Noutra entrada anterior xa falamos do material da Khan Academy
traducido ao portugués por Portugal Telecom e que está a ser divulgado pola
Sociedade Portuguesa de Matemática.
Daquela, nese portal dispoñíamos de 70 vídeos traducidos ao portugués.
Agora fun dar con outro portal que debe ter aproximadamente uns 300 vídeos da Khan Academy tamén traducidos ao portugués por medio da
Fundação Lemann. Ademais hai outros poucos centos de vídeos de bioloxía, física e química. Todo un mundo de utilidades para ese mundo arrasado polo decreto para o plurilingüismo que é o ensino das materias de ciencias en galego.
Escollín para esta entrada a demostración de que a suma dos ángulos dun triángulo é de 180º, un teorema que é equivalente ao V postulado de Euclides. A aventura deste teorema no transcurso da historia levaríanos a facer un repaso da xeometría desde a antigüidade ata o desenvolvemento da teoría da relatividade no século XX. Hai un libro, marabilloso, que trata xustamente esta idea:
Historias de espacio, de Jaremy Gray, editado por Mondadori (1992).
Ningún comentario:
Publicar un comentario