luns, 9 de xaneiro de 2012

Liberando incógnitas

A Revista Escolar da Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas (REOIM) é unha publicación dixital para alumnos e profesores de matemáticas de ensino medio. Está centrada na proposta de problemas olímpicos e o seu estudo e resolución.
No seu último número presentan no apartado 'Divertimentos matemáticos', unha narración da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, directora do IES Mugardos, d´A Coruña. Este relato é un dos gañadores do certame de Matmonólogos organizado pola revista Tetractis e o IES Monelos, da mesma cidade.
Aínda que meten algo a pata e escriben *La Coruña, se o destaco aquí non é so polos valores positivos cos que o relato nos achega ás matemáticas, senón tamén polo respecto que desde a Revista Iberoamericana de OlimpiadasMatemáticas demostran pola nosa lingua. Introducen así o conto da profesora Covadonga:
Es un cuento literario-matemático, y está escrito en gallego, idioma, como se sabe, muy próximo al portugués, uno de los idiomas oficiales de la REOIM, y que no hemos traducido
Ogallá aquí aprendéramos todos destas actitudes, da falta de prexuizos que se evidencian por outras latitudes e que aquí, onde temos como lingua propia o galego, sería impensable. Sobre todo despois do funesto decreto 79/2010 que clausura ás matemáticas dentro do castelán.
Liberando incógnitas, liberando o galego. Velaí vai un relato de matemáticas, en galego.
Revista_iberoamericana_olimpíada_matemática_Divertimentos43

mércores, 28 de decembro de 2011

1+1=2







Esta demostración vai polos 100 anos, que son os que ten a edición dos Principia Mathematica de Russell e Whitehead.
No segundo tomo, terceira parte, despois de establecer sobre fundamentos lóxicos os principios xerais das matemáticas, tócalle por fin o turno a unha proposición que eventualmente pode ter a súa utilidade: 1+1=2.
Aínda bo foi que a alguén tivo a idea de demostralo, agora, cando alguén me pregunta polo asunto, remítome a citarlle esta referencia e quedo como un rei.
(Despois había de vir quen desmontase este marabilloso edificio, mais esa é outra historia.)

xoves, 22 de decembro de 2011

Busca un número de nove díxitos



Vídeo-problema: trátase de atopar un número de nove díxitos distintos de forma que non se repitan e coa condición de que o primeiro sexa divisible por 1, os dous primeiros sexan divisibles por 2, os tres primeiros por 3, e así sucesivamente.
Por exemplo o número 923156784 non serve pois aínda que 9 é divisible por 1 e 92 é divisible por 2, 923 non o é por 3.

sábado, 10 de decembro de 2011

Canon do cangrexo


Neste vídeo podemos ver como a xeometría característica da banda de Möbius é a máis acaída para a partitura do Canon do cangrexo de Bach.
Un dos mellores libros de divulgación das matemáticas, gañador dun Pulitzer,  xoga con esta partitura: Gödel, Escher, Bach. Un eterno y grácil bucle (ou Um Entrelaçamento de Gênios Brilhantes)
Vía Creamat

mércores, 7 de decembro de 2011

domingo, 4 de decembro de 2011

xoves, 1 de decembro de 2011

Mandelbrot: Fractais e a arte da rugosidade

Hai pouco máis dun ano que falecía Benoit Mandelbrot, o pai dos fractais. Podemos escoitalo nesta conferencia falándonos deles en referencia ao mundo real: coliflorores, pulmóns ou nubes.