quarta-feira, 12 de setembro de 2012

Máis alá do infinito


Podemos comprobar neste exemplo que se pode escribir un disparate científico coma este, que non pasa nada. Resulta que a Voyager 1 se está aproximando ao infinito, un lugar que segunda a mesma noticia debe andar polos 18.000 millóns de km de distancia. Concretamente 18.236.222.780 km no momento en que eu o mirei, ou se o preferimos, 121,90161996 Unidades Astronómicas (Que é unha unidade astronómica?, simplemente a distancia media entre a Terra e o Sol, aproximadamente 149.597.870 km.).  Podemos consultar esas distancias nesta páxina da NASA.
Supoño que o intre no que no Voyager 1 alcance o infito será un fito histórico a destacar para a humanidade. Despois diso a tecnoloxía non terá máis cara onde avanzar. Estaremos atentos.

1 comentário:

  1. O problema é que estas barbaridades son moi comúns. Cada vez que atopo unha nova con datos numéricos comezo a tremer, máis aínda se hai porcentaxes; e dentro destas, o peor caso posible é se hai incrementos porcentuais, do estilo "a porcentaxe de galegos que blablabla subiu un 150%..."
    Por outra banda, supoño que a Voyager poderá demostrar teoremas da Xeometría Proxectiva sen problemas...

    ResponderEliminar