venres, 8 de setembro de 2023

Tipos de problemas, tipos de ensino

A importancia da educación está nos detalles. Todos os profesores de Matemáticas de Secundaria explicamos temas como o da resolución das ecuacións de segundo grao. Pero non todos o facemos igual. 

Unha das cousas que temos que facer é propoñer problemas/exercicios. Podémonos achegar a distintos estilos de aprendizaxe en función do tipo de problemas que propoñemos.

Problemas tipo I

1. x2+x6=0

2. x28x+15=0

3. 10x2+8x+12=0

4. 8x222x21=0

Haberá quen teña un enfoque meramente algorítmico das matemáticas. Ese profesor só tratará con este tipo de problemas. 

Problemas tipo II

5. En cada un das ecuacións anteriores identifica os valores dos coeficientes a, b, c; indica tamén en cada caso o valor das solucións x1 e x2. Determina en cada caso canto vale a suma das solucións S=x1+x2 e o seu produto P=x1x2. Compara os coeficientes coa suma e o produto das solucións. Observas algo?

6. Calcula o discriminante das ecuacións seguintes e despois resólveas. Que observas?

a) x26x+5=0        b) x26x+9=0          c) x210x+40=0 

Estas son actividades dirixidas cun obxectivo de aprendizaxe específico. A resposta non está determinada como nos problemas de tipo I pero oriéntase ao alumnado a que centren a súa atención nun aspecto para que "descubran" determinadas propiedades. Neste caso preténdese que obteñan as fórmulas de Viéta para ecuacións de segundo grado con a=1 ou que relacionen o número de solucións co signo do discriminante.

Problemas tipo III

7. 5x+2x=6

8.(x+3)(x3)42x23=(x2)2+16

Estas non son ecuacións de segundo grao reducidas á forma ax2+bx+c=0.  Traballar unicamente coas dun tipo pode levar á falsa conclusión de que esa é a única forma que teñen. 

Probemas tipo IV

9. Se a e b son as raíces de 5x2+6x+7=0, acha 1a+1b

10. Se a e b son as raíces de  3x2+4x+5=0, acha ab+ba

11. Se a e b son as raíces de 2x2+3x+4=0, acha a2b+b2a

Aquí estase pedindo máis que nos casos anteriores. Requírese non só coñecemento dos tópicos da resolución das ecuacións de segundo grao, senón que se precisa habilidade na manipulación alxébrica e capacidade e enfrontarse a novos problemas. Non todo o alumnado está en disposición de tratalos aínda que a abordaxe destes problemas pode ser un bo entrenamento para a seguinte remesa.

Problemas tipo V

12. Acha todos os a tales que a suma dos cubos e a suma dos cadrados das raíces de ax2+4x+3=0 sexan iguais.

13. Acha todos os pares ordenados (a,b) tales que as raíces de x2+ax+b=0 son os cadrados das raíces de 5x26x+10=0

2 comentarios:

  1. E nos problemas tipo IV, co engadido de que todas as raíces son complexas non reais, o que supón que o camiño máis elemental(e longo) non funcionaría

    ResponderEliminar
  2. Si, está pensado para tirar por outro camiño, usando as fórmulas de Viète

    ResponderEliminar