.
Reitero o agradecemento do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro a Olimpio Arca por permitir que comunidade internauta poida coñecer de quen máis sabe sobre Ramón Verea a biografía deste inventor. A seguir o relatorio desta presentación.

Presentación da biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas1. Único retrato que coñecemos do estradense Ramón silvestre Verea García, home de mentalidade renacentista, orgulloso sempre e en todas as esferas da sociedade, da súa nacionalidade española e defensor a ultranza do labor de España no mundo.
Prestixioso escritor e inventor esquecido nas enciclopedias e nos libros de texto durante moitos anos, o meso que outros científicos galegos. As primeiras novas que tiven de Ramón Verea pertencen á prestixiosa revista “La Ilustración gallega y asturiana”. Buscaba eu máis datos acerca da persoa de Bernardo Rodríguez, outro emigrante estradense que desempeñou en Arxentina o cargo de bibliotecario na Universidade de Bos Aires.
Antes de entrar na extraordinaria e fecunda biografía de Verea, paréceme importante coñecer os vieiros que me levaron a saber da súa apaixoada vida. Na devandita revista “La Ilustración” comentaba un anaco da súa vida o biógrafo Pérez Morris e, consultado o Espasa, comprobei que nacera na parroquia de Curantes.O seguinte paso levoume aos cemiterios desa parroquia, coa esperanza de atopar nas lápidas dos panteóns posibles familias de Verea. Non había ningunha, en troques, aparecían moitos Brea. Comprendín que a ausencia do apelido Verea estaría motivada polas inscircións que os casteláns fixeran nos libros do resitro civil creado no 1870, así os Meixide pasaran a Meijide, os Texo a Tejo, os Docampo a Campos.No Museo de Pontevedra atopo os dous volumes da colección da súa gran revista “El Progreso”, fonte segura de documentos autobiográficos para coñecer vida e escritos do noso personaxe. Estes volumes foran doados no seu día oa Museo Provincial por Pedro Trapote, único axente da revista en Pontevedra.Logo desta sinxela introdución, analizarei a vida e obra de Ramón Verea como escritor e inventor. Nace Verea o día 11 de decembro do 1833 na parroquia de San Miguel de Curantes, xurisdiciónde Tabeirós, incorporada máis tarde ao concello da Estrada.No libro sacramental número 3, folio 140, do arquivo da devandita fegresía atópase a inscrición do bautizo do neno Ramón Silvestre Verea García. Oficia este sacramento, coa licencia experesa do párroco Miguel Silvestre de Lago, o presbítero Francisco Porto y Vila, tío avó do neófito. Medra Ramón no seo dunha familia labrega acomodada e, orientado no apecto cultural e relixioso polo Parente crego.
mércores, 20 de febreiro de 2013
A conferencia de Olimpio Arca sobre Ramón Verea
O pasado mes de novembro, como unha máis das actividades arredor do Día da Ciencia en Galego no IES Pintor Colmeiro, Olimpio Arca Caldas, autor da máis completa biografía de Ramón Verea ( inventor da primeira máquina de calcular que realizaba os produtos directamente alá polo ano 1878)
Olimpio lémbranos que debemos recuperar a nosa historia. Os libros de texto falan de Isaac Peral como inventor do submarino, de Juan de la Cierva como inventor do autoxiro. Porén non falan de José Rodríguez, o matemático de Bermés, nin de Domingo Fontán, o xeógrafo de Portas, ou como é o caso que nos ocupa, de Ramón Verea, quen fixo un dos avances máis importantes na historia do cálculo.
A conferencia
O mestre Olimpio Arca Caldas ilustrounos co seu profundo saber sobre o inventor galego e explicounos que o seu obxectivo fundamental era dar a coñecer a historia que nos roubaron para que non teñamos orgullo de nós mesmos. Por iso deixounos para que compartísemos a presentación que nos ofreceu xunto coas súas notas.
Reitero o agradecemento do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro a Olimpio Arca por permitir que comunidade internauta poida coñecer de quen máis sabe sobre Ramón Verea a biografía deste inventor.
A seguir o relatorio desta presentación.
Presentación da biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas1. Único retrato que coñecemos do estradense Ramón silvestre Verea García, home de mentalidade renacentista, orgulloso sempre e en todas as esferas da sociedade, da súa nacionalidade española e defensor a ultranza do labor de España no mundo.
Prestixioso escritor e inventor esquecido nas enciclopedias e nos libros de texto durante moitos anos, o meso que outros científicos galegos. As primeiras novas que tiven de Ramón Verea pertencen á prestixiosa revista “La Ilustración gallega y asturiana”. Buscaba eu máis datos acerca da persoa de Bernardo Rodríguez, outro emigrante estradense que desempeñou en Arxentina o cargo de bibliotecario na Universidade de Bos Aires.
Antes de entrar na extraordinaria e fecunda biografía de Verea, paréceme importante coñecer os vieiros que me levaron a saber da súa apaixoada vida. Na devandita revista “La Ilustración” comentaba un anaco da súa vida o biógrafo Pérez Morris e, consultado o Espasa, comprobei que nacera na parroquia de Curantes.O seguinte paso levoume aos cemiterios desa parroquia, coa esperanza de atopar nas lápidas dos panteóns posibles familias de Verea. Non había ningunha, en troques, aparecían moitos Brea. Comprendín que a ausencia do apelido Verea estaría motivada polas inscircións que os casteláns fixeran nos libros do resitro civil creado no 1870, así os Meixide pasaran a Meijide, os Texo a Tejo, os Docampo a Campos.No Museo de Pontevedra atopo os dous volumes da colección da súa gran revista “El Progreso”, fonte segura de documentos autobiográficos para coñecer vida e escritos do noso personaxe. Estes volumes foran doados no seu día oa Museo Provincial por Pedro Trapote, único axente da revista en Pontevedra.Logo desta sinxela introdución, analizarei a vida e obra de Ramón Verea como escritor e inventor. Nace Verea o día 11 de decembro do 1833 na parroquia de San Miguel de Curantes, xurisdiciónde Tabeirós, incorporada máis tarde ao concello da Estrada.No libro sacramental número 3, folio 140, do arquivo da devandita fegresía atópase a inscrición do bautizo do neno Ramón Silvestre Verea García. Oficia este sacramento, coa licencia experesa do párroco Miguel Silvestre de Lago, o presbítero Francisco Porto y Vila, tío avó do neófito. Medra Ramón no seo dunha familia labrega acomodada e, orientado no apecto cultural e relixioso polo Parente crego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)